Balea vasca
Balea vasca Balea franca setentrional Eubalaena glacialis | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Balea vasca femia co seu baleato. | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Eubalaena glacialis (Müller, 1776) [2] | |||||||||||||||||||||||
Distribución da balea vasca
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A balea vasca,[3][4] tamén coñecida como balea franca setentrional,[5] ou balea franca do Atlántico.[Cómpre referencia][6] Eubalaena glacialis Müller, 1776, é unha especie de cetáceo misticeto da familia dos balénidos.
É unha das tres especies do xénero Eubalaena, as coñecidas como baleas francas, que anteriormente foron clasificadas como unha soa especie,[7] e que son denominadas así (baleas francas = baleas fáciles de cazar) porque nadan lentamente, son moi confiadas e, cando morren, flotan na auga, o que facilita moito os labores dos baleeiros que as cazaban.
Debido á excesiva caza á que foi sometida a especie desde a Idade Media e, sobre todo, desde o inico da súa caza industrial a finais do século XIX, con barcos modernos de casco metálico e, sobre todo, desde a invención do canón lanza arpóns, e dos arpóns explosivos, a especie quedou, a finais do século XX, en serio perigo de extinción.
Na actualidade encóntrase entre as baleas máis ameazadas do planeta.
Cartacterísticas
[editar | editar a fonte]É a especie máis pequena da familia dos balénidos, cunha lonxitude total de entre os 11 e os 18 m,[5] (uns 14 m de media), sendo as femias lixeiramente máis grandes que os machos.[8]
O aspecto xeral do corpo é cilíndrico, desde o ollo até á metade do dorso. A cabeza é grande, representando un cuarto da lonxitude total do corpo (pero proporcionalmente máis pequena que na balea de Groenlandia, que supón un terzo da lonxitude total), e leva dorsalmente, cerca do extremo da mandíbula superior, unha excrecencia córnea, frecuentemente infestada de parasitos; outras similares, máis pequenas, encóntranse con frecuancia detrás desta principal. Como as demais especies do xénero, carece de aleta dorsal, e as pectorais son anchas, cos bordos arredondados, e a aleta caudal é de grande envergadura, cunha fendedura centrtal ben marcada no bordo posterior, separando os dous lobos. A mandíbula superior é estreita, moi arqueada, e cunha concavidade que aloxa o labio inferior, que é moi alto e co bordo superior convexo. Non presenta dobras gulares.[8]
Presenta de 250 a 390 barbas a cada lado da mandíbula superior, de cor escura (negra, parda escura ou gris escura), que poden chegar a medir até 225 cm de lonxitude como máximo, e son relativamente anchas na súa base (de 1/10 da lonxitude).[8]
A coloración da pel é moi escura, frecuentemente parda escura, pero pode chegar a ser totalmente negra (o que xustifica un dos seus nomes en portugués, baleia-negra)[4] con algunhas manchas irregulares e de tamaño variábel na rexión ventral.[8]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribución e poboación
[editar | editar a fonte]A balea vasca habita no Atlántico norte, onde existen dúas subpoboacións, a máis numerosa nas costas do oeste, con ao redor de 400 exemplares, que se estenden desde a illa de Terra Nova e as costas da península do Labrador (Canadá), até as de Xeorxia e a Florida (Estados Unidos; as súas zonas de alimentacion está no norte desta área, na parte baixa da baía de Fundy, preto da illa Grand Manan, Nova Escocia (Canadá) e a baía de cabo Cod (Massachusetts), mentres que as zonas de reprodución están máis ao sur, observándose recentemente grupos de cría na Florida.[9]
A subpoboación do Atlántico oriental é moito menor. Antano estendíase desde as costas de Islandia e Noruega até as do mar Cantábrico (incluídas as galegas), pasando polas de Irlanda, as occidentais da Gran Bretaña, as francesas desde a Bretaña até o golfo de Biscaia,[9] chegando nas súas migracións até os arquipélagos dos Azores, Madeira e as Canarias.[10]
Comportamento
[editar | editar a fonte]As baleas vascas encóntranse adoito soas ou, como moito, reunidas en pequenos grupos de 2 a 3 individuos, aínda que ás veces poden formarse grupos de até cen exemplares en zonas onde o alimento é particularmente abundante.
