Sisto I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
(1842) | |
Nome orixinal | (la) Sixtus PP. I Romanus (la) Xystus PP. I Romanus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 42 Roma, Italia |
Morte | década de 120 (83/93 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
7º Papa | |
década de 110 – década de 120 ← Alexandre I – Telésforo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo e Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Celebración | Igrexa católica |
Día de festividade relixiosa | 3 de abril |
Símbolo iconográfico | Papal symbols (en) |
Patrón de | Alife (pt) e Alatri |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Sixtus I. |
Sisto I, chamado logo san Sisto, nado probablemente en Roma e morto talvez na mesma cidade en 126, foi bispo cristián de Roma entre o 113 e o 126[1].
Vida e pontificado
[editar | editar a fonte]Como na maior parte dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida e do seu labor profesional, e os feitos que se lle atribúen son a miúdo dubidosos. Crese que procedía dunha familia da Elvidia (Grecia), e o Liber pontificalis di que sistematizou algúns ritos prohibindo que os obxectos sagrados fosen tocados por persoas que non fosen ministros oficiados. Tamén se lle atribúe o triplo canto do Sanctus na misa, a norma de que os bispos que van a Roma deben regresar ás súas dioceses cunha misiva de comuñón co papa, e unhas epístolas apócrifas sobre a doutrina da Trindade.
Durante o seu pontificado comezan a rexistrarse as primeiras diferenzas entre a Igrexa de Occidente e a Igrexa de Oriente, por cuestións do calendario de celebración da Pascua.
Morte e santidade
[editar | editar a fonte]Como todos os papas que o foron antes da emisión do Edicto de Milán, é considerado santo. Ademais, a Igrexa teno por mártir e venérao o 6 de abril a canda os outros papas santos co mesmo nome Sisto II e Sisto III, se ben non está probado que fose asasinado polas súas crenzas.
Foi soterrado no Vaticano por mandato de Pascual I. As súas reliquias atoparíanse pois neste templo, e mais nas catedrais de Alatri e de Alife, dúas vilas do interior de Italia, ata onde serían levadas na Idade Media.
Parroquias galegas
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Sisto.