George Porter
George Porter, Barón Porter de Luddenham, OM, FRS, nado o 6 de decembro de 1920 en Stainforth (Inglaterra) e finado o 31 de agosto de 2002 en Canterbury (Inglaterra), foi un químico e profesor de universidade inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1967.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Stainforth, condado de Yorkshire. Realizou os seus estudos de química na Universidade de Leeds onde se licenciou. Durante a segunda guerra mundial alistouse na Mariña Real Británica como voluntario e ao terminar esta estivo axudando a Ronald George Wreyford Norrish da Universidade de Cambridge. Posteriormente traballa como profesor na Universitat de Shefield e como chanceler da Universidade de Leicester entre 1984 e 1995.
Membro da Royal Society de Londres, da que foi presidente entre 1985 e 1990. En 1972 recibe a Orde do Imperio Británico de mans da raíña Isabel II do Reino Unido, en 1989 foille concedida a Orde do mérito, en 2002 trasládase á súa residencia de Canterbury, situada no condado de Kent.
Investigación científica
[editar | editar a fonte]Inicia a súa carreira científica á beira de Ronald Norrish, realizando estudos sobre as reaccións químicas que se realizan a gran velocidade. Realizou traballos sobre as partículas de clorina e o equilibrio entre átomos e moléculas.
En 1967 foi galardoado co Premio Nobel de Química "polas súas investigacións sobre as reaccións químicas extremadamente rápidas, que son causadas por destrución do equilibrio debido a un curto impulso enerxético", premio que comparte co británico Ronald Norrish e o alemán Manfred Eigen.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1967 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1967 (en inglés)
Predecesor: Robert S. Mulliken |
Premio Nobel de Química 1967 con Manfred Eigen e Ronald George Wreyford Norrish |
Sucesor: Lars Onsager |