Okuribito
Okuribito | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | おくりびと |
Director | Yōjirō Takita |
Produtor | Toshiaki Nakazawa |
Guión | Kundō Koyama |
Intérpretes | |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Takeshi Hamada |
Montaxe | Akimasa Kawashima |
Estudio | Amuse Soft Entertainment Asahi Shimbun Dentsu Mainichi Broadcasting System Sedic Shochiku ShoPro TBS Radio & Communications Tokyo Broadcasting System |
Distribuidora | Shochiku |
Estrea | MWFF: 23 de agosto de 2008 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Drama |
Recadación | $70 000 000 |
Na rede | |
http://www.departures-themovie.com/ | |
Okuribito (おくりびと?) é un filme xaponés de 2008 dirixido por Yōjirō Takita. Está protagonizado por Masahiro Motoki, Ryōko Hirosue e Tsutomu Yamazaki. Está vagamente baseado en Coffinman, unha memoria de Shinmon Aoki, e o filme conta a historia dun home novo que regresa á súa vila despois de fracasar na súa carreira como violonchelista e comeza a traballar como nōkanshi, un embalsamador tradicional xaponés. Enfróntase ós prexuízos de tódolos seus coñecidos, incluíndo a súa muller, por mor de tabús sociais coa xente que traballa coa morte. Posteriormente, consegue o respecto dos seus e aprende a importancia das concexións interpersoais a través da beleza e a dignidade do seu traballo.
A idea de Okuribito xurdiu de Motoki que, afectado por ter visto unha cerimonia funeral no río Ganxes cando viaxou á India, leu amplamente sobre o tema da morte e atopou Coffinman. El sentiu que a historia podería adaptarse ben ó cinema, e Okuribito foi rematado unha década despois. Por mor dos prexuízos xaponés contra aqueles que traballan cos mortos, os distribuidores amosáronse remisos a estrealo até que gañaron un gran premio sorpresa no Festival Internacional de Cinema de Montreal en agosto de 2008. O mes seguinte o filme estreouse no Xapón, onde gañou o premio da academia xaponesa ó mellor filme do ano e converteuse no filme con maior recadación no seu país ese ano. Este éxito foi superado no 2009, cando se converteu na primeira produción xaponesa en gañar o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.[1][2]
Okuribito recibiu críticas positivas, cunha valoración do 80% de aprobación en Rotten Tomatoes en función de 105 recensións. A crítica louvou o humor do filme, a beleza da cerimonia de embalsamamento e a calidade das interpretacións, pero algúns discreparon pola súa previsibilidade e sentimentalismo manifesto. Os críticos salientaron unha variedade de temas, pero enfocáronse principalmente na humanidade que provoca a morte e como fortalece os lazos familiares. O éxito de Okuribito provocou o estabelecemento de atraccións turísticas en lugares conectados coa rodaxe do filme e fixo medrar o interese polas cerimonias de embalsamamento, así como a adaptación da historia a diferentes medios, incluíndo un manga e unha obra de teatro.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Daigo Kobayashi (Masahiro Motoki) perde o seu traballo como violonchelista cando a orquestra é disolta. El e a súa muller Mika (Ryōko Hirosue) múdanse dende Toquio até a vila natal del en Yamagata, onde viven na súa casa natal que lle foi herdada despois da morte da súa nai dous anos atrás. A casa conta cunha cafetería que rexentaba o pai de Daigo antes de que marchase da casa coa camareira e abandonase a Daigo con seis anos; dende entón pai e fillo perderon o contacto. Daigo sente xenreira cara ó seu pai e culpa por non coidar mellor da súa nai. Daigo aínda conserva unha "carta de pedra", unha piedra que segundo din transmite un significado a través da súa textura, que o seu pai lle dera moitos anos antes.
Daigo atopa un anuncio de emprego "asistindo saídas". Asumindo que o traballo é para unha axencia de viaxes, vai a unha entrevista na oficina NK Agent e descobre a través da secretaria, Yuriko Kamimura (Kimiko Yo), que o traballo consiste en preparar corpos para a cremación nunha cerimonia de embalsamamento tradicional. Aínda que remiso, Daigo é contratado no momento e recibe un anticipo en efectivo do seu novo xefe, Sasaki (Tsutomu Yamazaki). Daigo amósase furtivo sobre os seus novos deberes e ocultalle a verdadeira natureza do traballo a Mika.
