Carles Puyol
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (ca) Carlos Puyol Saforcada 13 de abril de 1978 (46 anos) La Pobla de Segur, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1996 - 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | Copa Confederacións Suráfrica 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Vanessa Lorenzo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parella | Vanessa Lorenzo (2012–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | carles5puyol.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carles Puyol i Saforcada, nado en La Pobla de Segur (Lleida) o 13 de abril de 1978, é un exfutbolista catalán. Xogaba de defensa e pasou toda a súa carreira no Barcelona. Está considerado un dos mellores defensores do mundo. Xogador destro dunha gran fortaleza física non exenta de calidade técnica, rapidez e polivalencia. É un marcador forte e duro, pero que sempre destacou polo seu xogo limpo.
En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Leva toda a súa carreira deportiva no FC Barcelona, club ao que chegou sendo un neno para integrarse nas súas categorías inferiores. Empezou, sendo infantil e xuvenil, xogando de extremo dereito, o cal axudoulle a mellorar a súa velocidade e capacidade de caneo e centro. Posteriormente pasou a xogar de mediocampista.
Debutou no primeiro equipo do FC Barcelona na tempada 1999-2000, o 2 de outubro de 1999, en Valladolid, no partido da Liga española de fútbol que enfrontou ao Real Valladolid e ao FC Barcelona (0-2). O adestrador do Barcelona era Louis Van Gaal, o cal fíxolle xogar durante dúas tempadas coma lateral dereito. Nesa posición axiña se consolidou, destacando coma un gran marcador que sempre se ocupaba de marcar aos mellores dianteiros do conxunto rival. A súa polivalencia permitiulle ocupar diferentes posicións, en función das necesidades do equipo: xogou de lateral dereito, zurdo, central, mediocampista, extremo... Finalmente consolidouse coma defensa central, posición na que se afianzou definitivamente.
Dende que debutou converteuse nun dos ídolos da afección barcelonista, que sempre valorou a súa efectividade e entrega. No 2003 o entón presidente barcelonista Joan Gaspart firmoulle unha ampliación de contrato co conxunto catalán ata o 30 de xuño de 2007, o que o converteu nun dos xogadores mellor pagados do equipo, cunha cláusula de rescisión de 180 millóns de euros.
O 14 de maio de 2005 conseguiu o seu primeiro título co FC Barcelona, ao proclamarse campión da Liga española de fútbol da tempada 2004-2005, con Frank Rijkaard coma adestrador.
Na tempada 2005-06 conseguiu a súa segunda liga co FC Barcelona e a súa primeira Liga de Campións da UEFA, derrotando na final ao Arsenal FC na cidade de París, o 17 de maio de 2006.
O 3 de novembro de 2006 morreu o seu pai, Josep Puyol, de 56 anos, nun accidente laboral no concello de Sarroca de Ballera a 15 km de La Pobla de Segur. O xogador tiña na súa figura paterna un exemplo de sacrificio e traballo, como explicaba na súa biografía Mi partido, antes do suceso, e o golpe moral para Carles foi moi duro.
Carles sufriu unha lesión de xeonllo cando finalizara a tempada. Estivo de baixa menos de 3 meses, chegou xusto ao comezo da tempada 2007-08, perdéndose soamente un mes de xogo. O 6 de abril de 2008 Carles Puyol, no partido que enfrontaba ao FC Barcelona contra o Getafe, logra roubar 22 balóns, batendo así a marca da historia da Liga, e superando a anterior marca de 20 balóns recuperados que tiña Sergio Ramos. O 27 de outubro de 2008 FIFPro incluíu a Carles Puyol dentro do seu once ideal do ano.
En 2009 consegue un triplete histórico co FC Barcelona: campión da Liga española; campión da Copa do Rei (en Valencia contra o Athletic de Bilbao); e campión da Liga de Campións da UEFA (en Roma contra o Manchester United). Meses máis tarde, consegue tamén o sextete: Copa do Rei, Liga Española, Liga de Campións, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundial de Clubs, formando parte do primeiro equipo en conseguilo.
En 2010 revalidaría o título de campión de Liga e chegaría a semifinais da Liga de Campións onde sería apeado polo Inter nunha eliminatoria que non puido disputar unha vez máis a volta (esta vez no Camp Nou). A inicios desta mesma tempada renovaría ata o 2012 coa posibilidade de seguir un ano máis ou de rescindir o contrato voluntariamente dependendo da participación no equipo.
