Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Gregorio XIV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gregorio XIV»)
Modelo:BiografíaGregorio XIV, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gregorius PP. XIV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Niccolò Sfondrati Editar o valor en Wikidata
11 de febreiro de 1535 Editar o valor en Wikidata
Somma Lombardo (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de outubro de 1591 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
229º Papa
5 de decembro de 1590 – 16 de outubro de 1591
← Urbano VIIInocencio IX →
Cardeal
12 de decembro de 1583 –
Bispo diocesano
13 de marzo de 1560 –
← Federico Cesi (pt) TraducirCesare Speciano (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Cremona (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLierna Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Perugia
Universidade de Padua
Universidade de Pavia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1564–), sacerdote católico (1560 (Gregoriano)–), político Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónCarlos Borromeu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de outubro de 1590Conclave do outono de 1590 (pt) Traducir
7 de setembro de 1590Conclave de setembro de 1590 (pt) Traducir
21 de abril de 1585Conclave de 1585 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisFrancesco Sfondrati Editar o valor en Wikidata  e Anna Visconti Editar o valor en Wikidata
IrmánsPaolo Sfondrati Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX958441 WikiTree: Sfondrato-1 Find a Grave: 7172267 Editar o valor en Wikidata

Gregorio XIV (en latín Gregorius XIV, en italiano Gregorio XIV), nado co nome de Niccolò Sfondrati en Somma (Lombardía) o 11 de febreiro de 1535 e finado en Roma o 16 de outubro de 1591, foi un relixioso italiano, elixido papa o 5 de decembro de 1590.

En 1591, confirma a excomunicación de Henrique IV, rei de Francia e de Navarra.

Orixes e formación

[editar | editar a fonte]

Nado Niccolò Sfondrati na comuna de Somma Lombardo (actualmente na provincia de Varese rexión da Lombardía, cando formaba parte do Ducado de Milán),[1] na clase alta da sociedade milanesa, pero foi coñecido polo seu modesto estilo de vida e rigurosa devoción. O seu pai era Francesco Sfondrati, un senador da antiga comuna de Milán nomeado cardeal polo papa Paulo III e a súa nai era Anna Visconti, membro da Casa de Visconti e quen faleceu durante o parto.

Realizou os seus estudos en Perugia e Padua.

Carreira eclesiástica

[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote en 1551[1] e en 1560 foi consagrado bispo de Cremona polo cardeal Carlos Borromeo, participando no Concilio de Trento entre 1561 e 1563 e sendo membro da comisión pro índice librorum en 1562.

Cardenalato

[editar | editar a fonte]

O 12 de decembro de 1583 foi nomeado por Gregorio XIII cardeal presbítero de Santa Icía. Durante este tempo foi amigo próximo de san Filipe Neri, quen predixo a súa elección como Sumo Pontífice.

Elección

[editar | editar a fonte]

Á morte de Urbano VII foi elixido o seu sucesor nun conclave que se prolongou durante máis de dous meses debido á inxerencia no mesmo do que pretendía que o elixido fose un dos sete cardeais que o rei español Filipe II consideraba adecuados para ocupar o solio pontificio.

Actuación pontifical

[editar | editar a fonte]

O papa Gregorio XIV non contaba con experiencia política, razón pola cal cedeu a administración diplomática ao seu sobriño, o cardeal Paolo Emilio Sfondrati.[2] Presidiu dous consistorios nos cales nomeou a cinco novos cardeais.

O seu mandato non estivo marcado por grandes acontecementos ou problemas. O único feito relevante do mesmo foi que, instigado polo rei de España e o duque de Mayenne, excomulgou a Henrique IV de Francia, que se puxera de acordo cos reformistas,[3] declarándoo herexe para despois privalo dos seus dominios. Tras isto, ofreceu a Filipe II o trono de Francia como sucesor de Henrique III de Valois, o cal obrigou á conversión ao catolicismo do sucesor lexítimo Henrique IV para acceder ao trono francés.[2]

Profecía de san Malaquías

[editar | editar a fonte]

Se se aplicasen as profecías san Malaquías, a este Papa lle correspondería o lema Ex antiquitate urbis (Da antigüidade da cidade). Con todo, o lema aplícase mellor ao cardeal que, no conclave de 1590, disputáballe o solio papal, Girolamo Simoncelli. Simoncelli era orixinario de Orvieto (Urbs Vetus en latín, é dicir, cidade-antiga); pola contra, para facer que a Sfrondati lle encaixe o lema Ex antiquitate urbis, hai que dicir xeneralidades. A raíz deste dato o xesuíta Claude-François Menestrier demostrou en 1689 que a lista atribuída a san Malaquías de Armagh é unha falsificación orixinada no mesmo Simoncelli ou algún do seu partido para favorecer a súa candidatura á morte de Urbano VII.[4]

  1. 1,0 1,1 The Cardinals of the Holy Roman Church (inglés), URL último acceso o 01/05/2007.
  2. 2,0 2,1 Vidal Manzanares, César (1997), pp. 67.
  3. Gregorio XIV, Historia de la Iglesia, Conoze, URL último acceso o 01/05/2007.
  4. Ménestrier, Claude-Franóis (1689lugar-publicación=París). Réfutation des prétendues prophéties de St Malachie. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.