O seu primeiro traballo consiste en asistir no embalsamamento dunha muller que morreu soa na casa e que foi descuberta dúas semanas despois. Sofre de náuseas por mor do forte cheiro e despois é humillado nun autobús cando uns estraños detectan ese desagradable cheiro sobre el. Para limparse, visita un baño público que adoitaba frecuentar cando era neno. Os baños son rexentados por Tsuyako Yamashita (Kazuko Yoshiyuki), a nai dun dos antigos compañeiros de clase de Daigo.
Co tempo, Daigo séntese máis agusto coa súa profesión conforme vai cumprindo un número de encargos e experimenta a gratitude das familias dos finados. Malia que afronta o ostracismo social, Daigo non deixa o traballo, nin sequera cando Mika descobre un DVD de adestramento no que el mesmo fai de morto. Mika vaise cos seus pais a Toquio. O antigo compañeirode clase de Daigo, Yamashita (Tetta Sugimoto) insístelle en que atope unha forma de traballo máis respectable e, ata entón, que o evite a el e á súa familia.
Despois dalgúns meses, Mika regresa e anúncialle que está embarazada. Exprésalle a Daigo a súa esperanza de que poida atopar un traballo do cal o seu futuro fillo poida estar orgulloso. Durante a súa conversa, Daigo recibe unha chamada por un embalsamamento para a señora Yamashita. Daigo prepara o corpo en fronte da familia Yamashita e de Mika, quen tamén coñecía á dona dos baños. O ritual válelle o respecto de tódolos presentes, e Mika deixa de insistir en que Daigo cambie de traballo.
Algún tempo despois, reciben a nova da morte do pai de Daigo. De xeito remiso, Daigo vai con Mika a outra vila para velo corpo. Nun comezo, Daigo non é quen de recoñecer ó seu pai, pero oféndese cando uns traballadores da funeraria manipulan sen o debido coidado o corpo. Daigo teima en vestilo el mesmo, e mentre o fai atopa unha carta de pedra que el lle dera ó seu pai cando era neno. A lembranza do seu pai volve á súa mente e, despois de rematar a cerimonia, Daigo achega suavemente a carta de pedra á barriga de Mika.
Produción
[editar | editar a fonte]Contexto cultural
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Nōkanshi.
Os funerais xaponeses son cerimonias moi ritualizadas que na maioría dos casos se realizan de acordo con ritos budistas.[3] Na preparación para o funeral, o corpo é lavado e os orificios son bloqueados con algodón ou gasas. O ritual de embalsamamento (chamado nōkan), tal como se representa Okuribito, é practicada moi raramente, mesmo nas áreas rurais.[4] Esta cerimonia non está estandarizada, pero polo xeral require dun profesional funerario (納棺師 nōkanshi?)[5] que prepara ritualmente o corpo, vísteo de branco e ás veces aplícalle maquillaxe. Despois o corpo ponse sobre xeo seco nun cadaleito, xunto coas posesións persoais e outros obxectos necesarios para a viaxe á outra vida.[6]
Malia a importancia dos rituais funerarios, na cultura tradicional xaponesa o tema é considerado sucio, como todo o relacionado coa morte que é unha fonte de kegare (deshonra). Despois de estar en contacto coa morte, os individuos deben limparse a si mesmos a través de rituais de purificación.[7] A xente que traballa directamente cos mortos, como os profesionais funerarios, son considerados sucios, e durante a era feudal eran considerados burakumin (intocables), obrigados a vivir nas súas propias aldeas e discriminados pola sociedade máis ampla. Malia o cambio cultural da Restauración Meiji de 1868, o estigma da morte aínda ten unha considerable forza dentro da sociedade xaponesa, e a discriminación contra os intocables continuou.[8][9]
Até 1972, a maioría das mortes eran xestionadas polas familias, con funerais na casa, ou nōkanshi. No ano 2014, arredor do 80% das mortes prodúcense nos hospitais, e a preparación dos corpos é realidazada polo persoal dos propios hospitais; neses casos, a miúdo a familia non ve o corpo até o funeral.[10] Unha enquisa de 1998 descubriu que un 29,5% dos xaponeses cren na outra vida, e un 40% adicional queren crer; esta crenza era máis alta entre a xente nova. A crenza na existencia dunha alma (54%) e a conexión entre os mundos dos vivos e os mortos (64,9%) tamén son moi comúns.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antes da creación da categoría en 1956, tres filmes xaponeses recibiron premios honoríficos: Rashomon (Akira Kurosawa; 1951), Jigokumon (Teinosuke Kinugasa; 1954) e Samurai I: Musashi Miyamoto (Hiroshi Inagaki; 1955)
- ↑ A coprodución xaponesa-soviética Dersu Uzala (Akira Kurosawa; 1975) gañou o premio, pero foille concedido á Unión Soviética (Armstrong).
