Alexander von Keyserling
Alexander Friedrich Michael Lebrecht Nikolaus Arthur Graf von Keyserling, coñecido como Alexander von Keyserling, nado o 15 de agosto de 1815 na Casa Señorial de Kabile, Kuldīga, Curlandia, que máis tarde pasou a ser unha provincia do imperio Ruso (hoxe Letonia), e finado o 8 de maio de 1891 na Casa Señorial de Rayküla, Condado de Rapla, Estonia, foi un aristócrata, paleontólogo, naturalista, xeólogo, botánico, e zoólogo alemán, que traballou no imperio Ruso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do conde Heinrich Dietrich Wilhelm von Keyserling e da súa esposa Anne Amélie Bénigne von Nolde, formaba parte dunha destacada familia aristocrática xermano-báltica, os Keyserling.
Está considerado como un dos fundadores da xeoloxía rusa.
Realizou numerosas expedicións finaciadas polo seu amigo, o tsar Nicolao I.
Ademais dos seus traballos en xeoloxía, realizou numerosas investigacións en botánica e en zooloxía.
Casou en 1844 coa condesa Zénaide Cancrin (1821-1885), filla do célebre ministro de Finanzas de Nicolao I Georg Cancrin.
Ocupou varios cargos, entre eles curador da Universidade de Tartu (1862-1869).
En 1847 retirouse da súa carreira académica, establecéndose na mansión Rayküll, que adquirira como dote para o seu matrimonio coa fija do ministro de Finanzas ruso George Cancrin.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Con Johann Heinrich Blasius. Die Wirbelthiere Europa's (Os mamíferos de Europa) F. Vieweg und Sohn, Braunschweig, 1840.
- Con Roderick Impey Murchison e Édouard de Verneuil. The Geology of Russia in Europe and the Ural Mountains... Editor J. Murray, 1845.
- Con Paul Theodor von Krusenstern. Wissenschaftliche Beobachtungen auf einer Reise in das Petschora-Land, im Jahre 1843 (Observacións científicas durante unha viaxe á tierra de Petschora, en 1843). C. Kray, San Petersburgo, 1846.
- Fossile Mollusken. San Petersburgo, 1848.
- Der nördliche Ural und das Küstengebirge Pai-Choi, untersucht und beschrieben von einer in den Jahren 1847, 1848 und 1850 durch die kaiserlich-russische geographische Gesellschaft ausgerüsteten Expedition... Buchdruckerei der kaiserlichen Akademie der Wissenschaften, San Petersburgo, 1853.
- "Reisetagebücher des Graffen Cancrin 1840-45".[1]
- Polypodiacea et cyatheacea herbarii bungeani. W. Engelmann, Leipzig, 1873.
- Genus Adiantum L. Recensuit Alexander Keyserling... Academia Imperial das Ciencias, San Petersburgo, 1875.
- Aus dem Tagebuchblättern des Grafen Alexander Keyserling... Stuttgart, 1894.
Abreviatura (botánica)
[editar | editar a fonte]A abreviatura Keyserl. emprégase para indicar a Alexander von Keyserling como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Abreviatura (zooloxía)
[editar | editar a fonte]A abreviatura Keyserling emprégase para recoñecer a Alexander von Keyserling como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- Botánica
- Xénero
- (Fabaceae) Astragalus keyserlingii Bunge[3]
- (Fabaceae) Tragacantha keyserlingii Kuntze[4]