Selección nacional de España
[editar | editar a fonte]O seu maior éxito conseguiuno coma titular da selección olímpica que participou nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, con Iñaki Sáez como seleccionador. España conseguiu a medalla de prata, ó perder a final ante o Camerún na quenda de penaltis.
Debutou na Selección española absoluta da man do seleccionador José Antonio Camacho. Foi o 15 de novembro de 2000 no partido España - Países Baixos (1-2). Coa selección participou, sendo titular, na Copa Mundial de Fútbol de Corea e o Xapón de 2002, na que España foi eliminada por Corea do Sur nos cuartos de final.
Tamén foi titular da selección que participou na Eurocopa de fútbol de Portugal de 2004, con Iñaki Sáez como seleccionador, e na que España caeu eliminada na primeira fase.
Tamén participou na Copa Mundial de Fútbol de Alemaña 2006, onde España quedou eliminada en oitavos de final ante Francia.
O 29 de xuño de 2008, Puyol alzouse como campión na final da Eurocopa 2008 de Austria e Suíza.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Participacións coa selección
[editar | editar a fonte]Torneo | Sede | Resultado |
---|---|---|
Xogos Olímpicos de 2000 | Sidney | Medalla de Prata |
Mundial de Fútbol de 2002 | Corea do Sur e o Xapón | Cuartos de final |
Eurocopa 2004 | Portugal | Primeira fase |
Mundial de Fútbol 2006 | Alemaña | Oitavos de final |
Eurocopa 2008 | Austria e Suíza | Campión |
Mundial de Fútbol 2010 | Suráfrica | Campión |
Selección de Cataluña
[editar | editar a fonte]Carles Puyol tamén disputou partidos coa selección de fútbol de Cataluña. O seu debut como xogador da selección de Cataluña tivo lugar o 22 de decembro do 2001, nun partido amigable xogado no Camp Nou (Barcelona) ante a selección de Chile cunha vitoria do equipo catalán por 1-0.
Puyol vestiu outra vez a camiseta da selección catalá o 22 de decembro do 2009, cando xogou de novo un partido amigable pero fronte a Arxentina. Carles Puyol foi substituído no minuto 62.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Copas internacionais
[editar | editar a fonte](*) Incluíndo a Selección
Outras
[editar | editar a fonte]Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Premio Don Balón ó mellor xogador revelación | 2000-01 |
Incluído no once ideal da UEFA | 2002 |
Incluído no once ideal da European Sports Magazines | 2002 |
Trofeo Patricio Arabolaza ao mellor representante da Furia española | 2002 |
Premios Protagonistas ao mellor futbolista na VI Edición | 2002 |
Incluído no once ideal da European Sports Magazines | 2003 |
Trofeo Patricio Arabolaza ao mellor representante da Furia española | 2004 |
Incluído no once ideal da UEFA | 2005 |
Incluído no once ideal da European Sports Magazines | 2005 |
Mellor defensa do ano da UEFA | 2005-06 |
Incluído no once ideal da UEFA | 2006 |
Mellor deportista español polo Mundo Deportivo | 2006 |
Incluído no once ideal da European Sports Magazines | 2006 |
Incluído no once ideal do FIFPro | 2007 |
Incluído no once ideal da UEFA | 2008 |
Incluído no once ideal da FIFA tras a Eurocopa | 2008 |
Incluído no once ideal do FIFPro | 2008 |
Elixido pola IFFHS en calidade de capitán ó mellor club dos últimos 18 anos | 2008 |
Incluído no once ideal da FIFA na Copa Confederacións | 2009 |
Incluído no once ideal da revista L'Équipe polos internautas | 2009 |
Incluído no once ideal da década polo xornal inglés The Sun | 2009 |
Incluído no once ideal polo xornal italiano La Gazzetta dello Sport | 2009 |
Incluído no once ideal da UEFA e seleccionado en calidade de capitán | 2009 |
Elixido como un dos 50 mellores xogadores da Copa Mundial por ESPN | 2010 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Puyol en www.lfp.es (en castelán)
- Ficha de Puyol como xogador da Selección española (en castelán)
- Nados en 1978
- Nados en La Pobla de Segur
- Futbolistas de Cataluña
- Defensas de fútbol
- Xogadores do FC Barcelona C
- Xogadores do FC Barcelona B
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Futbolistas olímpicos de España
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Futbolistas gañadores do Mundial