Jonathan Kasibabu
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1996 (28 anos) Kisangani, República Democrática do Congo (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Fairfield University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e NBA G League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
10 de febreiro de 2021 | 2020–21 NBA G League season (en) |
Jonathan Kasibabu, nado o 24 de abril de 1996 en Kisangani, é un xogador profesional de baloncesto congolés. Cunha altura de 2,04 m xoga nas posicións de ala-pivote.[1] Formado na canteira do Real Madrid, actualmente xoga para o Zunder Palencia da Liga LEB Ouro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Kisangani, na República Democrática do Congo, Kasibasu formouse nas categorías inferiores do Canterbury,[2] até que en 2012 ingresou na canteira do Real Madrid, onde xogou en categoría júnior. Na temporada 2014−15, vaise aos Estados Unidos para formar parte da Westtown School en West Chester, Pensilvania e, ao ano seguinte, ingresa na Universidade de Fairfield, Connecticut, para xogar durante catro temporadas na NCAA. Na súa última temporada no baloncesto universitario fixo unha media de 10,6 puntos e 7,4 rebotes por xogo.[1]
Após non ter sido drafteado en 2019, na temporada 2019−20 asina polos Long Island Nets da NBA G League, equipo vinculado ao Brooklyn Nets da NBA. No equipo de Long Island fixo unha media de 7,5 puntos e 6,3 rebotes por encontro. Na seguinte temporada continua na G League, esta vez nos Austin Spurs, onde ten unha aportación estatística semellante con 7,3 puntos por encontro. Na temporada 2021−22 regresa a Europa, asinando polo Nantes Basket Hermine da LNB Pro B, a segunda categoría do baloncesto francés. Tras finalizar a temporada, o 18 de agosto de 2022 asina co Río Breogán da Liga ACB.
Clubs
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira, Brajkovic ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[1]
- Long Island Nets (G League, 2019–2020)
- Austin Spurs (G League, 2020–2021)
- Nantes Basket Hermine (Pro B, 2021−2022)
- Río Breogán (ACB / Champions League, 2022−presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Luka Brajkovic, Basketball Player". Proballers (en inglés).
- ↑ "Kasibabu". Real Madrid.