Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Imhotep

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaImhotep

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XXVIII a. C. Editar o valor en Wikidata
Menfis, Exipto Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XXVII a. C. Editar o valor en Wikidata
Antigo Exipto Editar o valor en Wikidata
Sabio
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, astrónomo, enxeñeiro, médico Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiKheredu-ankh Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRealencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Traducir
Dictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4948806
Estatua votiva en bronce do arquitecto deificado Imhotep. Baixa Época séculos VI-IV a.c. Museo do Louvre
M18mR4

Imhotep ou Imouthes, que significa "o que vén en paz", foi un visir e o arquitecto da primeira pirámide, a Pirámide de Zoser (2.667-2.648 a.C.), da dinastía III do Antigo Exipto.

Manetón outorgoulle o mérito de introducir a arquitectura en pedra traballada. Asemade, suponse que redactou un certo número de obras das chamadas "Instrucións" (sebayt), aínda que ningunha delas chegase ata nós.

Pola súa gran sabedoría obtivo unha gran reputación, tanta que aproximadamente douscentos anos despois da súa morte aparecen as primeiras evidencias da súa deificación (algo moi raro no Antigo Exipto fora das figuras dos faraóns).

Está considerado unha deidade vinculada á Sabedoría, escritura e medicina, emparentándose cos cultos dos deuses Ptath e Thot. Os gregos identificárono co seu deus da medicina Asclepio ou Esculapio, e o seu centro de culto en Saqqara: o Asklepeion, converteuse nun importante lugar de peregrinación para os enfermos, que lle ofrecían corpos momificados de Ibis ou réplicas en barro dos membros ou órganos enfermos.

A súa tumba aínda non se atopou pero algúns manteñen que puidera ser a mastaba 3518 de Saqqara (que carece de inscricións).

Na Baixa Época foi común velo representado en figuriñas de bronce coma un escriba sentado desenrolando un papiro sobre os seus xeonllos. Unha delas foi encontrada en Menorca na década de 1970 durante a escavación dun sitio arqueolóxico da cultura talaiótica e hoxe encóntrase no Museo de Menorca.[1] Foi fabricada no Antigo Exipto no século VII a. C. e é a única do mundo encontrada nun sitio arqueolóxico fóra de territorio exipcio.[2]

  1. "Imhotep - Model 3D". Museu de Menorca www.museudemenorca.com (en catalán). Consultado o 3 de outubro de 2024. 
  2. "Una pirámide, un talaiot y el arquitecto Imhotep - menorca al día". menorca al día - El diario digital de Menorca (en castelán). 2022-06-11. Consultado o 2024-10-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]