Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Agana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A agana (Galium verum L.), tamén chamada callaleite, herba coalleira, herba da agana, herba do agano, herba do rodico, herba dos aganos, preseira, presoiro e rodesno, é unha planta orixinaria de Eurasia que medra en terreos secos, preto do mar.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha planta anual herbácea con rizoma moi ramificado, caule ergueito, de sección cadrada e altura moi variábel, desde 5 a 120 cm (ordinariamente, de 20 a 70 cm), con follas, estreitas e lanceoladas, agrupadas en verticilos de 4-12 follas, e flores pequenas, cruciformes, de cor amarela brillante, agrupadas en densos acios terminais, que desprenden un aroma agradábel, semellante ao do mel. En Galicia pódese ver especialmente nas montañas do interior.

Propiedades

[editar | editar a fonte]
  • Sedante dixestivo.
  • Empregouse en medicina popular para disolver cálculos renais.
  • Tense recomendado para tratar a epilepsia.[1]
  • Dioscórides escribiu que sandaba as queimaduras de lume.
  • As flores usáronse como tinguidura para poñer os cabelos louros.
  • Foi empregada para callar o leite no proceso de elaboración do queixo, ao que se deben algúns dos seus sinónimos populares
  • No pasado reenchíanse os colchóns coas súas flores para que o olor das mesmas mataran, supostamente, as pulgas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Galium verum foi descrita por Linneo e publicada en Species Plantarum 1: 107, no ano 1753.[2]

Sinonimia
  • Asterophyllum galium Schimp. & Spenn. in F.C.L.Spenner (1829).
  • Rubia vera (L.) Baill. (1880).
  • Galium verum var. typicum Rouy in G.Rouy & J.Foucaud (1903), nom. inval.
  • Galium verum subsp. euverum Hyl. (1945), nom. inval.[3]
  • Galium glabratum Klokov.
  • Galium verum subsp. praecox (K.H.Lang) Petr.
  • Galium verum subsp. verum
  • Galium verum subsp. wirtgenii (F.W.Schultz) Oborny.[4]
  1. Howard, Michael A. (1987). Traditional Folk Remedies: A Comprehensive Herbal. Random House of Canada. pp. 163–. ISBN 0-7126-1731-0. 
  2. Galium verum en Tropicos
  3. Sinónimos en Kew
  4. "Galium verum en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 22 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Düll, R. e H. Kutzelnigg (2011): Taschenlexikon der Pflanzen Deutschlands. 7. Auflage, Quelle & Meyer-Verlag. ISBN 978-3-494-01424-1
  • Font Quer, P. (2001): Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. 3ª edición. Barcelona: Ediciones Península, pp. 749–740. ISBN 84 8307 242 4 (1ª ed. publicada por Editorial Labor en 1961).
  • Strasburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S.A., p. 840. ISBN 84 282 0979 0

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]