Castelo de Conwy
Castelo de Conwy | |
---|---|
monumento clasificado como grao I, monumento planificado e National Monuments of Wales | |
Vista do castelo dende o río Conwy. | |
Coordenadas | 53°16′48″N 3°49′32″O / 53.28, -3.82556 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Conwy (galés: Castell Conwy) é unha fortificación medieval de Conwy, na costa norte de Gales. Foi construída por orde de Eduardo I, durante a conquista de Gales, entre 1283 e 1289. Construído como parte dun proxecto meirande de crear a vila amurallada de Conwy, cun custo combinado das defensas de £15.000, daquela unha gran cantidade. Nos séculos seguintes, o castelo xogou un papel importante en moitas guerras. Resistiu o asedio de Madog ap Llywelyn no inverno de 1294–95, actuou como refuxio temporal para Ricardo II en 1399 e acolleu durante varios meses ás forzas leais de Owain Glyndŵr en 1401.
Tralo estoupido da Guerra Civil inglesa en 1642, o castelo foi tomado polas forzas leais de Carlos I, que o aguantaron ata 1646 cando se renderon ás forzas parlamentarias. Posteriormente, o castelo foi abandonado polo Parlamento para previr que fose usado en calquera outra revolta, e finalmente foi arruinado en 1665 cando se vendeu o ferro e o chumbo restante. O Castelo de Conwy converteuse nun destino atractivo para pintores a finais do século XVIII e comezos do XIX. O número de visitantes medrou e os traballos de restauración comezaron na segunda metade do século XIX. Na actualidade, o castelo está baixo o control de Cadw como atracción turística.
Caractertísticas
[editar | editar a fonte]O castelo de Conwy aseméllase a un castelo concéntrico, mais é lineal. Como o castelo de Caernarfon, está construído sobre unha rocha, para reducir a posibilidade de socavar, e tamén se aproveita doutros accidentes xeográficos. Foi construído para protexer a entrada do río Conwy. O castelo está dividido nun patio exterior e outro interior, separados por unha grosa muralla, e en cada extremo, unha das oito torres de acompañamento. As torres teñen uns 21 m de altura e 9 m de diámetro, con paredes de 4,5 m de grosor.
No século XIII, construsíuse o Bodysgallesn Hall como torre de vixilancia do castelo de Conwy para controlar os ataques máis difíciles que viñesen dende o norte. Algunhas das pedras que se empregaron na construción do castelo de Conwy proveñen dunha canteira que hai na propiedade de Bodysgallesn.[1]
A UNESCO expuxo a súa propia consideración respecto do castelo clasificándoo como Patrimonio da Humanidade.[2]
"É un dos mellores exemplos de finais do século XII e da arquitectura militar de comezos do século XIV en Europa"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ C.M. Hogan, History of Bodysgallen Hall, xullo de 2004, Arquivos da Biblioteca municipal de Aberdeen, Escocia.
- ↑ "Castles and Town Walls of King Edward in Gwynedd". UNESCO. Consultado o 4 de xuño de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Conwy |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pugin, Augustus (1895). Examples of Gothic Architecture Selected From Various Ancient Edifices in England. Edinburgo: J. Grant. OCLC 31592053.
- Taylor, Arnold (2008). Caernarfon Castle and Town Walls. Cardiff: Cadw. ISBN 978-1-85760-209-8.
- Ashbee, Jeremy (2007). Conwy Castle. Cardiff, UK: Cadw. ISBN 9781857602593.
- Ashbee, Jeremy (2010). "The King's Accommodation at his Castles". En Williams, Diane; Kenyon, John. The Impact of Edwardian Castles in Wales. Oxford, UK: Oxbow Books. pp. 72–84. ISBN 978-1-84217-380-0.
- Brears, Peter (2010). "Food Supply and Preparation at the Edwardian Castles". En Williams, Diane; Kenyon, John. The Impact of Edwardian Castles in Wales. Oxford, UK: Oxbow Books. pp. 85–98. ISBN 978-1-84217-380-0.