Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

The Hobbit (triloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Hobbit (triloxía)
O outeiro de Hobbiton
Ficha técnica
Título orixinalThe Hobbit
DirectorPeter Jackson
ProdutorPeter Jackson
Mark Ordesky
Fran Walsh
GuiónPhilippa Boyens
Peter Jackson
Guillermo del Toro
Fran Walsh
Baseado enO hobbit de Tolkien
IntérpretesIan McKellen
Martin Freeman
Richard Armitage
Dean O'Gorman
Aidan Turner
Graham McTavish
John Callen
Stephen Hunter
Mark Hadlow
Peter Hambleton
James Nesbitt
Adam Brown
Cate Blanchett
Andy Serkis
Christopher Lee
Hugo Weaving
Orlando Bloom
Evangeline Lilly
Barry Humphries
Luke Evans
Benedict Cumberbatch
MúsicaHoward Shore
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer (global)
New Line Cinema (América do Norte)
Estrea2012, 2013 e 2014.
OrixeNova Zelandia Nova Zelandia
Reino Unido Reino Unido
XéneroAventuras, fantasía
Orzamento$745.000.000
Recadación$2.333.501.967
Filme anteriorTriloxía d'O Señor dos Aneis (O regreso do Rei)
Na rede
http://www.thehobbit.com
Facebook: TheHobbitMovie Editar o valor en Wikidata

The Hobbit é a adaptación cinematográfica da novela O hobbit, publicada en 1937 e escrita polo filólogo británico J. R. R. Tolkien. Dividiuse en tres filmes épicos de fantasía, acción e aventuras: The Hobbit: An Unexpected Journey, The Hobbit: The Desolation of Smaug e The Hobbit: The Battle of the Five Armies.[1] A crise da Metro-Goldwyn-Mayer atrasou o proxecto.[2] En Galicia estreouse a primeira parte en castelán o día 14 de decembro de 2012, tamén en 3D.

O proxecto foi abordado polo neozelandés Peter Jackson, director da triloxía cinematográfica The Lord of the Rings baseada nas novelas d' O Señor dos Aneis, sucesora d' O hobbit; actuando dende un primeiro momento coma produtor e principal impulsor da idea. Porén, neste caso Jackson apartárase da dirección, e os filmes ían ser dirixidos polo mexicano Guillermo del Toro; mais este rexeitouno a finais de maio de 2010, por mor do retardo no comezo da filmación polos problemas financeiros que atravesaba a casa produtora Metro Goldwyn Mayer.[3][4] Jackson tomou logo a decisión de se facer cargo de ambas as dúas facetas do proxecto de The Hobbit, como xa fixera con The Lord of the Rings.[5] Malia o rexeitamento de Del Toro, ambos os dous se encargaron do guión dos filmes, xunto a Philippa Boyens e Fran Walsh, dona de Jackson.[6]

Os estudios Warner Bros. e a MGM confirmaron o 1º de setembro de 2012 as datas das estreas, así como os títulos definitivos dos tres filmes, unha vez Jackson decidira finalmente que o proxecto sería unha triloxía e non unha biloxía como establecera inicialmente. A primeira, The Hobbit: An Unexpected Journey (en galego: O hobbit: Unha viaxe inesperada), chegou aos cinemas o 13 de decembro de 2012; a segunda, The Hobbit: The Desolation of Smaug, estreouse o 13 de decembro de 2013; e a terceira, The Hobbit: The Battle of the Five Armies, o 17 de decembro de 2014 (en Galicia todas en versión castelá).[1]

Xénese do proxecto

[editar | editar a fonte]

