Richard Johann Kuhn
Richard Johann Kuhn, nado o 3 de decembro de 1900 en Viena (Imperio Austrohúngaro) e finado o 1 de agosto de 1967 en Heidelberg (Alemaña), foi un bioquímico alemán que recibiu o Premio Nobel de Química de 1938 polas súas experiencias con compostos aromáticos e hidrocarburos alifáticos, así como traballos con carotenoides e vitaminas, especialmente a vitamina B2 e a B6.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Viena, naqueles momentos capital do Imperio Austrohúngaro e que hoxe o é de Austria.
Foi fillo do enxeñeiro Richard C. Kuhn e da profesora Angelika Rodler. Estudou na Universidade de Viena onde se licenciou en 1921, e na Universidade de Múnic, onde obtivo o seu doutoramento en 1922 cunha tese titulada "Sobre a especifidade dos encimas" baixo a dirección do premio Nobel de Química de 1915, Richard Martin Willstätter. Desde 1925 impartiu clases nesta universidade. En 1930 foi nomeado xefe do departamento de química do Instituto de Investigación Médica Emperador Guillermo, da Universidade de Heidelberg, sendo director do mesmo desde 1937. Durante anos colaborou co Instituto Max Planck e a Universidade de Pensilvania.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Investigou acerca da constitución do caroteno, o que lle permitiu chegar a sintetizar a vitamina A. Formou parte dun grupo de científicos alemáns que conseguiron illar e posteriormente sintetizar a riboflavina ou vitamina B2. Así mesmo traballou acerca da estereoquímica e os encimas.
En 1938 foille outorgado o premio Nobel de Química por estas investigacións. Recibiuno en 1949, pois o réxime nacional socialista impediulle recibilo no seu momento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1938 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Richard Johann Kuhn en NNDB (en inglés)
Predecesor: Walter Norman Haworth Paul Karrer |
Premio Nobel de Química 1938 |
Sucesor: Adolf Friedrich Johann Butenandt Leopold Ruzicka |