Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Brahim Boutayeb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBrahim Boutayeb

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) إبراهيم بوالطيب Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Khemisset, Marrocos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura171 cm Editar o valor en Wikidata
Peso60 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista, mediofondista, atleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivacarreira de longa distancia Editar o valor en Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14211948 Olympic.org: moulay-brahim-boutayeb Editar o valor en Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Seúl 1988 10.000 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Bronce Toquio 1991 5.000 m

Moulay Brahim Boutayeb (en árabe مولاي ابراهيم بوطيب), nado o 15 de agosto de 1967 en Khemisset, Marrocos, foi un corredor marroquí de longa distancia que se proclamou campión olímpico dos 10.000 metros nos Xogos Olímpicos de Seúl.

Antes de 1988 a súa especialidade eran os 5.000 metros, e dada a súa xuventude estaba considerado como o sucesor de Said Aouita.

Nos Xogos Olímpicos de Seúl participou de forma inesperada nos 10.000 metros. A final disputouse o 26 de setembro, e transcorreu a un ritmo moi rápido desde o inicio, cos quenianos Kipkemboi Kimeli e Moses Tanui tirando moi forte.

Pronto se formou un reducido grupo en cabeza e pasaron pola metade da proba a un ritmo de récord do mundo. Logo Boutayeb tomou o mando e foise en solitario deica a vitoria. Case todos pensaban que batería o récord do mundo, pero nos metros finais reduciu deliberadamente o seu ritmo mentres miraba cara a atrás, xa que na segunda posición viña o seu amigo, o italiano Salvatore Antibo.

Finalmente Boutayeb gañou a medalla de ouro con 27:21,46 a cuarta mellor marca mundial da historia. A prata foi para Salvatore Antibo e o bronce para o queniano Kimpkemboi Kimeli.

Tralos Xogos Olímpicos de Seúl volveu centrarse nas distancias máis curtas. En 1989 fixo na Coruña a cuarta mellor marca mundial do ano nos 5.000 metros con 13:12,10.

Participou nos Mundiais de Toquio en 1991, gañando a medalla de bronce nesta proba, por detrás do queniano Yobes Ondieki e do etíope Fita Bayissa. Pouco antes realizara en Bruxelas a mellor marca da súa carreira deportiva nesta proba con 13:10,44.

Nos Xogos Olímpicos de Barcelona quedou en cuarta posición nos 5.000 metros, nunha final moi apertada na que chegou a só 75 centésimas do gañador, o alemán Dieter Baumann.

Tras ser eliminado nas series clasificadoras dos Mundiais de Stuttgart en 1993, retirouse do atletismo.

Logo adicouse a outra das súas grandes paixóns, as carreiras de coches.

Marcas persoais

[editar | editar a fonte]
  • 5.000 metros - 13:10,44 (Roma, 17 Xul 1991)
  • 10.000 metros - 27:21,46 (Seúl, 26 Set 1988)