En 1995, Peter Jackson e Fran Walsh comezaron a cavilar na posibilidade de adaptar ao cinema O hobbit e O Señor dos Aneis e puxéronse en contacto co presidente de Miramax Films, Harvey Weinstein, quen amosou interese. O plan inicial era realizar a película d'O hobbit e, se esta tivese éxito, adaptar O Señor dos Aneis en dúas partes. As negociacións con Saul Zaentz, quen tiña os dereitos de ambas as dúas obras dende comezos dos anos 1970, alongáronse e, ademais, o cineasta só posuía os dereitos de produción d'O hobbit, non os de distribución, que estaban en propiedade da United Artists. Weinstein insistiu a Jackson en se centrar n'O Señor dos Aneis, aínda que a adaptación foi producida pola New Line Cinema, non pola Miramax, e estreouse en tres partes a principios dos anos 2000.[7]

En setembro de 2006, MGM, por entón propietaria da United Artists e dos dereitos de distribución d'O hobbit, amosou o seu interese por se asociar con Jackson e a New Line Cinema para realizar a adaptación cinematográfica da novela.[8][9]

Segundo filme

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2006, Peter Jackson comentou nunha entrevista para a Entertainment Weekly que a produtora MGM estaba interesada en realizar dous filmes sobre O hobbit e cualificou a proposta de intelixente porque, ademais de xerar máis beneficios, a novela era relativamente lixeira en comparación con O Señor dos Aneis e deste xeito poderíase ampliar con escenas que non aparecían nela, mais si noutros escritos de J. R. R. Tolkien, como a reunión do Concilio Branco que explica o feito de que o Gandalf desapareza por un tempo.[10] Despois da súa contratación en 2008, Guillermo del Toro confirmou que a secuela trataría sobre estas partes que non se ven na primeira.[11] Porén, o contido dese segundo filme dependía de cantos actores de The Lord of the Rings podían repetir interpretación.[12] Finalmente, unha vez finalizada a rodaxe dos dous filmes, Jackson confirmou a través do seu Facebook que habería un terceiro co fin de contar máis sobre a historia.[13]

Preprodución

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2009, Guillermo del Toro comentou nunha entrevista para a MTV que os artistas John Howe e Alan Lee, ilustradores das obras de J. R. R. Tolkien e colaboradores de Jackson na triloxía de The Lord of the Rings, comezaran xa a debuxar os primeiros deseños para o filme e que pronto se uniría Mike Mignola, autor do cómic Hellboy e colaborador de Del Toro nas adaptacións da súa obra El laberinto del fauno.[14]

Martin Freeman.
Martin Freeman.
Richard Armitage.
Richard Armitage.
Ian McKellen.
Ian McKellen.

En 2008, Guillermo del Toro contactou con Ian McKellen, Andy Serkis e Viggo Mortensen, quen interpretaron a Gandalf, Gollum/Sméagol e Aragorn, respectivamente, na triloxía de The Lord of the Rings, para que tornasen a desempeñar os seus papeis nas adaptacións d'O hobbit.[15] En xuño dese mesmo ano, Christopher Lee, quen interpretou o istari (meigo) Saruman na triloxía, amosou nunha entrevista para a revista Empire o seu interese por recrear a corrupción do seu personaxe até se converter en aliado de Sauron;[16] porén, durante outra entrevista concedida uns días despois no Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary, o actor declarou que a viaxe a Nova Zelandia non sería recomendábel para alguén da súa idade (88 anos nese intre) e amosou a súa resignación ante a posibilidade de que as súas escenas fosen cortadas de novo —Peter Jackson suprimiu a súa única aparición na versión estreada en cinemas d' O Señor dos Aneis: o regreso do Rei, aínda que posteriormente foi incorporada na versión estendida lanzada en DVD—. Lee comentou, ademais, que si lle gustaría prestar a súa voz ao dragón Smaug.[17]

Doug Jones, quen xa traballara con Del Toro noutros filmes, interesouse polo papel de Thranduil, rei dos elfos do Bosque Negro e pai de Legolas.[18] O cineasta, por outra banda, afirmou nunha entrevista para a MTV que lle gustaría contar coa participación de Jones, aínda que non necesariamente no rol de Thranduil.[19] Tras a marcha de Del Toro e dado que Jackson non contactou con el, Jones confirmou que aínda estaba interesado en participar en The hobbit sempre e cando a súa rodaxe non entrase en conflito coa de Lovecraft.[20]

