Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cobaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Coello de Indias»)
Cobaia, coello de Indias
Cavia porcellus
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animal
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Hystricomorpha
Infraorde: Hystricognathi
Familia: Caviidae
Subfamilia: Caviinae
Xénero: Cavia
Especie: C. porcellus
Nome binomial
''Cavia porcellus''
(Linnaeus, 1758)
Dous exemplares de pelo curto.
Un exemplar de raza Sheltie, de pelo longo.
Dous exemplares de raza abisinia, con rosetas no pelo.
As cobaias precisan de espazo e de compañeiras para manterse en bo estado de saúde.
Asando unha cobaia en Quito, Ecuador.

A cobaia,[1] ou coello de Indias,[2] Cavia porcellus (Linnaeus, 1758), é unha especie híbrida doméstica de roedor histricomorfo da familia dos cavíidos,[3] resultado do cruzamento de varias especies do xénero Cavia realizados na rexión andina de América do Sur, con rexistros arqueolóxicos encontrados desde Colombia e Ecuador até Perú e Bolivia.

Alcanza un peso de até 1 kg. Vive entre cinco e oito anos.

A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista suízo Conrad von Gesner en 1554.[4]

O seu nome científico débese á descrición de Erxleben en 1777, e é unha mestura da designación do xénero de Pallas (1766) e o nome específico dado por Linneo (1758).[5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1777 polo naturalista alemán Johann Christian Erxleben, baixo o nome de Mus porcellus.[3]

Posteriormente foi adscrita ao xénero Cavia.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo foi coñecida polos seguintes sinónimos:[3]

  • Cavia anolaimae J. A. Allen, 1916
  • Cavia cobaya Pallas, 1766
  • Cavia cutleri Bennett, 1836
  • Cavia leucopyga Cabanis, 1848
  • Cavia longipilis Fitzinger, 1879

Relación co home

[editar | editar a fonte]

Domesticación e consumo

[editar | editar a fonte]

A domesticación deste roedor, para consumo humano deuse hai 7000 anos nos Andes Centrais, especificamente no actual departamento de Junín, Perú, na mesma rexión onde se produciu a domesticación da alpaca.[6] Ao longo do tempo, o home andino criou cobaias para consumir a súa carne e incluso, nalgunhas zonas, para facer roupa coa súa pel. Nos países andinos existe unha poboación estábel de máis ou menos 35 millóns de cobaias, sendo o Perú onde maior poboación hai, e onde máis se consome este animal, máis de 65 millóns, producidos por unha poboación máis ou menos estábel de 22 millóes de animais criados basicamente con sistemas de produción familiar.[7] A poboación estimada de autoconsumo en Ecuador é de 15 millóns de cabezas de cobaias,[8] bastante inferior á produción comercial, que se estima en 50 millóns.

Utilización como mascota

[editar | editar a fonte]

Outra das razóns para a crianza deste roedor é para comercializalo como animal de compañía. Na actualidade críase cada vez máis para telo como mascota, ao poder convivir con nenos pequenos. Como tales prefíense os denominados cuy de tipo 3, é dicir, as cobaias de pelo longo e lacio chamadas "cobaias de Angora".

Uso en investigación

[editar | editar a fonte]

A cobaia é un animal moi común para a experimentación en investigación biomédica, de aí que a expresión cobaia ou coello de Indias se utilice popularmente como sinónimo de obxecto de experimentación.[1][2]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

As cobaias son animais herbívoros, polo que a achega de fibra no alimento é indispensábel. Por outro lado, a achega de vitamina C é altamente necesaria, pois as cobaias, os primates e os morcegos son as únicas especies que non sintetizan esta vitamina.