- ↑ Sosnoski 1996, p. 70.
- ↑ Olsen 2009.
- ↑ Tamén chamado 湯灌師 (yukanshi?); yukan é o ritual de limpeza do corpo que precede ó nōkan propiamente.
- ↑ Kim 2002, pp. 225–257; Okuyama 2013, p. 4.
- ↑ Plutschow 1990, p. 30.
- ↑ Para unha discusión máis detallada sobre a posición dos kegare e a morte na sociedade xaponesa, véxase Okuyama 2013, pp. 8–12.
- ↑ Pharr 2006, pp. 134–135.
- ↑ Hosaka 2014, p. 58.
- ↑ Ide 2009, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adams, James (11 de xuño de 2009). "What a nice funeral – and dull too". The Globe and Mail (Toronto). Consultado o 24 de maio de 2014.
- Aera staff (30 de setembro de 2013). "Jakkan 31-sai no kōchō ga 'Okuribito Akademī' ni kaketa omoi" 弱冠31歳の校長が「おくりびとアカデミー」に懸けた思い [Youthful 31-year-old President Thoughts on Building the 'Okuribito Academy']. Aera (en xaponés) (Osaka). Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2014.
- Armstrong, Derek. "Departures (review)". Allmovie. Rovi. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Asahi Shimbun staff (2 de abril de 2010). "Bei Akademī-shō wo jushō sita, eiga Okuribito taibō no butaika eiga no sono ato wo egaku, aratana kandō no monogatari" 米国アカデミー賞を受賞した、映画「おくりびと」待望の舞台化映画のその後を描く、新たな感動の物語 [Academy Award-winning Departures Hoped-for Theatrical Adaptation Depicting What Happens After the Movie, A New Moving Tale]. Doraku (en xaponés) (Osaka: Asahi Shimbun). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2014.
- Asia Pacific Screen Academy (26 de novembro de 2009). "2009 Winners". Brisbane: Asia Pacific Screen Academy. Arquivado dende o orixinal o 08/06/2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- Asian Film Awards (2009). "3rd AFA Nominees and Winners". Hong Kong: Asian Film Awards. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014.
- Barber, Nicholas (6 de decembro de 2009). "Departures (12A)". The Independent (Londres). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Billboard Japan staff. "Okuribito orijinaru ・ saundotorakku" おくりびと オリジナル・サウンドトラック [Departures Original Soundtrack]. Billboard Japan (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- Blair, Gavin J. (13 de abril de 2009). "'Departures' welcomed at Japan boxoffice". Hollywood Reporter. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Blair, Gavin J. (16 de abril de 2009). "Yojiro Takita looks for foreign opportunities". Hollywood Reporter. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Blair, Gavin J. (1 de xullo de 2009). "Departures (Japan)". Hollywood Reporter. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Blair, Iain (28 de maio de 2009). "Just a Minute With: Japan's Oscar-winning Yojiro Takita". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2009.
- Box Office Mojo staff. "Departures". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2014. Consultado o 22 de maio de 2014.
- British Board of Film Classification (5 de outubro de 2009). "Departures". Londres: British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2012.