Del Toro considerou a posibilidade de que Ian Holm, intérprete de Bilbo Bulseiro na triloxía, fose o narrador do filme.[21] En xaneiro de 2009, o cineasta confirmou que tiñan en mente arredor de catro actores para interpretar a Bilbo, malia non teren contactado ningún. Entre os actores máis nomeados como posíbeis intérpretes do rol atopábanse James McAvoy e Daniel Radcliffe (coñecido polo rol en Harry Potter)[14]

Malia terse involucrado por máis de dous anos no deseño e produción das adaptacións ao cinema,[22] o 31 de maio de 2010, o mexicano Guillermo del Toro rexeitou a dirección dos filmes, por mor do atraso no comezo da filmación, debido a problemas financeiros que atravesaba a produtora Metro Goldwyn Mayer.[3][4]

Logo de que o proxecto recibise luz verde, Warner Bros desvelou nun comunicado os primeiros membros do elenco: Martin Freeman coma Bilbo Bulseiro, Richard Armitage coma Thorin, Rob Kazinsky coma Fíli, Aidan Turner coma Kíli, Graham McTavish coma Dwalin, John Callen coma Óin, Stephen Hunter coma Bombur, Mark Hadlow coma Dori e Peter Hambleton coma Glóin.[23] Uns días despois, a compañía anunciou que James Nesbitt interpretaría a Bofur e Adam Brown a Ori.[24]

A comezos de xaneiro de 2011, Ian McKellen e Andy Serkis foron confirmados nos seus respectivos papeis,[25] mentres que Christopher Lee confirmou a través da súa páxina web oficial que volvería interpretar a Saruman.[26]

Xa a finais de abril, Peter Jackson comunicou, vía Facebook, que o papel de Fíli sería interpretado finalmente por Dean O'Gorman, actor neozelandés coñecido polo seu papel en The Young Hercules; no mesmo comunicado anunciou a presenza de Lee Pace coma rei Thranduil, descartando, polo tanto, a Doug Jones.[27] A finais de maio confirmaría tamén a presenza de Orlando Bloom retomando o papel de Legolas,[28] e xa en xuño os seguintes catro actores: Evangeline Lilly interpretando a «un personaxe novo», unha elfa silvana chamada Tauriel; Barry Humphries encarnando o Rei Trasgo; Luke Evans coma Bardo, e Benedict Cumberbatch coma Smaug.[29]

Malia os retardos, The hobbit comezou a súa rodaxe o 21 de marzo de 2011 en Nova Zelandia[30][31] e finalizou o 6 de xullo de 2012, logo de 266 días de filmación.[32]

