Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Turning Red

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Turning Red
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalTurning Red
DirectorDomee Shi
ProdutorLindsey Collins
Guión
Baseado enHistoria de
  • Domee Shi
  • Julia Cho
  • Sarah Streicher
Intérpretes
MúsicaLudwig Göransson
Fotografía
  • Mahyar Abousaeedi
  • Jonathan Pytko
Montaxe
  • Nicholas C. Smith
  • Steve Bloom
Estudio
DistribuidoraWalt Disney Studios
Motion Pictures
EstreaEveryman Borough Yards: 21 de febreiro de 2022
11 de marzo de 2022
Duración100 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Orzamento175 millóns de dólares[2]
Recadación4 millóns de dólares
Na rede
https://movies.disney.com/turning-red
IMDB: tt8097030 Filmaffinity: 896906 Allocine: 263058 Rottentomatoes: m/turning_red Allmovie: v730181 Metacritic: movie/turning-red-2022
Facebook: PixarTurningRed Twitter: PixarTurningRed Instagram: pixarturningred Editar o valor en Wikidata

Turning Red é un filme estadounidense de 2022 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi dirixido por Domee Shi, no seu debut como directora, e escrito por Shi e Julia Cho. Está protagonizado polas voces de Rosalie Chiang, Sandra Oh, Ava Morse, Hyein Park, Maitreyi Ramakrishnan, Orion Lee, Wai Ching Ho, Tristan Allerick Chen e James Hong.

Ambientado en Toronto, Ontario en 2002, Turning Red conta a historia de Meilin "Mei" Lee, unha adolescente chinesa-canadense de 13 anos que se transforma nun panda vermello cando se atopa nun estado de fortes emcións. Inspirado na experiencia de Shi en Toronto, o filme comezou a desenvolverse en 2018 despois de que ela llo propuxesae a Pixar en outubro de 2017. É o primeiro filme de Pixar dirixido exclusivamente por unha muller e o segundo que presenta un personaxe principal asiático despois de Up (2009).

Despois dunha proxección especial que tivo lugar en Londres nos Everyman Borough Yards o 21 de febreiro de 2022, Turning Red tivo a súa estrea mundial o 1 de marzo, e estreouse no servizo de streaming Disney+ o 11 de marzo. Tamén tivo proxeccións limitadas en El Capitan Theatre, AMC Empire 25 e Grand Lake Theatre. Estreouse en cinemas na maioría dos países que non teñen Disney+, e recibiu aclamación da crítica pola súa historia, humor, animación, interpretacións vocais e uso da cultura.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Turning Red". Disney+. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2022. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  2. Barnes, Brooks (7 de marzo de 2022). "With Turning Red, a Big Red Panda Helps Break a Glass Ceiling". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2022. Consultado o 9 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]