Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Chichén Itzá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaChichén Itzá
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIucatán, México Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónChichén-Itzá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 20°40′59″N 88°34′07″O / 20.6831, -88.5686
Características
Ben cultural baixo protección especial
Data30 de marzo de 2015
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → América Latina-Caribe
Data1989 (13ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iii) Editar o valor en Wikidata
Identificador483
Historia
Data de creación ou fundación455 Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolición1178 Editar o valor en Wikidata

Sitio webchichenitza.com Editar o valor en Wikidata

Chichén Itzá é unha cidade arqueolóxica maia localizada no estado mexicano do Iucatán, en México. O nome Chichén-Itzá ten raíz maia e significa "na beira do pozo do pobo Itza".[1] Vestixio importante da civilización maia, as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou posclásico temperán (800-1100 dC.).

A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo a mitoloxía maia, é Kukulcán, representación maia de Quetzalcóatl, deus tomado do panteón da cultura tolteca.

Chichén Itzá foi unha cidade[2] ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.

A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988.[3] O 7 de xullo de 2007, o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi recoñecido como unha das novas sete marabillas do mundo, por unha iniciativa privada sen o apoio da Unesco, pero co recoñecemento de millóns de votantes arredor do mundo.[4]

Nos equinoccios, pola pirámide de chanzos co Castelo parece baixar unha serpe, efecto óptico co Sol como protagonista, logrado polos arquitectos maias.[5]

  1. Barrera Vásquez, Alfredo (1980). Cordemex, ed. Diccionario Maya - Español - Maya. Mérida, Iucatán, México. 
  2. "Descubrimiento de zona residencial en Chichén Itzá". Consultado o 8 de abril de 2010. 
  3. UNESCO. "Ciudad prehispánica de Chichén-Itzá (1988)". Consultado o 8 de abril de 2010. 
  4. El Universal. "Es Chichén Itzá una de las nuevas maravillas". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2009. Consultado o 8 de abril de 2010. 
  5. O’Keefe, Madeleine. "Seeing through walls and breaking down barriers". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-06-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.