Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Julie Cafritz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulie Cafritz
Biografía
Nacemento5 de maio de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Brown Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica noise Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: b99fc6af-0753-4f0a-832f-615d9e61394c Songkick: 5246698 Editar o valor en Wikidata

Julia Cafritz, nada o 5 de maio de 1965, é unha músico e guitarrista estadounidense[1] que foi membro das bandas Pussy Galore e Free Kitten. Cafritz está considerada como unha figura de culto da escena da música noise da cidade de Nova York City dos anos 90.[2][3]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Cafritz naceu en Washington, D.C., sendo a filla de Jennifer (apelido de solteira Stats) e Conrad Cafritz, un promotor inmobiliario. Tiña unha irmá máis nova chamada Daisy von Furth, e dous irmáns, Eric e Matthew Cafritz. O seu avó era o filántropo de orixe lituana Morris Cafritz.

Cafritz ten un grao e un mestrado en artes pola Universidade de Nova York.

Pussy Galore

[editar | editar a fonte]

No ano 1985 Julia Cafritz (guitarra) e o seu compañeiro de clase na Universidade Brown Jon Spencer (voz e guitarra), xunto co batería John Hammill, formaron a banda de punk noise Pussy Galore. No mes de maio de 1986 mudáronse á cidade de Nova York.

En 1989 Cafritz deixou Pussy Galore e formou a banda de mulleres de curta vida STP. O grupo publicou un sinxelo e xirou con Nirvana e Sonic Youth. Cafritz uniuse ao grupo de Ned Hayden, o compañeiro de traballo na CBGBs Record Canteen, chamado Action Swingers.

Free Kitten

[editar | editar a fonte]

No ano 1992 formou Free Kitten, unha colaboración musical con Kim Gordon de Sonic Youth, a batería Yoshimi P-We de Boredoms, e o baixista de Pavement Mark Ibold.[4] Xuntos publicaron discos e xiraron ata o ano 1997.[5]

En 2008, Cafritz, Gordon e Yoshimi gravaron e publicaron o traballo Inherit a través do selo Ecstatic Peace Records despois de dez anos de hiato.[6]

  1. Schoemer, Karen (1992-01-31). "Sounds Around Town". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-12-20. 
  2. CRITCHELOE, CODY (2009-04-02). "Julia Cafritz, She Ain't No Bitch". Vice (en inglés). Consultado o 2019-12-20. 
  3. "Julia Cafritz, Free Kitten". www.npr.org. Consultado o 2019-12-20. 
  4. "kill rock stars: Free Kitten Factsheet". web.archive.org. 2006-10-25. Archived from the original on 25 de outubro de 2006. Consultado o 2019-12-20. 
  5. "Free Kitten". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-20. 
  6. "Free Kitten: Inherit". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-20.