Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bárbara de Nicomedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBárbara de Nicomedia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Βαρβάρα Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento273 Editar o valor en Wikidata
Nicomedia Editar o valor en Wikidata
Morte306 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Nicomedia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntaumaturga, prisioneira Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo III Editar o valor en Wikidata - século IV Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa4 de decembro
4 de decembro Editar o valor en Wikidata
Patrón deArmeiro, matemático, desactivación de explosivos, bombeiro, arquitecto, albanel, mariñeiro e director funerario Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
extirpación do peito Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Barbara, St.
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Bárbara de Nicomedia, máis coñecida por Santa Bárbara, foi unha virxe e mártir cristiá do século III.[1] A súa festa celébrase o 4 de decembro.[1]

Segundo a tradición cristiá, nacería en Nicomedia, cerca do mar de Mármara, en Asia Menor.[1] Era filla dun nobre sátrapa de nome Dióscoro, quen a encerrou nunha torre.[1] Segundo outras versións, Dióscoro e a súa filla Bárbara vivían na cidade chamada Heliópolis, tamén Baalbek, en Fenicia.

Hai diverxencias entre as versións sobre a súa vida: o motivo do peche puido ser para evitar que os homes admirasen a súa beleza e a seducisen[1], ou para evitar o proselitismo cristián. Durante unha ausencia do seu pai, Bárbara converteuse ao cristianismo a través dunha criada.[1] Carteouse con Oríxenes, sabio presbítero de Alexandría.[1] Foi bautizada por Valentín, un emisario de Oríxenes.[1] Rexeitou os seus pretendentes, por estar xa encomendada a Cristo.[1] Mandou engadir unha fiestra máis ás outras dúas que tiña a torre, simbolizando a Santísima Trindade.[1]

O seu pai decatouse do significado do simbolismo destas fiestras e enfadouse, querendo matala.[1] Levouna perante Marciano, gobernador local.[1] Por iso, Bárbara fuxiu e refuxiouse nunha pena milagrosamente aberta para ela. Atrapada pese ao milagre, enfróntase ao seu destino. O seu martirio foi o mesmo que o de Vicente de Zaragoza: sería atada a un poldro, flaxelada, desgarrada con anciños de ferro, colocada nun leito de anacos de cerámica cortantes e queimada con ferros ao lume...[1] Finalmente, o gobernador ditou a pena capital por decapitación.[1] O seu mesmo pai é quen a decapitou no cume dunha montaña, Ao instante de facelo, un raio alcanzouno e matotuno a el tamén. O martirio de Santa Bárbara produciuse o 4 de decembro de 305, durante o goberno do emperador Maximiano.[1]

Reliquias

[editar | editar a fonte]

As reliquias foron trasladadas a Venecia en tempos do Dogo Pedro II Orseolo (991-1009), por María Argyropoula, unha princesa bizantina posiblemente irmá de Romano III, que casou co fillo do Dogo, Xoán.

As reliquias da Santa quedaron na Igrexa Grega e en 1108 unha princesa grega de nome Bárbara casou co príncipe de Kíiv, Sviatopolk Iziaslavovich. Ela trouxo consigo as reliquias que foron colocados no mosteiro Michailovsky-Zlatoverj en Kíiv.

Na época dos desastres napoleónicos, as sacras reliquias foron levadas ao Templo de San Martín da illa de Murano, onde se custodian aínda hoxe.

Unha parte das reliquias da mártir Santa Bárbara que se achaban na igrexa de San Marcos, en Venecia, foron depositadas no Santuario de Santa Bárbara, pertencente á Diaconía Apostólica e situado no municipio do Ática do mesmo nome, polo Arcebispo de Atenas Christódoulos.

Simboloxía e iconografía

[editar | editar a fonte]
Imaxe de Santa Bárbara coa torre de tres fiestras, na capela do pazo de Cadro.

Adóitase representala nova, ben coa palma do martirio[1], ben con plumas de pavo real, pois este animal é símbolo da resurrección ou a inmortalidade, e aparece xa na máis antiga representación coñecida, que data do século VIII (Santa María a Antiga, de Roma).

Tamén adoita aparecer co seu atributo, unha torre con tres fiestras[1], aparecendo unhas veces encerrada na mesma e noutras a torre aparece ao seu lado ou en miniatura sobre unha das súas mans. O significado desta torre con tres fiestras é o refuxio da fe na Santísima Trindade. E adoita levar coroa[1], que admite variacións: nalgunhas é a dunha princesa e noutras é unha coroa completa formada de varias torres.

A imaxe de santa Bárbara tamén aparece ás veces asociada:

  • Coa espada[1] coa cal foi decapitada, o que contribuíu a que sexa asociada coa guerra, pero devandita espada representa un símbolo de fe inquebrantable.
  • Cun cáliz co Sangue de Cristo[1], que significa a súa conversión ao catolicismo.
  • O raio que caeu no seu martirio fixo que sexa relacionada cos explosivos e así é patroa da arma de Artillaría, cuxo escudo son canóns cruzados e a torre é a heráldica dos enxeñeiros e zapadores. O depósito de explosivos nos buques recibe o nome de Santabárbara.
  • Cunha rama de oliveira entre as súas mans, representando o martirio.
  • Cunha manto vermello[1].

O seu padroado foi introducido en España, ao parecer, por Xoán de Terramonda, natural de Lille, que chegou a España como asentador de Filipe I de Castela.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 Abad, Xoán C. (2022). In hac lacrimarum valle. Guía ilustrada para recoñecer os santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra. Instituto de Estudos Vigueses. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]