Harold Urey
Harold Clayton Urey, nado o 29 de abril de 1893 en Walkerton (Indiana) e finado o 5 de xaneiro de 1981 no barrio de La Jolla (San Diego), foi un químico e profesor universitario estadounidense, pioneiro en traballar con isótopos co que gañou o Premio Nobel de Química en 1934 e máis tarde conduciuno a Teoría da Evolución Paleontolóxica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do Reverendo Samuel Clayton Urey e Cora Rebecca Riensehl. Logo dun curto período de aprendizaxe, obtén un título en zooloxía na Universidade de Montana en 1917, e entra a traballar na compañía química Barrett de Filadelfia, Pensilvania. Durante a primeira guerra mundial dedicouse á investigación, continuando despois os seus estudos na Universidade de California, onde se doutorou en 1923 e estudou física atómica con Niels Bohr na Universidade de Copenhaguen (1923-1924), que viña de traballar na estrutura do átomo no Instituto para a Física Teórica de Copenhaguen.
Desde 1919 e ata 1957 exerceu o ensino, sucesivamente na Universidade de de Montana, Universidade Johns Hopkins (1924-1929) e Universidade de Columbia (1934-1945) reúne un equipo de socios que incluíron a Rudolph Schoenheimer, David Rittenberg e Thomas Ivan Taylor, así como na Universidade de Chicago, onde foi profesor de química do Instituto de Estudos Nucleares, e Universidade de Oxford. En 1958 foi profesor na Universidade de California en San Diego.
Finalmente, Harold faleceu no barrio de La Jolla, na cidade de San Diego, o 5 de xaneiro de 1981, e foi enterrado no cemiterio Fairfield, en DeKalb County, no seu natal Indiana.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Os seus traballos centráronse inicialmente no illamento de isótopos pesados do hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, carbono e xofre, sendo galardoado en 1934 co Premio Nobel de Química pola obtención de deuterio (hidróxeno pesado) e o illamento da auga pesada (óxido de deuterio, D2O ou ²H2O.).
No transcurso da segunda guerra mundial, dirixiu, na Universidade de Columbia, o grupo de investigación sobre métodos de separación do isótopo do uranio, U-235, do U-238, e a produción de auga pesada. Contribuíu, ademais, ao desenvolvemento da bomba de hidróxeno. Finalizadas estas investigacións, desenvolveu unha grande actividade dentro do grupo de científicos atómicos que solicitaban o control internacional da enerxía atómica.
Dedicouse tamén a realizar investigacións sobre xeofísica, o problema da orixe do Sistema Solar e sobre paleontoloxía.
Ademais do Premio Nobel, obtivo en 1966 a Medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica.
En colaboración co físico estadounidense Arthur Edward Ruark, escribiu Átomos, moléculas e cantos (1930) e Os planetas: a súa orixe e desenvolvemento (1952).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Na súa honra bautizáronse o cráter Urey sobre a superficie da Lúa así como o asteroide (4716) Urey descuberto o 30 de outubro de 1989 por Schelte J. Bus
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1934 (en inglés).
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés).
- Perfil de Harold Clayton Urey en NNDB (en inglés)
- Biografía da Academia Nacional de Ciencias(en inglés).
Predecesor: Irving Langmuir |
Premio Nobel de Química 1934 |
Sucesor: Frédéric Joliot Irène Joliot-Curie |
- Químicos dos Estados Unidos de América
- Premio Nobel de Química
- Medalla Davy
- Orixe da vida
- Nados no condado de St. Joseph, Indiana
- Nados en 1893
- Finados en 1981
- Alumnos da Universidade de Montana
- Alumnos da Universidade de California, Berkeley
- Personalidades do Proxecto Manhattan
- Premios Nobel dos Estados Unidos de América