Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Geri's Game

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Geri's Game
Ficha técnica
DirectorJan Pinkava
ProdutorKaren Dufilho
GuiónJan Pinkava
IntérpretesBob Peterson (voz)
MúsicaGus Viseur
MontaxeJim Kallett
EstudioPixar Animation Studios
DistribuidoraWalt Disney Pictures
Estrea25 de novembro de 1997
25 de novembro de 1998 (con A Bug's Life)
Duración4 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Na rede
https://www.pixar.com/geris-game
IMDB: tt0131409 Filmaffinity: 391607 Allocine: 18017 Rottentomatoes: m/geris-game TCM: 526369 Editar o valor en Wikidata

Geri's Game (en galego, O xogo de Geri) é unha curtametraxe de animación por ordenador feita por Pixar en 1997. Foi escrita e dirixida por Jan Pinkava. Trátase da primeira curta de Pixar creada despois de Toy Story; a anterior curta fora Knick Knack en 1989.

O filme gañou un Premio Oscar á mellor curtametraxe animada no ano 1998.

O filme transcorre nun parque baleiro en outono. O protagonista, Geri (voz de Bob Peterson), é un vello que xoga ao xadrez contra si mesmo, indo dun ao outro lado da mesa e converténdose nun dos dous xogadores en cada quenda. Ao cambiar de lado e ser o outro xogador, adopta unha personalidade diferente e mesmo quita e pon os lentes para mostrar o cambio.

A medida que se desenvolve a partida, semella que hai dúas persoas diferentes xogando. O Geri que xoga coas negras axiña vai comendo pezas ao outro Geri, que queda co rei soamente en xaque mate. Porén, o Geri das brancas simula un ataque ao corazón para distraer ao outro e xirar o taboleiro de xadrez. Unha vez recuperado, o Geri das pezas negras comproba que agora é el o que está en xaque mate, resígnase e dálle ao Geri que xogaba coas brancas unha prótese dental como premio. Este Geri pon a dentadura e bota a rir, mentres a cámara vai cara a atrás revelando que está el só xunto ao taboleiro de xadrez.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Geri's Game é a primeira produción de Pixar na que aparece un ser humano como protagonista, e o seu obxectivo foi "levar a animación de humanos e roupa a novas alturas".[1][2][3]

A faciana do personaxe Geri parécese ao actor Jonathan Harris, que posteriormente daría voz a Geri na súa aparición en Toy Story 2. Neste mesmo filme, Geri é un restaurador de xoguetes e arranxa o brazo roto de Woody. Na súa caixa de ferramentas pódense ver varias pezas de xadrez como referencia á curtametraxe.

O director de Geri's Game, Jan Pinkava, comentou que o personaxe está baseado parcialmente en si mesmo e nos seus parentes máis vellos, particularmente no seu avó, que xogaba ao xadrez a miúdo.[4]

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

Geri's Game proxectouse xunto á estrea en cines de A Bug's Life e máis adiante iría entre os contidos adicionais das publicacións en VHS e DVD do filme. Tamén se atopa no DVD Pixar Short Films Collection - Volume 1.

  • 1997 - Premios Oscar - Mellor Curtametraxe Animada
  • 1998 - Festival de Animación Anima Mundi - Mellor Filme x2
  • 1998 - Festival Internacional Annecy de Filmes de Animación - Jan Pinkava
  • 1998 - Premios Annie Award - Logro sobresaliente en curtametraxe animada
  • 1998 - Festival de cine de Florida - Mellor Curtametraxe
  • 1998 - World Animation Celebration - Mellor 3-D CGI profesional, Jan Pinkava
  • 1998 - Festival Mundial de Filmes Animados de Zagreb - Favorito de Internet
  • Cando o Geri que xoga coas pezas brancas simula o ataque ao corazón e xira o taboleiro de xadrez, a caixa coas pezas comidas cae ao chan. Porén, cando o plano de cámara cambia, a caixa coas pezas non está no chan nin en ningunha outra parte.
  1. "Pixar - Geri's Game - Behind the Scenes". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  2. "B Robertson - "Meet Geri: The new face of Animation", Computer Graphics World 1998" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  3. "T DeRose, M Kass, T Truong - "Subdivision surfaces in character animation", Proceedings of SIGGRAPH 1998" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  4. "Pixar Artist's Corner - Interview with Jan". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Knick Knack
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
1997
Sucesor:
For the Birds