- Byrnes, Paul (12 de outubro de 2009). "Departures". The Sydney Morning Herald. Sydney. Arquivado dende o orixinal o 19/08/2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- CinemaCafé.net staff (31 de xullo de 2008). "Okuribito imēji songu de AI×Hisaishi Jō ni yoru ishoku no coraborēshon ga jitsugen!" 『おくりびと』イメージソングでAI×久石譲による異色のコラボレーションが実現! [Ai and Joe Hisaishi Realize Novel Collaboration with Departures Image Song]. CinemaCafé.net (en xaponés). Toquio. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2015. Consultado o 11 de xuño de 2014.
- Cinema Topics Online staff (20 de xaneiro de 2009). "Hon'nendo eiga-shō souname!! Okuribito iyoiyo 3-gatsu 18-nichi (sui) DVD rirīsu!" 本年度映画賞総なめ!!『おくりびと』いよいよ3月18日(水)DVDリリース! [This Year Swept the Film Awards!! Departures Finally to be Released 18 March!]. Cinema Topics Online (en xaponés). Toquio. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 3 de xuño de 2014.
- Cockrell, Eddie (2 de setembro de 2008). "Review: 'Departures'". Variety (Os Ánxeles). Consultado o 24 de maio de 2014.
- The Daily Telegraph staff (3 de decembro de 2009). "Departures, review". The Daily Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Danielsen, Shane (4 de decembro de 2009). "Oscar race a big deal for small countries". Variety. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2014. Consultado o 14 de xuño de 2014.
- Ebert, Roger (27 de maio de 2014). "Departures". rogerebert.com (Chicago). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Ebert, Roger (5 de decembro de 2011). "Departures (2009)". rogerebert.com. Chicago. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2014. Consultado o 5 de decembro de 2011.
- Eiga Ranking Dot Com staff. "Okuribito no shōryaku jōhō" 『おくりびと』の詳細情報 [More details on Departures]. Eiga Ranking Dot Com (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2015. Consultado o 23 de maio de 2014.
- Frater, Patrick (10 de novembro de 2008). "ContentFilm nabs 'Departures' rights". Variety. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2014. Consultado o 14 de xuño de 2014.
- French, Philip (6 de decembro de 2009). "Departures". The Observer (Londres). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Fukunaga, Seiji (12 de setembro de 2008). "Yūmoa no aru shi no monogatari" ユーモアのある死の物語 [A Tale about Death with a Sense of Humour]. Yomiuri Shimbun (en xaponés) (Evening ed.) (Toquio). p. 11.
- Gleiberman, Owen (27 de maio de 2009). "Departures". Entertainment Weekly (New York). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Gray, Jason (27 de febreiro de 2009). "Departures tops Japanese box office following Oscar win". Screen Daily. Londres. Consultado o 3 de xuño de 2014. (require subscrición (?)).
- Hagiwara, Kichirō (Spring 2009). "Eiga Okuribito soshite Mukaebito toshite" 映画「おくりびと」そして「むかえびと」として [The Film Departures, then as Pick-ups] (PDF). Future Sight (en xaponés) (Yamagata) (44): 8–9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 10 de xuño de 2014.
- Hale, Mike (15 de maio de 2009). "From ‘Pink Films’ to Oscar Gold". The New York Times. New York. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Handa, Takuya (xuño de 2010). "ソール・ベロー序論 : 死生観と『おくりびと』を中心に(I)" [Saul Bellow's View of Life and Death with Special Reference to Okuribito (1)] (PDF). Fukuoka University Review of Literature & Humanities (en xaponés) (Fukuoka: Fukuoka University) 42 (1): 57–82. ISSN 0285-2764. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 05 de xuño de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- Hong Kong Film Awards Association staff. "Dì 29 jiè xiānggǎng diànyǐng jīn xiàng jiǎng dé jiǎng míngdān" 第29屆香港電影金像獎得獎名單 [List of Winners at the 29th Hong Kong Film Awards] (en Chinese). Hong Kong: Hong Kong Film Awards Association. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- Hosaka, Takashi (2014). Isha ga kangaeru "migoto"-na saiki no mukaekata 医者が考える「見事」な最期の迎え方 [What a Doctor Thinks is a "Splendid" Way of Facing End-of-Life] (en xaponés). Toquio: Kakukawa Shoten. ISBN 978-4-04-110667-9.