Son nadadoras activas e relativamente rápidas, alcanzando velocidades de até uns 5 nós (uns 9 km/h).
O animal mostra a súa aleta caudal cando vai facer unha inmersión profunda, que pode ter unha duración de 10 a 20 min.
Cando sae á superficie, o primeiro sopro pode alcanzar os 3 m de alto, está lixeiramente inclinado cara a adiante e, visto desde atrás, ten forma duna "V" amplamente aberta, debido a que os espiráculos dereito e esquerdo distan un do outro. O número de sopros entre inmersións varía entre 5 e 15.[8]
Alimentación
[editar | editar a fonte]As baleas vascas aliméntanse principalmente de copépodos diaptómidos e outros pequenos invertebrados (copépodos pequenos, krill, pterópodos e larvas de percebes e outros crustáceos), xeralmente filtrándoos lentamente a través da barbas. A especie de presa máis común é o copépodo Calanus finmarchicus.[11]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe da reprodución desta especie. Emparéllanse a finais do inverno. A xestación dura un ano, e o período de lactación probabelmente de 6 a 7 meses.[8]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Caza
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Caza de baleas e Caza de baleas en Galicia.
As baleas vascas sufriron persecucións debido a catro causas fundamentais: vivir cerca da costa, flotar cando está morta, nadar paseniño e posuír unha capa de graxa moi grosa (representa do 36 ao 45 % do peso total).
A balea vasca cazouse en Europa desde o século XI e durante toda a Idade Media, especialmente no golfo de Biscaia, no mar Cantábrico e nas costas de Galicia, de xeito que xa no século XVI a súa poboación estaba dezmada nas augas europeas, polo que os baleeiros comezaron a explotar a balea franca boreal (Balaena mysticetus) nas augas polares, sen deixar por iso de perseguir a balea vasca até pasada a primeira metade do século XX.[8]
Os intentos por chegar a acordos internacionais para controlar a caza de cetáceos non comezaron até 1935, ano en que a Liga de Nacións auspiciou un primeiro borrador que só foi aprobado por Gran Bretaña e Noruega, as dúas maiores nacións baleeiras naquelas datas, que en conxunto representaban o 95 % das máis de 30 000 baleas que se cazaban anualmente.[12]
O ano seguinte produciuse o primeiro intento de crear unha Conferencia Internacional Baleeira, pero só asistiron dous dos membros convocados, Gran Bretaña e Noruega. Alemaña enviou un observador coa misión de deixar en claro que quería "completa liberdade de acción, pois era o principal consumidor mundial de aceite de balea".[12]
En 1937 celebrouse en Londres unha conferencia internacional con representantes de Suráfrica, os Estados Unidos, a Arxentina, Australia, Alemaña, Irlanda, Nova Zelandia, Gran Bretaña e Noruega. Nesta conferencia pactouse que se prohibiría, mediante normas legais internacionais, a caza peláxica durante nove meses do ano. Así mesmo, dictaminouse a protección total das femias e as súas crías, e establecéronse zonas de reserva onde os buques baleeiros non poderían entrar.[12]
A década de 1970 asistiu ao inicio do movemento mundial contra a caza de baleas. En 1972, a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano[13] celebrada en Estocolmo aprobou unha proposta que recomendaba unha moratoria de dez anos na caza comercial de cetáceos para permitir que as poboacións destes animais puideran recuperarse.
En 1982 a CBI determinou o fin da caza comercial, a través dunha moratoria internacional sobre a caza de baleas, que se fixo efectiva na campaña 1985-1986 (e que se coñece como a moratoria de 1986).
