Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ramirás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRamirás
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°11′07″N 8°01′31″O / 42.1853, -8.0253
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalRamirás Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.521 (2023) Editar o valor en Wikidata (37,37 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie40,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude318 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataIsabel Gil Álvarez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Ramirás Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32068 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcelloderamiras.gal Editar o valor en Wikidata

Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003). O xentilicio é ramirao.[1]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 1643 2014
Menores de 15 anos 75 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos 771 (46,93 %)
Maiores de 65 anos 797 (48,51 %)
Evolución da poboación de Ramirás   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
- 5.806 5.147 5.132 2.046 1.897
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Comezou a ser habitado polos Coelernos, que construíron os castros de Grixó e Marnotos. Na Idade Media estas terras remataron caendo baixo o dominio do mosteiro de Celanova, que tiña aquí un dos seus priorados en Paizás, en constante litixios e preitos contra das monxas do mosteiro de San Pedro de Ramirás por mor das lindes dos seus dominios ata que os monxes conseguiron que extinguisen a vida monástica feminina deste lugar e así dominar eles sós a zona.

O concello naceu administrativamente en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, San Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga, abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos en 1137, logo tivo diversos cambios. A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

Ramirás conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 Ruta do río Arnoia. É unha ruta lineal duns 11 km entre o Santuario da Nosa Señora do Val (Gomesende) e Escudeiros (Ramirás).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Ramirás.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ramirás

Casardeita (Santiago) | Escudeiros (San Xoán) | Freás de Eiras (Santa María) | Grixó (Santa Isabel) | Mosteiro (San Pedro) | Paizás (San Salvador) | Penosiños (San Salvador) | Rubiás (Santiago) | Santo André de Penosiños (Santo André) | Vilameá de Ramirás (Santa María)

Lugares de Ramirás

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ramirás vexa: Lugares de Ramirás.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.