- Howell, Peter (12 de xuño de 2009). "Departures: Sentimental journey". Toronto Star (Toronto). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Ide, Kenji (3 de marzo de 2009). "Dai 38-kai eiga Okuribito to nihonjin no shiseikan" 第38回 映画「おくりびと」と日本人の死生観 [No. 38: The Film "Departures" and Japanese Views of Life and Death]. China Internet Information Center (en xaponés). Consultado o 3 de xuño de 2014.
- Itzkoff, Dave (23 de febreiro de 2009). "'Departures': The Film That Lost Your Oscars Pool for You". The New York Times. New York. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Iwata, Mayuko (12 de setembro de 2008). "Shi no fūkei ha kiyoku utsukushii" 死の風景は清く美しい [Scenes of Death are Pure Beauty]. Chunichi Shimbun (en xaponés) (Evening ed.) (Nagoya). p. 8.
- Katsuta, Tomomi (12 de setembro de 2008). "Ikigami/Okuribito" イキガミ/おくりびと [Ikigami/Okuribito]. Mainichi Shimbun (en xaponés) (Evening ed.) (Toquio). p. 11.
- Kennicott, Philip. "Departures". The Washington Post (Washington, D.C.). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Kilday, Gregg (19 de xaneiro de 2009). "Palm Springs picks 'Departures'". Hollywood Reporter. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014.
- Kilday, Gregg (5 de maio de 2009). "Regent acquires 'Departures' rights". Hollywood Reporter. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014.
- Kim, Hyunchul (2002). "The Purification Process of Death: Mortuary Rites in a Japanese Rural Town". Asian Ethnology (Aichi) 71 (2). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- Kinema Junpo staff. "Okuribito" おくりびと [Departures]. Kinema Junpo (en xaponés). Toquio. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2014. Consultado o 30 de maio de 2014.
- Kobayashi, Chiho (4 de decembro de 2008). "Sakuhin-shō & kantoku-shō—Okuribito Takita Yōjirō kantoku kiji wo insatsu suru" 作品賞&監督賞ー「おくりびと」滝田洋二郎監督記事を印刷する [Best Film and Best Director Awards—Departures Director Yōjirō Takita will Publish an Account]. Nikkan Sports (en xaponés). Toquio. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- Kyodo News Staff (24 de febreiro de 2009). "Mitsuoka Jidōsha no reikyūsha "Okuriguruma" wo hatsubai" 光岡自動車の霊きゅう車 「おくりぐるま」を発売 [Mitsuoka Motors' Okuribito Hearse to be Put on Sale]. 47new (en xaponés) (Toquio: Kyodo News). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de xuño de 2014.
- Maeda, Yūichi (13 de setembro de 2008). "Okuribito 90-ten (100-ten manten-chū)" 『おくりびと』90点(100点満点中) [Departures 90/100]. 超映画批評 (en xaponés). Consultado o 1 de xuño de 2014.
- Maher, Kevin (6 de decembro de 2009). "Departures". The Times. Londres. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 23 de maio de 2014. (require subscrición (?)).
- Mathews, Jeremy (12 de xaneiro de 2010). "Departures". DVD Talk. Internet Brands. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- Metacritic staff. "Departures Reviews". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 12 de maio de 2014.
- Motion Picture Producers Association of Japan staff. "Shuppin sakuhin ・ jushō-reki" 出品作品・受賞歴 [Exhibition of Works and Awards] (en xaponés). Toquio: Motion Picture Producers Association of Japan. Consultado o 22 de maio de 2014.
- Mullins, Mark R. (2010). "From Departures to Yasukuni Shrine: Caring for the Dead and the Bereaved in Contemporary Japanese Society" (PDF). Japanese Religions (Kyoto: NCC Center for the Study of Japanese Religions) 35 (1 & 2): 101–112. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de novembro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- Moore, Roger (10 de xullo de 2009). "The dirty little secret of Oscar winner 'Departures'". Los Angeles Times. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Nippon Academy-shō Association staff. "Dai 23-kai Nihon Akademī-shō yūshū sakuhin" 第23回日本アカデミー賞優秀作品 [23rd Japan Academy Prize] (en xaponés). Toquio: Nippon Academy-shō Association. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2014. Consultado o 21 de agosto de 2014.
