James Bradley
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1693 Sherborne (Reino de Inglaterra) |
Morte | 13 de xullo de 1762 (69 anos) Chalford (Reino de Gran Bretaña) |
Lugar de sepultura | Church of the Holy Trinity (en) 51°42′22″N 2°11′10″O / 51.706165, -2.185978 |
3º Astrónomo Real | |
1742 – 1762 ← Edmund Halley – Nathaniel Bliss → | |
Cátedra Saviliana de Astronomia (pt) | |
1721 – 1762 ← John Keill (pt) – Thomas Hornsby (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Universidade de Oxford (1714–1717) Balliol College, Oxford (pt) (1710–1714) |
Director de tese | James Pound |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Oxford (1721–1762) Igrexa de Inglaterra (1719–1721) |
Membro de | |
Alumnos | Nevil Maskelyne |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parentes | James Pound, tío materno |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
James Bradley, nado en marzo de 1693 e finado o 13 de xullo de 1762, foi un astrónomo inglés, nomeado Astrónomo Real da coroa inglesa en 1742. É famoso polo seu descubrimento da aberración da luz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bradley naceu en Sherborne, preto de Cheltenham en Gloucestershire en marzo de 1693. Ingresou no Balliol College (Oxford) o 15 de marzo de 1711 e gradououse en B.A. (Bachelor of Arts) e M.A. (Master of Arts) en 1714 e 1717 respectivamente. Efectuou as súas primeiras observacións na casa parroquial de Wanstead en Essex, baixo a tutela do seu tío, o reverendo James Pound, e foi elixido socio da Royal Society o 6 de novembro de 1718.
Ordenouse vicario de Bridstow ó ano seguinte e o seu amigo, o astrónomo irlandés Samuel Molyneux, procuroulle unha pequena sinecura en Gales. Colgou os hábitos en 1721, cando foi elixido para ocupar a cadeira Savilian de astronomía na Universidade de Oxford, ao mesmo tempo que como profesor adxunto de filosofía experimental (1729 - 1760) pronunciou 79 cursos de clases no museo Ashmolean.
O seu memorable descubrimento da aberración da luz foi anunciado á Royal Society en xaneiro de 1729 (Phil. Trans. xxxv. 637). As observacións sobre as que se baseou foron realizadas na casa de Molyneux en Kew Green; segundo os seus datos, a velocidade da luz aproximábase aos 283.000 quilómetros por segundo.
En 1727 notou que as declinacións de certas estrelas parecían oscilar erráticamente, como se o eixo da Terra cabecease periodicamente: non anunciou a detección adicional da nutación ata o 14 de febreiro de 1748 (Phil. Trans. xlv. I), cando comprobou a súa veracidade grazas a minuciosas observacións realizadas nunha revolución completa (18,6 anos) dos nodos da Lúa, xa que é esta a que, actuando sobre o abultamiento ecuatorial do noso planeta, faino cabecear periodicamente.
En 1742 foi designado para suceder a Edmund Halley como Astrónomo Real. A súa elevada reputación permitíulle solicitar con éxito unha serie de instrumentos que custaron 1.000£ e cun cuadrante de 8 pés construído para el en 1750 por John Bird, acumulou en Greenwich durante dez anos medicións de inestimable valor para a reforma da astronomía. En 1752 a coroa concedeulle unha pensión 250£ anuais.
Retirouse por problemas de saúde nove anos máis tarde ao pobo de Chalford, en Cotswold (Gloucestershire), onde morreu en Skiveralls House o 13 de xullo de 1762. A publicación da súas observacións viuse atrasada pola disputa da súa propiedade, pero foron finalmente editadas por Clarendon Press, Oxford, en dous volumes (1798, 1805). A perspicacia e dilixencia de Friedrich Wilhelm Bessel foron porén necesarias para a comprensión da súa fundamental importancia.
As sumamente precisas medicións estelares demostraron que se as paralaxes estelares existían, estas debían ser sempre máis pequenas que 1": máis tarde confirmaríase coa medición da paralaxe de Sirio, 61 Cygni e Alpha Centauri, todas elas por debaixo dos 0.88".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James Bradley |