Crataegus
- Para outros usos véxase Estripeiro
Estripeiros (xénero Crataegus) | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estripeiro común (Crataegus monogyna) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie | |||||||||||||||||||||||
Véxase Especies de Crataegus. |
Crataegus é o nome científico dun dos dous xéneros nos que se dividen os espiños, un clado grande de arbustos e de árbores miñudas na familia Rosaceae, naturais das rexións temperadas do Hemisferio Norte en Europa, Asia e América do Norte. É a flor do estado de Missouri. En galego coñécense coma espiñeiros, espiños, estripeiros ou estripos[1].
Caracterízanse polos seus froitos miúdos, semellantes a un pero e as súas pólas espiñentas. O xénero relaciónase co asiático Rhaphiolepis. En Galiza é común a especie Crataegus monogyna (o estripeiro común).
Descrición
[editar | editar a fonte]Estes arbustos ou arboriñas, medran na súa maioría até os 5–15 m de alto,[2]. Posúen froitos miúdos en forma de pomo e (normalmente) teñen pólas espiñentas. O tipo máis habitual ten a casca cinsenta nos exemplares novos, desenvolvendo fendas lonxitudinais con cristas estreitiñas nas árbores máis idosas. As espiñas son poliñas miúdas apuntadas que se alzan quer doutras pólas, quer dende o toro, e teñen tipicamente 1–3 cm de longo (téñense documentdo de até 11,5 cm nun caso.[2]page 97) As follas medran en espiral dispostas en longas pólas, e en acios nos gomos con espiñas ou ramiñas. As follas da meirande parte das especies teñen bordos lobulados ou serrados e son dunha forma algo variábel. O froito ten forma de baga, mais estruturalmente é un pomo que contén de 1 a 5 sementes que se asemellan á carabuña das ameixas, pexegos etc. que son froitos drupáceos na mesma subfamilia.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Os estripos fornecen alimento e acubillo a moitas especies de aves e mamíferos. As flores son importantes para moitos insectos que se alimentan do néctar. Os espiñeiros tamén son alimento de larvas dun gran número de lepidópteros, sendo moi importantes para a vida silvestre no inverno, particularmente túrdidos e bombicílidos; estes paxaros comen dos estripeiro e espallan as sementes coas súas deposicións.
Moitas especies e híbridos úsanse coma ornamentais. O estripeiro común europeo, común en Galiza, úsase amplamente en Europa como sebe. En Galiza este uso non é común, empregándose tradicionalmente a árbore coma patrón para enxertar froiteiras. Téñense seleccionado varios cultivares da especie Crataegus laevigata polas súas flores rosas ou vermellas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O número de especies no xénero depende da interpretación taxonómica. Algúns botánicos noutrora recoñeceron milleiros de especies,[3] moitas das cales son, realmente, microespecies apomícticas. Calcúlase que un número razoábel serían 200 especies,[2] porén non queda claro cantas cómpre recoñecer, por mor a que "unha grande anaco da sinonimia, especialmente nos Crataegus de América do Norte, aínda non se arranxou."[4]
-
O froito do estripeiro bravo (C. monogyna)
-
Flores na primavera do probábel híbrido C.laevigata x monogyna
-
Froito de Crataegus pinnatifida
-
Bosquexo botánico de Crataegus laevigata
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Phipps, J.B., O’Kennon, R.J., Lance, R.W. (2003). Hawthorns and medlars. Royal Horticultural Society, Cambridge, Reino Unido.
- ↑ Palmer, E.J. (1925). Synopsis of North American Crataegi. Journal of the Arnold Arboretum. 6(1-2): 5–128.
- ↑ Phipps, J.B.; Robertson, K.R.; Smith, P.G.; Rohrer, J.R. (1990). A checklist of the subfamily Maloideae (Rosaceae). Canadian Journal of Botany. 68(10): 2209–2269.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crataegus |