- Nippon Academy-shō Association staff. "Dai 22-kai Nihon Akademī-shō yūshū sakuhin" 第22回日本アカデミー賞優秀作品 [32nd Japan Academy Prize] (en xaponés). Toquio: Nippon Academy-shō Association. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014.
- Nomura, Masaaki (15 de setembro de 2008). "Intābyū: Takita Yōjirō" インタービュー:滝田洋二郎 [Interview: Yōjirō Takita]. Kinema Junpō (en xaponés) (Toquio) (1516): 58–61.
- Okuyama, Yoshiko (abril de 2013). "Shinto and Buddhist Metaphors in Departures". Journal of Religion and Film (Omaha: University of Nebraska Omaha) 17 (1, art. 39). ISSN 1092-1311. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2014.
- Oricon staff (14 de setembro de 2008). "Motoki Masahiro, jibun ga okurareru koro "ōnen no meisaku" to natta Okuribito mitai" 本木雅弘、自分がおくられる頃"往年の名作"となった「おくりびと」観たい [Masahiro Motoki, When it is His Time to Depart, he Wants to See his "Old Classic" Departures]. Oricon (en xaponés). Toquio. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- Paatsch, Leigh (14 de outubro de 2009). "Film review – Departures". Herald Sun (Melbourne). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- Pharr, Susan J. (2006). "Burakumin Protest: The Incident at Yōka High School". En Weiner, Michael. Race, Ethnicity and Migration in Modern Japan: Indigenous and Colonial Others. Londres: Routledge. pp. 133–145. ISBN 978-0-415-20856-7.
- Phipps, Keith (28 de maio de 2009). "Departures". The A.V. Club. Chicago. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- Ping, Yan; Ying, Bai (13 de setembro de 2008). "Jīnjī guójì yǐngzhǎn jǔxíng bānjiǎng diǎnlǐ" 金鸡国际影展举行颁奖典礼 [Rooster International Film Festival Awards Ceremony Held]. 163.com (en Chinese). Guangzhou: NetEase. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2014. Consultado o 10 de xuño de 2014.
- Plutschow, Herbert E. (1990). Chaos and Cosmos: Ritual in Early and Medieval Japanese Literature. Leiden: E. J. Brill. ISBN 978-90-04-08628-9.
- Porter, Edward (5 de decembro de 2009). "Departures". The Times (Londres). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 23 de maio de 2014. (require subscrición (?)).
- Puig, Claudia (31 de maio de 2009). "'Departures' is an emotional, poignant trip". USA Today (Tysons Corner, Virxinia). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- Rayns, Tony (maio-xuño de 2009). "Departures review". Film Comment (New York). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014.
- Rotten Tomatoes staff. "Okuribito (Departures) – Rotten Tomatoes". Rotten Tomatoes. Consultado o 24 de xullo de 2011.
- Rovi staff. "Departures|Releases". Allmovie. Rovi. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2014. Consultado o 22 de maio de 2014.
- Sapia staff (abril 2009). "Okuribito to Tsumiki no Ie ga Akademī-shō wo dōji ni jushō" 「おくりびと」と「つみきのいえ」がアカデミー賞を同時に受賞 [Departures and La Maison en Petits Cubes Win Academy Awards at the Same Time]. Sapia (en xaponés). Toquio: SAPIX小学部. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de xuño de 2014.
- Schilling, Mark (5 de setembro de 2008). "'Okuribito'". The Japan Times. Toquio/Osaka. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Schilling, Mark (20 de febreiro de 2009). "Funereal flick out to reap Japan an Oscar". The Japan Times. Toquio/Osaka. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Schilling, Mark (28 de agosto de 2009). "Producer casts wider net". Variety. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 14 de xuño de 2014.
