Daniel Radcliffe
Nome orixinal | (en) Daniel Radcliffe (English and British) |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Daniel Jacob Radcliffe 23 de xullo de 1989 (35 anos) Hammersmith, Reino Unido (pt) |
Outros nomes | Jacob Gershon |
Residencia | Fulham (en) West Village (en) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | City of London School (en) Sussex House School (en) |
Altura | 1,65 m |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, cantante, actor de teatro, actor infantil, actor de cinema, actor |
Período de actividade | 1999 - |
Instrumento | Voz |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Erin Darke (2012–) |
Pais | Alan Radcliffe e Marcia Gresham |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | danieljradcliffe.com |
|
Daniel Jacob Radcliffe, nado en Fulham (Londres) o 23 de xullo de 1989 é un actor inglés, coñecido por interpretar o personaxe protagonista da saga Harry Potter, baseada nas novelas da escritora J. K. Rowling, cuxos libros se converteron nun grande éxito mundial.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde moi cativo quixo ser actor e debutou en 1999 dando vida a David Copperfield na película homónima para televisión. En 2001 interpretou un pequeno papel en The Tailor of Panama, no papel de fillo de Geoffrey Rush e Jamie Lee Curtis.
Durante esa rodaxe, a súa nai na ficción soubo da preprodución de Harry Potter e a pedra filosofal e animou a Radcliffe a presentarse ás audicións. Os seus pais pensaron que sería un proceso demasiado duro e frustrante en caso de fracasar, así que non lle deixaron facelo. Malia isto, os guionistas da película, que coñecían o pai, vírono no patio de butacas durante a representación dunha obra de teatro. No descanso achegáronse a falar co neno e cos pais, e insistiron en que se presentase ás audicións. Finalmente acudiu e foi escollido.
Desde aquela interpretou a Harry James Potter en todas as películas da saga, recibindo varios premios e nomeamentos polo seu traballo.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2001 | The Tailor of Panama | Mark Pendel | |
Harry Potter e a pedra filosofal | Harry Potter | ||
2002 | Harry Potter e a Cámara dos Segredos | ||
2004 | Harry Potter e o preso de Azkaban | ||
2005 | Harry Potter e o Cáliz de fogo | ||
2007 | Harry Potter e a Orde do Fénix | ||
Os rapaces de decembro | Maps | ||
2009 | Harry Potter e o misterio do príncipe | Harry Potter | |
2010 | Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1 | ||
2011 | Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 2 | ||
2012 | The Woman in Black | Arthur Kipps | |
2013 | Kill Your Darlings | Allen Ginsberg | |
2013 | The F Word | Wallace | |
2014 | Horns | Ig Perrish | |
2015 | Victor Frankenstein | Igor | |
2015 | Trainwreck | ||
2015 | Brooklyn Bridge | ||
2016 | Now you see me: The second act | ||
2016 | The Gamechangers |
Teatro
[editar | editar a fonte]- Equus (2007).
- The play what I wrote (2003).