Para previr deficiencias hai que procurar á mascota unha dieta variada. O feo serve para cubrir as súas necesidades de hidratos de carbono e de fibra. A alfalfa outórgalles calcio para os seus ósos e é fundamental. A froita e a verdura axudan a satisfacer as súas necesidades en vitaminas e gran parte do líquido necesario. Para a comida convén utilizar recipientes de barro cerámico pesados, que resistan a inclinación e a conseguiente caída do alimento. Os seus lados deben ser o bastante altos para manter o material de cama e as feces lonxe da comida. Por outro lado, é moi importante que toda a comida fresca que lle deamos ás nosas cobaias estea a temperatura ambiente; nunca pode estar recentemente sacada do refrixerador.

Gran parte das súas necesidades de líquidos quedan cubertas pola inxestión de alimentos frescos. Porén, deben de ter sempre á súa diposición un bebedeiro con auga limpa e fresca.

As cobaias son animais que realizan cecotrofia, forma de coprofaxia específica a certos roedores; é dicir, comen as feces directamente do ano, antes de que cheguen ao solo. Esta é unha boa forma de aproveitar todos aqueles nutrientes que pasaron directamente polo tracto gastrointestinal sen seren absorbidos, como algunhas vitaminas, por exemplo.

Saúde e hixiene

[editar | editar a fonte]

Para ter as cobaias sans e evitar enfermidades débese:

  • Alimentalas ben.
  • Manter limpas as gaiolas.
  • Evitar a presenza de alimento en mal estado.
  • Poñer en corentena durante catro días os animais novos que se adquiran, para observar o seu comportamento antes de xuntalos cos que xa se teñen.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

En Bolivia, no suroeste de Colombia, en Ecuador[9] e no Perú, críanse razas de carne deste roedor para o consumo popular, utilizadas en diversas preparacións culinarias nestes países. Gastrónomos famosos considérano un manxar.[10]

Crese que posúe niveis elevados de omega 3. Ademais a súa carne posúe un alto valor nutritivo: pouca graxa (só 7,6 %) e moita proteína (20,3 %).[11]

  1. 1,0 1,1 cobaia no dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 coello de Indias no dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 3,2 Cavia porcellus en MSW
  4. Gmelig-Nijboer, C. A. (1977). Conrad Gessner's "Historia Animalum": An Inventory of Renaissance Zoology. Krips Repro B.V. pp. 69–70. 
  5. Weir, Barbara J. (1974): "Notes on the Origin of the Domestic Guinea-Pig" en Rowlands, I. W. & Weir, Barbara J. The Biology of Hystricomorph Rodents. Waltham, Massachusetts, EE. UU.: Academic Press, ISBN 0-12-6133334-4, pp. 437–446.
  6. "El cuy fue domesticado hace 7 000 años en Junín en Conocer Ciencia. 8 de setembro de 2015.
  7. "Produccion de cuyes (Cavia porcellus) FAO.
  8. "Importancia de la cuyicultura en Ecuador Arquivado 23 de novembro de 2015 en Wayback Machine.".
  9. "Un poco de la gastronomía de la sierra ecuatoriana". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2015. 
  10. El cuy en la gastronomía peruana. 8 de setembro de 2015.
  11. Movimiento Manuela Ramos: El cuy. Encuentro de culturas y sabores. Lima (Perú): Movimiento Manuela Ramos, primera edición, 2008. ISBN 978-9972-763-49-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ballard, B. & R. Cheek (2003): Exotic animal medicine for the veterinary technician. Ames, Iowa, USA: Blackwell Publishing Professional.
  • Behrend, Katrin (2000): Cochon d'Inde, bien le comprendre et bien le soigner. París: Hachette, coll. Petits Pratiques - Animaux.
  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Ngoupayou, J. D. Ngou et al. (1995): "Possibilités de développement de l'élevage du cobaye en Afrique subsaharienne: le cas du Cameroun" en World Animal Review, nº 83.
  • Rowe, D. L. & R. L. Honeycutt (2002): "Phylogenetic relationships, ecological correlates, and molecular evolution within the Cavioidea (Mammalia, Rodentia)". Molecular Biology and Evolution 19: 263-277.
  • Woods, C. A. & Kilpatrick, C. W. (2005): "Infraorder Hystricognathi". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 1552–1555.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]