Ameazas actuais
[editar | editar a fonte]As principais ameazas que actualmente pesan sobre a especie son:
- Colisións con buques: o 7 % dos animais teñen marcas de feridas producidas por hélices de buques e en torno ao 20 % da mortandade débese a colisións con barcos.[14]
De 45 casos de mortes rexistrados no período 1970-1999, o 35,5 % debéronse a colisións con barcos.[15]
A gran flotabilidade desta especie fai difícil a inmersión como resposta ao acercamento dun buque. Ademais, a súa capacidade de manobra durante o ascenso á superficie é limitado. - Tamaño reducido da poboación: mediante análises de ADN comprobouse que a variabilidade xenética á moi reducida, o que suxire que hai menores taxas de fertilidade, fecundidade e supervivencia das crías.[16]
- Produtividade do hábitat: un estudo suxiriu que a poboación actual pode representar a capacidade de carga do hábitat hoxe en día, o cal parece improbábel, xa que non hai evidencia de cambios oceanográficos.[14]
- Inxestión de lixo: cando a balea se alimenta na superficie pode chegar a inxerir restos flotantes de lixo.[14]
- Efecto do ruído sobre a comunicación entre as baleas: o incremento do ruído producido polas actividades humanas é un perigo potencial para a comunicación social das baleas.[17]
- Contaminación: encontráronse niveis altos de PCB, seguido en importancia por DDT.[18] Porén, aínda que as concentracións de PCB aumentan coa idade nos machos, a acumulación de contaminantes na graxa mostra variacións que se deben á inxestión de alimento en distintos sitios e á eliminación dalgúns contaminantes durante a diminución de lípidos no inverno.[19]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Nos últimos tempos a situació do status da poboación de Eubalaenas glacialis foi cualificada:
- 1994 – En perigo (Groombridge 1994)
- 1990 – Vulnerábel (IUCN 1990)
- 1990 – En perigo (IUCN 1990)
- 1988 – En perigo (IUCN Conservation Monitoring Centre 1988)
- 1986 – En perigo (IUCN Conservation Monitoring Centre 1986)
Na actualidade a IUCN, tendo en conta que a diminución da poboación desta especie foi moi importante desde hai tres xeracións, e que se determinou que o número de femias reprodutivamente activas era de 70 animais en 1998, e que, incluso admitindo a posibilidade de que algunhas baleas nais foran omitidas no catálogo de identificación, isto significa que o número total de indivuduos maduros (é dicir, reprodutivamente activos) está moi por debaixo do límite de perigo, seguiu considerando a especie en perigo de extinción.[10]
A UICN estima que a subpoboación do Atlántico occidental é neste momento duns 250 individuos, e a do oriental, se é que existe, debe ser seguramente moi pequena (menos de 50 individuos maduros). Se esta subpoboación europea se avaliase separadamente, sería clasificada como en perigo crítico ("CR"), ou posibelmente como extinta ("EX").[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reilly, S.B., Bannister, J.L., Best, P.B., Brown, M., Brownell Jr., R.L., Butterworth, D.S., Clapham, P.J., Cooke, J., Donovan, G., Urbán, J. & Zerbini, A.N. (2012). "Eubalaena glacialis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 18 January 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Eubalaena glacialis (Müller, 1776) no ITIS.
- ↑ Pérez Alberti, A. dir. (1982), p. 210.
- ↑ 4,0 4,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309.
- ↑ 5,0 5,1 Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 1345.
- ↑ Outros nomes que se poden encontrar na bibliografía para esta especie son:
- balea franca glacial (non confundir coa balea franca boreal)
- balea franca do Cantábrico
- baela franca de Biscaia
- balea dos vascos.[Cómpre referencia]
- ↑ Daquela, clasificábanse como subespecies:
- Eubalaena glacialis glacialis, no Atlántico norte (hoxe, E. glacialis).
- Eubalaena glacialis japonica, no Pacífico norte (hoxe, E. japonica).
- Eubalaena glacialis australis, no Atlántoico sur, Pacífiico sur e Índico sur (hoxe, E. australis).
