Gilbert Keith Chesterton
Gilbert Keith Chesterton, nado en Londres o 29 de maio de 1874 e finado en Beaconsfield o 14 de xuño de 1936, foi un escritor inglés de inicios do século XX. Cultivou, entre outros xéneros, o ensaio, a novela, a biografía, a poesía, o xornalismo e o libro de viaxes. O seu personaxe máis famoso é o Padre Brown, un sacerdote católico de aparencia inxenua que exerce de detective e que aparece en máis de 50 historias reunidas en cinco volumes, publicados entre 1911 e 1935.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gilbert Keith naceu nunha familia de clase media, e foi bautizado nunha pequena igrexa anglicana, chamada St. George. Ao pouco de nacer Chesterton o seu pai xubilouse por un problema cardíaco, pero seguiu obtendo unha renda do seu negocio familiar de topografía. Chesterton tivo dous irmáns, unha maior, chamada Beatrice, que faleceu sendo aínda nena, e un máis novo, Cecil, co que compartiría aventuras xornalísticas.
A súa educación iniciaríase na escola de Colet Court, en 1881, onde permaneceu ata 1886. En xaneiro de 1887 ingresou nun colexio privado de nome St. Paul, en Hammersmith Road. Logo estudaría debuxo e pintura na Slade School of Art" (1893-1896), onde aprendeu a debuxar, algo que máis adiante lle permitiría ilustrar tanto para as súas obras, como libros do seu amigo Hilaire Belloc.
Durante esta época interesouse polo ocultismo. Na súa Autobiografía sinala que dentro do grupo dos que realizaban espiritismo, ocultismo ou xogos co demo?, el era o único dos presentes que realmente cría no demo. Retirouse da universidade sen alcanzar un título, e comezou a traballar en diferentes xornais, onde traballou como editor de literatura espiritista e teosofía.
As colaboracións cos xornais fixérono rapidamente famoso. Opúxose á guerra dos Bóers de 1889, pola súa ideoloxía antiimperialista, pero denostaba o pacifismo, e apoiou a participación británica na primeira guerra mundial (1914-1918). Porén, non participou en ningunha das dúas: medía 1'93 centímetros e pesaba ao redor de 134 quilos.
Asociado primeiro aos liberais británicos, comezou a escribir en The Speaker e a gañar sona como autor de ensaio e de novelas, como coa novela O Napoleón de Notting Hill (1904), ou con Heretics, un ensaio de 1905 onde se dedica á crítica literaria de Lev Tolstoi ou Bernard Shaw. Continuou as súas simpatías liberais escribindo no Daily News, pero a partir de 1910, grazas á súa amizade co escritor anglofrancés Hilaire Belloc, deu unha fonda viraxe relixiosa e ideolóxica. Dende o punto de vista relixioso, Chesterton, que na súa mocidade virara agnóstico e que a raíz de que en 1901 contraera matrimonio con Frances Blogg, anglicana practicante, se achegara de novo ao cristianismo, comezou a achegarse ao catolicismo. Con todo, non se convertería, logo dun amplo tempo de reflexión, ata 1922.
Por outra parte, Belloc compartiu con el a teoría política que os faría famosos, o distributismo, unha especie de reforma agraria que lle concedería a cada británico unha pequena propiedade de terra para a súa explotación de carácter anticapitalista. O distributismo afastouno do liberalismo e achegouno ao tradicionalismo, se ben mantivo unha ampla independencia partidaria. Foron os tempos dos tres xornais que fundaron entre el, Belloc e máis seu irmán Cecil: o Eye Witness (1911), o New Witness (1912), e posteriormente, logo de problemas económicos e de que Cecil falecese na guerra en 1916, o G.K.'s Weekly (1925).
Obras
[editar | editar a fonte]- The Wild Knight and Other Poems, 1900
- The Defendant, 1901
- Twelve Types, 1902
- Robert Browning, 1902
- The Napoleon of Notting Hill, 1904
- G. F. Watts, 1904
- The Club of Queer Trades, 1905
- Heretics, 1905
- Charles Dickens, 1906
- The Man Who Was Thursday, 1908. Traducido ao galego por Marta Verán Pais como O home que era Xoves (2010).
- Orthodoxy, 1908
- All Things Considered, 1908
- George Bernard Shaw, 1909
- Tremendous Trifles, 1909
- The Ball and the Cross, 1910
- What's Wrong with the World, 1910
- Alarms and Discursions, 1910
- The Innocence of Father Brown, 1911
- The Ballad of the White Horse, 1911
- Manalive, 1911
- A Miscellany of Men, 1912
- The Victorian Age in Literature, 1912
- The Wisdom of Father Brown, 1914
- The Flying Inn, 1914
- The Barbarism of Berlin, 1914
- The Crimes of England, 1915
- A Short History of England, 1917
- Irish Impressions, 1919
- The New Jerusalem, 1920
- Eugenics and Other Evils, 1922
- The Man Who Knew Too Much, 1922
- What I Saw in America, 1922
- Francies versus Fads, 1923
- St. Francis of Assisi, 1923
- The Everlasting Man, 1925
- Tales of the Long Bow, 1925
- William Cobbett, 1925
- The Outline of Sanity, 1926
- The Incredulity of Father Brown, 1926
- Collected Poems, 1927
- The Return of Don Quixote, 1927
- Robert Louis Stevenson, 1927
- The Secret of Father Brown, 1927
- Generally Speaking, 1928
- The Thing, 1929
- The Poet and the Lunatics, 1929
- Come to Think of It, 1930
- The Resurrection of Rome, 1930
- Four Faultless Felons, 1930
- St. Thomas Aquinas, 1933
- All I Survey, 1933
- Avowals and Denials, 1934
- The Well and the Shallows, 1935
- The Scandal of Father Brown, 1935
- Autobiography, 1936
- The Paradoxes of Mr. Pond, 1937, póstuma.
- The Common Man, 1950, póstuma.