Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Fiz II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFiz II, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 440 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 492 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
48º Papa
14 de marzo de 483 – 3 de xaneiro de 492 (Gregoriano)
← SimplicioXelasio I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa25 de febreiro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1613784

Fiz II, finado o 1 de marzo de 492, foi un relixioso romano, Papa n.º 48 da Igrexa católica de 483 a 492.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertenceu á familia senatorial romana dos Anicia. Este aristócrata era fillo dun sacerdote e estivo casado, sendo pai de dous fillos, antes de ser elixido para suceder a Simplicio. A súa familia achegou no futuro outros dous papas, Agapito I e Gregorio I.

Elixido pontífice co apoio do rei xermano Odoacro, o seu primeiro acto foi negar o Henotikon ou "acto de unión", un edicto que o emperador bizantino Zenón promulgara en 482, intentando chegar a unha solución de compromiso entre o monofisismo e a doutrina considerada ortodoxa emanada do Concilio de Calcedonia.

A continuación enviou unha delegación de dous bispos a Constantinopla para intentar convencer ao inspirador do citado edicto, o patriarca Acacio, para que o rexeitase e para que anulase o nomeamento de patriarca de Alexandría, o monofisita Pedro o Notario, quen ocupara a sede patriarcal trala deposición do anterior patriarca, máis próximo aos postulados romanos.

Acacio non só non renunciou á súa doutrina nin anulou o nomeamento, senón que logrou atraer os propios legados pontificios aos seus postulados doutrinais. Fiz II convocou en resposta un concilio que, en 484, excomungou o patriarca Acacio, quen á súa vez respondeu borrando o nome do papa dos dípticos litúrxicos, o que equivalía á excomuñón do pontífice. Iniciouse así o Cisma acaciano, que dividiu a Igrexa durante os seguintes 35 anos.

Malia o enfrontamento con Constantinopla, Fiz chegou a un acordo co emperador Zenón para lograr que os vándalos arianos puxeran fin ás persecucións contra os cristiáns fieis a Roma no norte de África. Xurdiu entón o problema de que tratamento dar aos que se converteran ao arianismo debido a ditas persecucións e agora desexaban volver á ortodoxia. Fiz convocou un sínodo en 487, no que se fixaron as condicións en que se permitía o retorno deses cristiáns á Igrexa romana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Simplicio
Papa

483-492
Sucesor:
Xelasio I

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.