- Schilling, Mark (11 de decembro de 2009). "A decade when Japan's cinema stood up to Hollywood menace". The Japan Times. Toquio/Osaka. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- Scott, A. O. (28 de maio de 2009). "Making a Living Handling Death". The New York Times (New York). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- Scott, Mike (28 de agosto de 2009). "Oscar-winning 'Departures' a surprisingly uplifting examination of loss". The Times-Picayune (New Orleans). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- Sharkey, Betsy (29 de maio de 2009). "'Departures' is an emotionally wrenching trip with a quiet man". Los Angeles Times. Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- Shinohara, Yūko (2013). "Eiga Okuribito no eigo jimaku ni okeru ibunka yōso (nihon-teki yūhyōsei) no hon'yaku hōryaku ni kansuru kōsaku" 映画『おくりびと』の英語字幕における異文化要素(日本的有標性)の翻訳方略に関する考察 [A Study of Strategies for Translating Culture-Specific Items in the English Subtitles of the film Departures] (PDF). 翻訳研究への招待 Invitation to Translation Studies (en xaponés) (Toquio: Japanese Association of Independent Television Stations) (9): 81–98. ISSN 2185-5307. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- Shioda, Tokitoshi (15 de setembro de 2008). "Kessaku" 傑作 [Masterpiece]. Kinema Junpō (en xaponés) (Toquio) (1516): 62–63.
- Sōma, Manabu (26 de febreiro de 2009). "Kiseki no "banguruwase"!? Okuribito ni naze gaikokugo eiga-shō ni kagayaita no ka!" 奇跡の"番狂わせ"!? 『おくりびと』はなぜ外国語映画賞に輝いたのか! [Miraculous 'upset'!? Departures is crowned the best foreign-language film of the year!]. The Nikkei (en xaponés). Toquio. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 2 de xuño de 2014.
- Sosnoski, Daniel, ed. (1996). Introduction to Japanese Culture. Rutland/Toquio: Tuttle. ISBN 978-0-8048-2056-1.
- Sports Nippon staff (15 de xaneiro de 2009). "Motoki Masahiro shuen Okuribito Burū Ribon-shō ni kettei" 本木雅弘主演「おくりびと」ブルーリボン賞に決定 [Masahiro Motoki, star of Departures, chosen for Blue Ribbon Award]. Sports Nippon (en xaponés) (Toquio). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- Spurlin, Thomas (24 de xaneiro de 2010). "Departures". DVD Talk. Internet Brands. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- Suzuki, Yosiaki (5 de abril de 2012). "Takita Yōjirō, Suo Masayuki: Pinku eiga kara sudatta mei-kantoku ōi" 滝田洋二郎、周防正行他 ピンク映画から巣立った名監督多い [Yōjirō Takita, Masayuki Suo: Many Famous Film Directors Come Out of Pink Film]. News Post Seven (en xaponés). Toquio. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 3 de xuño de 2014.
- Tabouring, Franck (28 de xaneiro de 2010). "Departures". DVD Verdict. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2014.
- Takabe, Tsutomu; Wakatsuki, Yūji (2009). Mō hitori no Okuribito もうひとりの「おくりびと」 [Another "Okuribito"] (en xaponés). Toquio: Toho Publishing. ISBN 978-4-8094-0786-4.
- Takahashi, Masahiro (10 de setembro de 2008). "Eiga de kikaku, manga wo tsukuru "komikaraizu" ga ryūsei" 映画で企画、漫画を作る 「コミカライズ」が隆盛 [In the Movies, Planning for Comics, Komikaraizu is Flourishing]. Asahi Shimbun (en xaponés). Osaka. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2014. Consultado o 22 de maio de 2014.
- Takita, Yōjirō (2008). "Interview with Yōjirō Takita" Departures (DVD). E1 Entertainment. OCLC 785846111.
- Tanabe, Hideyuki (2 de marzo de 2009). "Dai 81-kai Bei Akademī-shō gaikokygo eiga jushō Okuribito" 第81回米アカデミー賞 外国語映画受賞 「おくりびと」 [81st American Academy Awards Foreign-Language Film Winner Okuribito]. Mainichi Shimbun (en xaponés) (Toquio). p. 9.
- Tourtellotte, Bob; Reynolds, Isabel (23 de febreiro de 2009). "Mortician tale "Departures" surprises with Oscar". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2009.
- Tsukada, Izumi (15 de setembro de 2008). FACE08 本木雅弘 [Face 08: Motoki Masahiro]. Kinema Junpo (en xaponés) (Toquio) (1516): 1–3.
