George Eliot
Aparencia
Mary Ann Evans, tamén escrito como Mary Anne ou Marian, e coñecida polo seu pseudónimo George Eliot, nada o 22 de novembro de 1819 e finada o 22 de decembro de 1880, foi unha novelista, xornalista e tradutora británica. Trátase dunha das figuras máis destacadas da era vitoriana. É autora de sete novelas, entre as que figuran Adam Bede (1859), The Mill on the Floss (1860), Silas Marner (1861), Middlemarch (1871–72), e Daniel Deronda (1876), moitas delas contextualizadas na Inglaterra provincial e enfocadas dende un punto de vista realista e psicolóxico. De entre esas obras destaca sobre todo Middlemarch, que foi descrita por Martin Amis[1] e Julian Barnes[2] como a máis importante novela en lingua inglesa.
Traducións ao galego
[editar | editar a fonte]- Silas Marner. O tecelán de Raveloe (Silas Marner: The Weaver of Raveloe, 1861). Tradución de Celia Recarey, Irmás Cartoné, 2016.[3]
- O veo alzado (The Lifted Veil, 1859). Tradución de Alejandro Tobar, Editorial Hugin e Munin, 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Long, Camilla. Martin Amis and the sex war, en The Times o 24 de xaneiro de 2010, p. 4: "They've [women] produced the greatest writer in the English language ever, George Eliot, and arguably the third greatest, Jane Austen, and certainly the greatest novel, Middlemarch..."
- ↑ Guppy, Shusha. Interviews: Julian Barnes, The Art of Fiction No. 165. en The Paris Review (inverno de 2000). 26 de maio de 2012.
- ↑ Ficha da obra Arquivado 16 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. no sitio web da editorial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |