Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Castelo de San Sebastián (Vigo)

Castelo de San Sebastián
ConcelloVigo
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°14′13″N 8°43′36″O / 42.236888888889, -8.7266277777778
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrenacemento (século XVII)
Estilo actualRenacemento
Neoclásico (século XVII
século XVIII)
Estado actualSemiderruído
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de San Sebastián é unha fortaleza do século XVII situada en Vigo.

Época moderna

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Muralla de Vigo.

O castelo ergueuse ao mesmo tempo que a vila se comezaba a amurallar en 1656 durante o reinado en España de Filipe IV co obxectivo de protexer a Vigo dos ataques de ingleses e portugueses. Galicia quedara hai tempo anexionada a Castela, e Portugal entrou en guerra pola independencia de España, polo que Galicia pasou de irmán a inimigo[1].

No lugar onde se ergue o castelo había unha ermida baixo a advocación de San Sebastián, e a nova muralla cerraría até dita capela, onde ademais se levantaría un forte. Dende o castelo o muro ía deica a Porta do Sol, baixando pola rúa Carral até o peirao da Laxe, seguindo pola beiramar deica O Berbés e subindo de novo pola Rúa Real até a ermida (castelo). Juan de Villarroel y Prado foi quen proxectou os traballos tanto do castelo de San Sebastián coma do Castelo do Castro, situado a uns centos de metros monte arriba. En 1665 Portugal sitiou a vila por seis días; foi cando os enxeñeiros militares Carlos e Fernando de Grunemberg ligaron as dúas fortificacións cun muro, que para 1667 estaría rematado. Porén tanto castelos coma muralla construíronse axiña e con poucos medios. A muralla non tiña foso e os muros non tiñan consistencia, nin revelíns.

En 1719 os ingleses invaden Vigo e o castelo ficou en ruínas pasando a utilizarse como corte do gando, defendéndose logo a vila dende o castelo do Castro. Téñense atopado pasadizos e túneles que ligaban os dous castelos entre si e a cidade[2]

Época contemporánea

[editar | editar a fonte]
Baluarte coa garita no solpor.

Xa no século XIX serviu de hospital e sofre algunhas modificación para acoller este uso. Nos anos 20 do século XX, o daquela alcalde Mauro Alonso Giménez-Cuenca considera a recuperación dos dous castelos. O de San Sebastián seguiu coma cuartel militar até 1964, cando pasa a ser propiedade do Concello de Vigo, e grazas aos rexedores Alberto Varela Grandal e despois Xosé Ramón Fontán. No ano 1970 o alcalde Antonio Ramilo Fernández-Areal, por intereses especulativos, decide construír o novo pazo do concello da cidade, até entón situado nun edificio da Praza da Constitución, para o que se derrubaron algúns dos lenzos do muro do castelo. A nova casa do concello foi inaugurada polos Reis de España en 1976 sendo alcalde Joaquín García Picher. En 1983 considerouse o derrubamento da parte do castelo aínda en pé, así como da Ponte de Castrelos, finalmente, porén, non se executou. Nos anos 90 remodelouse a Praza do Rei que aínda degradou máis a contorna do castelo[3].

  1. Arquitectura en Vigo
  2. Vigo hoxe.org
  3. "Qué hacer en Vigo (blog)". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]