- "Okuribito orijinaru saundotorakku [CD]" 「おくりびと」オリジナルサウンドトラック [CD] ['Departures' Original Soundtrack [CD]] (en xaponés). Universal Music. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- Watanabe, Shōko (12 de setembro de 2008). "Okuribito: Sugasugashiku shi to mukiau" おくりびと:すがすがしく 死と向き合う [Departures: Freshly Facing Death]. The Nikkei (en xaponés) (Evening ed.) (Toquio). p. 20.
- Weekly Biz staff (9 de maio de 2009). "Gachi! Bout.52.51 Masahiro Motoki/Yōjirō Takita" ガチ!BOUT.52.51 本木雅弘/滝田洋二郎. Weekly Biz (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2014. Consultado o 3 de xuño de 2014.
- WorldCat staff. "Okuribito: on record: Onkyō piano torio (piano bansō/baiorin ・ chero pāto-fu tsuki)" おくりびと : on record : オンキョウピアノトリオ(ピアノ伴奏/バイオリン・チェロパート譜付き) [Departures on Record: Music for an Acoustic Trio]. WorldCat. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2014. Consultado o 24 de xuño de 2014.
- WorldCat staff. "Okuribito: piano & chero ・ pīsu" おくりびと : ピアノ&チェロ・ピース [Departures : Piano and Cello Pieces]. WorldCat. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2014. Consultado o 24 de xuño de 2014.
- WorldCat staff. "Okuribito". WorldCat. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2014. Consultado o 22 de maio de 2014.
- Yamagata Community Shinbun staff (22 de maio de 2009). "Okuribito no roke-chi būmu Kaminoyama mo atsui zo!" おくりびとロケ地ブーム 上山も熱いぞ! [Departures Film Location Boom: Kaminoyama is Hot, Too!]. Yamagata Community Shinbun (en xaponés) (Yamagata). Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014. Consultado o 11 de xuño de 2014.
- Yamagata News Online staff (22 de febreiro de 2014). "Okuribito roke-chi, raigetsu de kaikan he rōkyū-ka, nyūkansha mo genshō ・ Sakata" 「おくりびと」ロケ地、来月で閉館へ 老朽化、入館者も減少・酒田 [Departures Location to be Closed Next Month Due to Age, Decline in Visitors・Sakata]. Yamagata News Online (en xaponés). Yamagata. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014.
- Yamagata Television System staff (13 de maio de 2009). "Okuribito de Minato-za fukkatsu" 「おくりびと」で「港座」復活 [Minato-za Restored in Departures]. Yamagata Television System (en xaponés) (Yamagata). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 11 de xuño de 2014.
- Yamaguchi, Takurō. "Okuribito" おくりびと [Departures]. Eiga Judge (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 2 de xuño de 2014.
- Yamane, Sadao (12 de setembro de 2008). "Okuribito: zetsumyō no te no ugoki ni kokoro-utarete" 「おくりびと」:絶妙な手の動きに心打たれた [Okuribito: Touched by Exquisite Hand Movements]. Asahi Shimbun (en xaponés) (Evening ed.) (Osaka). p. 5.
- Yamane, Sadao (2012). "映画が立ち上がる瞬間". Nihon eiga jihyō henshū 2000–2010 日本映画時評集成 2000–2010 [Collected Commentary on Japanese Film 2000–2010] (en xaponés). Toquio: Kokusho Kankōkai. pp. 350–353. ISBN 978-4-336-05482-1.
- Yomiuri Shimbun staff (22 de febreiro de 2014). "Okuribito roke-chi, sangatsu-matsu de kōkai shūryō he" 「おくりびと」ロケ地、3月末で公開終了へ [Okuribito Shooting Locations to be Opened to the Public from Late March]. Yomiuri Shimbun (en xaponés). Toquio. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014.
- Yoshida, Narihiko (2010). Aidea wo katachi ni suru shigoto-jutsu: bijinesu ・ purodyūsā no nanatsu no nōryoku アイデアをカタチにする仕事術: ビジネス・プロデューサーの7つの能力 [Giving Shape to an Idea: Seven Skills of Business Producers] (en xaponés). Toquio: Toyo Keizai. ISBN 978-4-492-04367-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Okuribito na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)