1898
Aparencia
1898 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1898 MDCCCXCVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2651 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1347 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4594 – 4595 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5658 – 5659 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1953 – 1954 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1820 – 1821 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4999 – 5000 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1276 – 1277 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1316 – 1317 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2148 | ||||||||||||||||||
|
1898 (MDCCCXCVIII) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Cuba: O Goberno autónomo asume as súas funcións e comeza a gobernar.
- 15 de febreiro - O navío USS Maine explota no porto de Habana, Cuba por razóns descoñecidas (hoxe se cre que foi unha falla interna). Os Estados Unidos utilizan a explosión como un pretexto para comezar unha guerra con España. O saldo desta guerra foi a derrota española e a perda de Cuba, Porto Rico, Guam e Filipinas para os EEUU.
- 24 de abril - España declara guerra a Estados Unidos de América.
- 12 de xuño - O xeneral Emilio Aguinaldo declara as Filipinas independentes de España.
- 18 de xullo - Marie Curie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio.
- 13 de agosto - Auguste Honoré Charlois, dende Niza, e por Gustav Witt dende Berlín descobren o asteroide 433 Eros.
- 3 de outubro - Circula por Madrid o primeiro tranvía eléctrico.
- 10 de outubro - España: A sinatura do tratado de París por fin a Guerra Hispano-Estadounidense pola illa de Cuba.
Ciencia e tecnoloxía
[editar | editar a fonte]- O investigador xaponés Kiyoshi Shiga descobre unha das bacterias causantes da disentería: a shigella ou bacilo de Shiga.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Valentine Penrose, poeta surrealista.
- 1 de xaneiro - María Luz Morales, escritora, xornalista e tradutora galega (m. 1980)
- 3 de xaneiro - Marion Davies, actriz de cine estadounidense.
- 4 de xaneiro - Manuel Roel Longueira, escritor e xornalista galego.
- 7 de xaneiro - Xulio Sigüenza, xornalista e escritor galego.
- 21 de xaneiro - Francisco Paradela Núñez, comerciante e dramaturgo galego (m. 1936).
- 22 de xaneiro - Lois Carré Alvarellos, etnógrafo e escritor galego.
- 10 de febreiro - Bertolt Brecht, dramaturgo alemán.
- 10 de febreiro - Margot Sponer, lingüista alemá pioneira dos estudos galegos no mundo.
- 21 de febreiro - Domingo Pardo Corredoira, sindicalista e político galego.
- 26 de febreiro - Roberto González Pastoriza, avogado e político galego.
- 12 de marzo - Tian Han, escritor e dramaturgo chinés.
- 2 de abril - Francisco Varela Garrido, político galego (m. 1937).
- 22 de abril - José Vázquez Vigo, músico e compositor galego.
- 23 de abril - Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego.
- 26 de maio - Andrés Rodríguez Barbeito, xornalista, diplomático e político galego. (m. 1968).
- 5 de xuño - Federico García Lorca, poeta e dramaturgo español (m. 1936).
- 17 de xuño - Maurits Cornelis Escher, artista holandés.
- 19 de xullo - Herbert Marcuse, filósofo e sociólogo alemán.
- 30 de xullo - Henry Moore, escultor británico.
- 3 de setembro - Marcial Fernández Vázquez, mestre e político galego (m. 1963).
- 11 de setembro - Manuel Bergueiro, mestre e escritor galego.
- 26 de setembro - George Gershwin, compositor norteamericano.
- 14 de outubro - Juan González del Valle, profesor, escritor e político galego (m. 1941).
- 11 de novembro - René Clair, cineasta francés.
- 21 de novembro - René Magritte, artista surrealista belga (m. 1967).
- 22 de novembro - Leandro Pita Romero, político, diplomático e xornalista galego.
- 14 de decembro - Olimpia Valencia, primeira médica galega.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 14 de xaneiro - Lewis Carroll, lóxico, matemático, fotógrafo e novelista británico.
- 18 de abril - Gustave Moreau, pintor francés.
- 1 de maio - Luis Cadarso Rey, militar galego da Armada (n. 1843).
- 24 de xuño - José Elduayen Gorriti, político español, deputado por Pontevedra.
- 29 de xullo - Joaquín Díaz de Rábago, economista e sociólogo galego.
- 30 de xullo - Otto von Bismarck, chanceler alemán.
- 8 de agosto - Eugène Boudin, pintor francés.
- 9 de setembro - Stéphane Mallarmé, poeta francés.
- 11 de outubro - Juan Sanmartín Serna, escultor galego (n. 1830).
- 15 de decembro - Joaquín Botana Míguez, avogado e político galego.
- 28 de decembro - António José de Freitas Honorato, arcebispo católico portugués (n. 1820).
Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1898 |