  1. 1,0 1,1 "La tercera entrega de la trilogía «The Hobbit» llegará en julio de 2014". Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  2. "El hobbit deberá esperar hasta 2012". Consultado o 2 de maio de 2010. 
  3. 3,0 3,1 "Mexicano Guillermo del Toro renuncia a la dirección de "The Hobbit"". AFP. 31 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2013. Consultado o 31 de maio de 2010. 
  4. 4,0 4,1 "Guillermo Del Toro departs “The Hobbit”". TheOneRing.net. 31 de maio de 2010. Consultado o 31 de maio de 2010. 
  5. "The Hobbit finally escapes the trolls". 
  6. "Confirmado: Del Toro dirigirá El hobbit". El País. 25 de abril de 2008. Consultado o 16 de maio de 2008. 
  7. THOMPSON, Kristin (27 de agosto de 2007). "Prudent Aggression". The Frodo Franchise: The Lord of the Rings and Modern Hollywood. Universidad de California. ISBN 0-520-24774-1. 
  8. DALY, Steve (22 de setembro de 2006). "Shire Circumstances" (en inglés). Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  9. DALY, Steve (22 de setembro de 2006). "Action Jackson" (en inglés). Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  10. Daly, Steve (22 de setembro de 2006). "Action Jackson". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 1 de febreiro de 2009. 
  11. Adler, Shawn (28 de abril de 2008). "Guillermo Del Toro Addresses Hobbit Fans' Concerns, Talks Possible Casting". MTV. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2010. Consultado o 7 de setembro de 2008. 
  12. "Jackson and del Toro Talk The Hobbit!". Coming Soon. 25 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 7 de setembro de 2008. 
  13. Bell, Crystal (30 de xullo de 2012). "'The Hobbit 3': Peter Jackson Confirms Third 'Hobbit' Film Set For Summer 2014 Release". The Huffington Post (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2012. 
  14. 14,0 14,1 Lesnick, Silas (22 de xaneiro de 2009). "'Hobbit' Director Guillermo Del Toro Says Script, Visualization, Casting Under Way". MTV. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 1 de febreiro de 2009. 
  15. FLEMING, Michael (20 de maio de 2008). "Universal, del Toro love Hater" (en inglés). Variety. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  16. FERRIS, Glen (24 de xuño de 2008). "Christopher Lee On The Hobbit" (en inglés). [[Empire (revista)|]]. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  17. Rushblogg (12 de xullo de 2008). "Christopher Lee about possibly returning to Middle Earth" (en inglés). YouTube. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  18. JACKS, Brian (30 de xuño de 2008). "Doug Jones Eyes Elven King Role For The Hobbit" (en inglés). MTV. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2008. Consultado o 7 de setembro de 2008. 
  19. HOROWITZ, Josh (14 de outubro de 2008). "Guillermo Del Toro Talks Hobbit Casting, Creatures" (en inglés). MTV. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2011. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  20. CONNELLY, Brendon (17 de outubro de 2010). "Doug Jones On My Name Is Jerry, The Hobbit, The Haunted Mansion, Frankenstein And More" (en inglés). Bleeding Cool. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  21. Adler, Shawn (2 de xullo de 2008). "Guillermo Del Toro Answers Hobbit Fans' Questions About Returning Rings Cast, Religion and More". MTV. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 7 de setembro de 2008. 
  22. "A por los dólares de la Tierra Media". El País. 12 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de xuño de 2008. 
  23. COLLURA, Scott (22 de outubro de 2010). "The Hobbit Has a Cast" (en inglés). IGN. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  24. VEJVODA, Jim (2 de novembro de 2010). "TV's Jekyll Joins The Hobbit" (en inglés). IGN. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2010. Consultado o 3 de novembro de 2010. 
  25. FERNÁNDEZ, Joaquín R. (11 de xaneiro de 2011). "Ian McKellen y Andy Serkis, confirmados para los films basados en El hobbit". La butaca. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2011. Consultado o 12 de xaneiro de 2011. 
  26. "Saruman también repetirá en El hobbit". Europa Press. 13 de xaneiro de 2011. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  27. Jackson, Peter (30 de abril de 2011). "Casting News!" (en inglés). Facebook. Consultado o 6 de maio de 2011. 
  28. "Confirmado: Legolas estará en El Hobbit". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2011. Consultado o 29 de maio de 2011. 
  29. "Evangeline Lilly, Kate en 'Perdidos', será una elfa en 'El Hobbit'". Consultado o 20 de xuño de 2011. 
  30. "Arranca por fin el rodaje de El hobbit tras años de retrasos". 21 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2011. 
  31. "Peter Jackson comienza el rodaje de 'El Hobbit' en Nueva Zelanda". Consultado o 21 de marzo de 2011. 
  32. "Peter Jackson termina de rodar «El Hobbit»". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-07-06. Consultado o 2022-04-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]