A Peroxa
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | A Peroxa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.779 (2023) (32,63 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 54,52 km² | ||||
Altitude | 511 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Peroxa | Manuel Seoane Rodríguez (2019–) | ||||
Eleccións municipais na Peroxa | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32059 | ||||
Páxina web | aperoxa.es | ||||
A Peroxa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2022 tiña 1.805 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, situado na comarca de Ourense, ten 54,5 km². O seu relevo está estruturado en tres zonas: unha de montaña baixa (entre 600 e 800 m), que abrangue as parroquias de Souto, Mirallos, Toubes, Armental e parte de Celaguantes. A topografía é bastante accidentada, formada por numerosas lombas desgastadas pola erosión.
Entre os 400 e 600 metros de altitude están as parroquias de Gueral, Villarrubín e A Peroxa. Esta zona, coñecida como Os Chaos, é máis chaira.
A terceira unidade xeográfica está formada polas terras de val situadas a carón do río Miño e do seu afluente o río Barra, que xunto co río Búbal e o rego de Lentomil, configuran a rede fluvial do concello.
O clima é oceánico con matices meridionais, o que propicia unha vexetación variada, predominando as especies arbóreas autóctonas (piñeiros, carballos, castiñeiros e abeneiros nos vales), mentres que na zona de monte predominan os matos.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 1.902 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 83 (4.36 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.047 (55.05 %) |
Maiores de 65 anos | 772 (40.59 %) |
Evolución da poboación de A Peroxa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.564 | 7.416 | 5.929 | 4.227 | 2.502 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]Atopáronse restos arqueolóxicos paleolíticos, e existen restos de poboados castrexos. Coa romanización de Galicia, construíuse a vía entre Aquas Flavias e Lugo, que posibilitou a formación de novos núcleos de poboación.
Durante a Idade Media foi significativa a presenza do Conde de Ribadavia, que chegou a dominar a maior parte das parroquias que integran o municipio. Tamén foi importante o señorío exercido pola diocese de Ourense, que administrou Vilarrubín e Toubes, mentres que a parroquia de Armental pertenceu ao señorío de Pedro Losada e a de Beacán ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Xa na Idade Contemporánea, por mor das excesivas cargas fiscais ás que estaba sometido o campesiñado da zona, creáronse nas parroquias de Graices e O Souto organizacións agrarias de carácter revolucionario (agrarismo), coa finalidade de rematar co sistema feudal e combater os abusos dos señoríos, que mantiveron os seus privilexios a través do cobro de cuantiosas rendas en especies até finais da década de 1920.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o castelo da Peroxa, destruído no século XX para construír a nova igrexa parroquial.
A igrexa de San Xinés conta cunha torre barroca con dupla balconada. No retablo da igrexa de Graíces, do século XVII, traballou o escultor ourensán Alonso López.
Entre os pazos e casas grandes destaca a casa da Torre (Graíces), as de Souto e Cinconogueiras e os Pazos de Turbisquedo (convertido nunha casa de turismo rural), Redondelle (Sano Equis), Ansariz (Armental) e o de Láncara.
Festas
[editar | editar a fonte]Na Peroxa ten lugar a feira os días 13 e 27 de cada mes. Se estes días caeren en domingo, a feira pasa ao sábado anterior (días 12 e 26). Entre a súa gastronomía destaca a carne de vitela ao caldeiro.
- A romaría da Virxe das Neves (Graíces) celébrase a primeira semana de agosto.
- A romaría da Virxe do Santo Amparo (Carracedo) celébrase o segundo domingo de setembro, nunha pequena capela no Campo do Amparo.
- A romaría da Virxe da Saúde (Mirallos) celébrase o terceiro domingo de setembro, nunha ermida no monte de San Nicolás.
- A romaría da Virxe do Rosario (Vilarrubín) celébrase o primeiro domingo de outubro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Peroxa.
-
Igrexa de Graíces.
-
Encoro dos Peares.
-
Vista parcial da Peroxa.
-
Praza do concello.
-
Mural na praza do concello con motivos da Ribeira Sacra.
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica na casa do concello.
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares da Peroxa
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Peroxa vexa: Lugares da Peroxa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Peroxa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.aperoxa.es Arquivado 08 de maio de 2020 en Wayback Machine.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |