AP-4
AP-4 Autoestrada do Sur | |
---|---|
Tipoloxía | Autoestrada |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Ruta europea | |
Lonxitude | 85,9 km |
Localización | |
Inicio | Dos Hermanas (Sevilla) |
Fin | Puerto Real (Cádiz) |
A AP-4 ou Autoestrada do Sur é unha autoestrada española, continuación da autovía A-4 cara ao sur.
A AP-4 comeza en Sevilla á altura de Dos Hermanas aproximadamente no quilómetro 560 da A-4 e termina na N-443 en Cádiz; vai paralela á estrada N-IV. É a vía máis directa desde a Baía de Cádiz á capital andaluza e tamén a máis directa (xunto á A-381) para chegar a Sevilla desde a baía de Alxeciras.
Debido a que une as cidades de Sevilla e Cádiz, en Sevilla é coñecida como a "Autoestrada de Cádiz"; e en Cádiz, chámaselle "Autoestrada de Sevilla".
En 1986 AUMAR fusionouse con Bética de Autopistas, a concesionaria da vía, e mantivo a concesión ata o 31 de decembro de 2019.[1] A peaxe entre Xerez da Fronteira e Cádiz foi liberada en 2005,[2] como parte do Plan MASCERCA da Xunta de Andalucía, garantindo deste xeito un itinerario libre de peaxe entre Cádiz e Alxeciras alternativo á N-340.
Saídas
[editar | editar a fonte]Elemento | Nome da saída (sentido Cádiz)/Ver de arriba-abaixo | Número de saída | Nome da saída (sentido Sevilla)/Ver de abaixo-arriba | Estrada coa que liga |
---|---|---|---|---|
Dos Hermanas | Continúa en sentido Sevilla por A-4 | N-IV | ||
Dos Hermanas | 15 | Dos Hermanas | N-IV | |
- | 2 | Sevilla | E-5 A-4 | |
Área de Servizo La Florida | - | Área de Servizo La Florida | ||
Peaxe de Los Palacios y Villafranca | Peaxe de Los Palacios y Villafranca | |||
Los Palacios y Villafranca-Utrera | 23 | Los Palacios y Villafranca-Utrera | A-362 | |
Área de Servizo do Cerro del Fantasma | - | Área de Servizo do Cerro del Fantasma | ||
Peaxe de Las Cabezas | - | Peaxe de Las Cabezas | ||
Sanlúcar de Barrameda-Lebrija-Las Cabezas de San Juan | 44 | Sanlúcar de Barrameda-Lebrija-Las Cabezas de San Juan | A-471 | |
El Cuervo de Sevilla | 53 | El Cuervo de Sevilla | N-IV | |
Provincia de Cádiz | - | Provincia de Sevilla | ||
Área de Servizo de El Cuadrejón | - | Área de Servizo de El Cuadrejón | ||
Aeroporto de Xerez | 78 | Aeroporto de Xerez Sevilla |
N-346 | |
Xerez da Fronteira norte - Arcos de la Frontera | 80 | Xerez da Fronteira norte - Arcos de la Frontera - Granada | A-382 | |
Xerez da Fronteira sur - Medina-Sidonia - Los Barrios - Alxeciras | 84 | Xerez da Fronteira sur - Medina-Sidonia - Los Barrios | A-381 | |
El Puerto de Santa María-San Fernando-Chiclana | 97 101 |
El Puerto de Santa María - Puerto Real Alxeciras - San Fernando - Chiclana |
E-5 A-4 A-48 CA-32 | |
Matagorda - Cádiz | Matagorda - Cádiz | CA-35 |
Concesión
[editar | editar a fonte]A concesión da autoestrada corresponde á empresa Abertis (antes AUMAR) e finaliza o 31 de decembro de 2019.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Páxina oficial de Aumar". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2008. Consultado o 08 de febreiro de 2012.
- ↑ "A peaxe da AP-4 entre Xerez e Puerto Real queda liberada cun gasto de 72,3 millóns de euros". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 08 de febreiro de 2012.
- ↑ BOE 21-5-2005