Astrobioloxía
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
A astrobioloxía é un campo de estudo interdisciplinar que combina aspectos da astronomía, bioloxía e xeoloxía, e que está enfocado principalmente ao estudo da orixe, distribución e evolución da vida en astros diferentes da Terra e no espazo en xeral. Provén das palabras gregas astron = estrela, bios =vida e logos= palabra/ciencia, e é tamén coñecido como exobioloxía (grego: exo = fóra) ou xenobioloxía (grego: xenos = foráneo).
Algúns dos máis importantes temas de investigación astrobiolóxica inclúen:
- Que é a vida?
- Como apareceu a vida na Terra?
- Que clase de medio pode tolerar a vida?
- Como podemos determinar se a vida existe noutros planetas?
Pouco a pouco, tense comprobado que determinados organismos poden resistir as condicións ambientais no medio interplanetario, facendo máis verosímil a teoría da panspermia.[1]
Exobioloxía e xenobioloxía son termos tamén habituais na ciencia ficción, aínda que tipicamente eses termos refírense á bioloxía especulativa dun extraterrestre.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Exobiology in a box". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-07.