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Duguy e Robineau (1987), pp. 98-101.
- ↑ 9,0 9,1 Carwardine, M. (1995), pp. 38-47.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Reilly, S. B., Bannister, J. L., Best, P. B., Brown, M., Brownell Jr., R. L., Butterworth, D. S., Clapham, P. J., Cooke, J., Donovan, G., Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2012): Eubalaena glacialis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ Perry, S. L., Demaster, D. P. and Silber, G. K. (1999): "The great whales: history and status of six species listed as Endangered under the U.S". Endangered Species Act of 1973. Marine Fisheries Review 61 (1): 1-74.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Hoare, Philip (2010).
- ↑ Declaración da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano Arquivado 19 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.(en castelán)
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Kraus, S. D. and Rolland, R. M. (eds). (2007): The Urban Whale: North Atlantic Right Whales at the Crossroads. Harvard University Press, Cambridge, UK and Massachusetts, USA.
- ↑ Knowlton, A. R. and Kraus, S. D. (2001): "Mortality and serious injury of northern right whales (Eubalaena glacialis) in the western North Atlantic Ocean". Journal of Cetacean Research and Management 2: 193-208.
- ↑ Reeves, R. R., Rolland, R. and Clapham, P. J. (2001): "Causes of reproductive failure in North Atlantic right whales: new avenues of research". Northeast Fisheries Science Center Reference Document 01-16.
- ↑ Parks, S. E. and Clark, C. W. (2007): "Accoustic Communication Social Sounds and the Potential Impacts or Noise", in Kraus, S. D. and Rolland, R. M. (eds). The Urban Whale: North Atlantic Right Whales at the Crossroads. Harvard University Press, Cambridge, UK and Massachusetts.
- ↑ Woodley, T. H., Brown, M. W., Kraus, S. D. and Gaskin, D. E. (1991): "Organochlorine levels in North Atlantic roight whale (Eubalaena glacialis) blubber". Archives of Ennvironmental Contamination and Toxicology, 21 (1): 141-145.
- ↑ Weisbrod, A. V., Shea, D., Moore, M. J., adnd Stegeman, J. J. (2000); "Organochlorine exposure and bioaccumulation in the endangered Northwest Atlantic right whale (Eubalaena glacialis) population". Environmental Toxicology and Chemistry, 19 (3): 654-666.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Balea vasca |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balea vasca |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
- Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5, pp. 140–142.
- Hoare, Philip (2010): Leviatán o la ballena. Ático De Los Libros. ISBN 978-84-937809-4-4.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Penas Patiño, X. M. e Piñeiro Seage, A. (1989): Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas. Santiago: Xunta de Galicia. Consellería de Pesca, Dirección Xeral de Formación e Promoción Social Pesqueira. ISBN 84-453-0072-5.
- Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 84-85779-12-6.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Schokkenbroek, Joost C. A. (2008): Trying-out: An Anatomy of Dutch Whaling and Sealing in the Nineteenth Century, 1815-1885. Amsterdam: Aksant Academic Publishers. ISBN 978-90-5260-283-7.
- Tobío Fernández, L. (1927): "Aportazón ó estudo da historia da pesca da balea nas costas da Galiza", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos I, 1927, 89-93.
- Tönnesen, J. N. & Arne Odd Johnsen (1982): The history of modern Whaling. Londres: C. Hurst & Co. ISBN 978-0-905838-23-6; Canberra: Australian National University Press. ISBN 978-0-7081-0749-2; Berleley: University of California Press. ISBN 0-520-03973-4.
- Valdés Hansen, F. (2010): Los balleneros en Galicia (siglos XIII al XX). A Coruña: Fundación Barrié de la Maza. ISBN 978-84-95892-78-2.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ballena de los vascos - Eubalaena gacialis (Müller 1776) Museo de Ciencias Naturales. CSIC. Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. (en castelán)
- Eubalaena glacialis en ADW. (en inglés)