Druk
Druk | |
---|---|
Logo de Druk. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Druk |
Director | Thomas Vinterberg |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Janus Billeskov Jansen |
Fotografía | Sturla Brandth Grøvlen |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Nordisk Film |
Estrea | Festival de Toronto: 12 de setembro de 2020 24 de setembro de 2020[1] |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Dinamarca |
Xénero | Drama e comedia |
Orzamento | 33,5 millóns de kr[2] |
Na rede | |
http://www.samuelgoldwynfilms.com/another-round/ | |
Druk é un filme dinamarqués de 2020 dirixido por Thomas Vinterberg, cun guión de Vinterberg e Tobias Lindholm. Está protagonizado por Mads Mikkelsen, Thomas Bo Larsen, Magnus Millang e Lars Ranthe.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 12 de setembro de 2020, e en Dinamarca o 24 de setembro de 2020 a través de Nordisk Film, así como no Festival de Cinema de Adelaide en outubro de 2020.[3] Gañou o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[4] sendo nomeado tamén na categoría de mellor director. Tamén foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa e a catro galardóns nos premios BAFTA, conseguindo finalmente o de mellor filme en lingua non inglesa.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os profesores Martin, Tommy, Peter e Nikolaj son compañeiros e amigos que traballan nun instituto de Copenhaguen. Os catro enfróntanse con estudantes pouco motivados e senten que as súas vidas se tornaron aburridas e estancadas. Nunha cea para celebraren o 40 aniversario de Nikolaj, o grupo fala sobre a teoría do psiquiatra Finn Skårderud, segundo a cal os humanos nacen cunha deficiencia no contido de alcohol en sangue de 0.05%, facendo entón unha taxa do 0.05% as persoas máis creativas e relaxadas. Martin vese confrontado polos seus estudantes máis vellos e os seus pais, que lle din que se converteu nunha barreira para aprobar os seus exames de historia. O grupo de amigos deciden entón embarcarse no experimento de comprobar a teoría de Skårderud.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mads Mikkelsen como Martin
- Thomas Bo Larsen como Tommy
- Lars Ranthe como Peter
- Magnus Millang como Nikolaj
- Maria Bonnevie como Anika
- Susse Wold como Rektor
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Druk". Danish Film Institute. Consultado o 5 de xuño de 2020.
- ↑ Carving, Michael (12 de xuño de 2019). "Optagelserne til Thomas Vinterbergs "Druk" er i gang igen!". danske-biografer.dk (en dinamarqués). Danske Biografer. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Final days of Adelaide Film Festival serves up more winners". InDaily. 20 de outubro de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2020.
- ↑ Bisset, Jennifer. "Oscars 2021 results: The full list of winners, from Nomadland to Daniel Kaluuya". CNET (en inglés). Consultado o 2021-04-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Druk na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)