Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Guerras indias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cromolitografía de 1899 representando a cabalaría dos Estados Unidos perseguindo xinetes nativos nas chairas.

As guerras indias é o nome que reciben o conxunto de conflitos e guerras menores entre os colonizadores europeos en América do Norte e os distintos pobos indíxenas. Estes conflitos ocorreron dentro das fronteiras actuais dos Estados Unidos de América e do Canadá, nun período de tempo que abrangue dende os primeiros asentamentos de colonos no século XVI até a década de 1920. As guerras indias foron provodadas pola competencia de terra e recursos entre os habitantes nativos e os colonizadores europeos. Os poderes europeos tamén alistaban nativos americanos para que os axudasen na súa loita contra outras potencias coloniais.

Estas guerras comprenden un espazo de tempo entre as primeiras épocas coloniais até o masacre de Wounded Knee e o estabelecemento definitivo da fronteira dos Estados Unidos no ano 1890, malia que os conflitos de baixa intensidade continuaron até o ano 1918. Os conflitos resolvéronse polo xeral coa conquista e o exterminio dos pobos indíxenas ou coa asimilación cultural e a reclusión forzosa en reservas. Segundo unha estimación da oficina do censo dos Estados Unidos no ano 1894, calculouse que as guerras supuxeron até o ano 1890 a morte de 45 000 indíxenas defensores e 19 000 estadounidenses. A estimación inclúe tanto combatentes coma poboación civil, mulleres e nenos que morrían a miúdo, nun claro exemplo de limpeza étnica.[1]

  1. Clavero, Bartolomé (2008). Genocide Or Ethnocide, 1933-2007 (en inglés). Giuffrè Editore. p. 139. ISBN 8814142777. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Parry, Mae. "The Northwestern Shoshone". In A History of Utah's American Indians, ed. Forrest S. Cuch. Utah State University Press, 2010. ISBN 978-0-91373-849-8
  • Parker, Aaron. The Sheepeater Indian Campaign (Chamberlin Basin Country). Idaho Country Free Press, c1968.
  • Raphael, Ray. A People's History of the American Revolution: How Common People Shaped the Fight for Independence. Nova York: The New Press, 2001. ISBN 0-06-000440-1.
  • Remini, Robert V. Andrew Jackson and his Indian Wars. Nova York: Viking, 2001. ISBN 0-670-91025-2.
  • Richter, Daniel K. Facing East from Indian Country: A Native History of Early America. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, 2001. ISBN 0-674-00638-0.
  • Thornton, Russell. American Indian Holocaust and Survival: A Population History Since 1492. Oklahoma City: University of Oklahoma Press, 1987. ISBN 0-8061-2220-X.
  • Utley, Robert M. e Wilcomb E. Washburn. Indian Wars (2002) excerpt and text search
  • Yenne, Bill. Indian Wars: The Campaign for the American West. Yardley, PA: Westholme, 2005. ISBN 1-59416-016-3.