Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cornualla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCornualla
Cornwall (en)
Kernow (kw) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°18′N 4°54′O / 50.3, -4.9
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSuroeste de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
CapitalTruro Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación575.525 (2020) Editar o valor en Wikidata (161,53 hab./km²)
Lingua usadaLingua córnica
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3.563 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Código NUTSUKK30 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Coventry (1972–) Editar o valor en Wikidata
Área de Salientable Beleza Natural

Sitio webcornwall.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Cornualla[1][2], Cornualles,[3] ou Cornualle[4] (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa parte da península do mesmo nome, no extremo suroccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014[5]. As súas costas, moi recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistère bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, co río Tamar como fronteira entre ambos. As estradas principais de comunicación co resto da illa de Gran Bretaña son a A38 —que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar— e a A30 —que cruza a fronteira polo sur de Launceston—. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualla.

Cornualla é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualla, correspondente ao herdeiro do rei.[6] O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como doutras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña. Entre 2005 e 2022, o título gañou notoriedade por ser empregado de xeito preferente por Camila do Reino Unido logo da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra.

Política e lingua

[editar | editar a fonte]

Os nacionalistas córnicos están organizados en dous partidos políticos: Mebyon Kernow e o Cornish Nationalist Party. Tamén hai un movemento partidario da autonomía que recolleu 50.000 sinaturas.

A lingua córnica está emparentada co galés e o bretón, formando as tres o grupo britónico de linguas celtas, distinguíndose do grupo goidélico que forman o irlandés, gaélico escocés e manx. Foi lingua viva até 1777 sendo Dolly Pentreath a derradeira persoa monolingüe. A publicación de "Handbook of the Cornish Language" en 1904 provocou un interese por revivila.

Pese a que non se realizou ningún censo ó respecto, suponse que hai unhas 2000 persoas que falan o idioma, aínda que só unhas 100 o fan fluidamente. Recentemente o goberno británico recoñeceuna como idioma minoritario.

Algúns apelidos teñen os prefixos Tre, Pol, ou Pen, e como di o seu dito "por Tre, Pol e Pen saberás quen é córnico."

O nome inglés moderno deriva do nome tribal Cornovii e da palabra anglosaxoa wealas. Cornovii é moi probable que signifique pobo da península. Wealas é tamén a orixe do nome Gales. En córnico é nomeado como Kernow.

Cornualla foi a principal fonte de abastecemento de estaño para as civilizacións do Mediterráneo antigo, sendo coñecida como as Casitérides e unha vez os córnicos foron considerados os maiores mineiros do mundo. Cando as reservas de estaño se esgotaron, emigraron a lugares como América (os Estados Unidos e a Arxentina principalmente), Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Moitas palabras córnicas relacionadas coa minería pasaron ó inglés como costean, gunnies, e vug.

Dende o declive da minería, agricultura e pesca, a economía vén decantándose polo turismo, grazas a unhas das máis espectaculares costas do mundo. Así as cousas, a economía está deprimida e a rexión foi recoñecida pola Unión Europea como unha das do Obxectivo 1.

Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualla: san Miguel, san Petroc ou san Piran. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualla, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día (5 de marzo) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.

  1. "córnico". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  2. Definición de córnico, -ca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Ver entrada de «Plymouth». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1650. ISBN 9788482893600. 
  4. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  5. "Cornish to be recognised as a national minority along with Scots, Welsh and Irish" The Independent, 24 de abril de 2014
  6. "About the Duchy of Cornwall". duchyofcornwall.org. Consultado o 2022-09-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]