Karl Grobben
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1854 Brno, República Checa |
Morte | 13 de abril de 1945 (90 anos) Salzburgo, Austria |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | biólogo, malacólogo, profesor universitario, zoólogo, carcinólogo |
Empregador | Universidade de Viena |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Grobben |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Karl Grobben, escrito ás veces como Carl Grobben, nado en Brno (daquela, Brünn) o 27 de agosto de 1854 e finado en Salzburgo o 13 de abril de 1945, foi un zoólogo austríaco.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou historia natural e particularmente zooloxía na universidade de Viena onde se doutorou en 1877. Dous anos máis tarde volveu a esa universidade como docente. En 1884 foi nomeado profesor asociado e, ao ano seguinte, casa con Ida Tschermak von Seysenegg, filla do mineraloxista Gustav Tschermak von Seysenegg (1836-1927), matrimonio que tería unha filla.[1]
En 1889 participou nunha expedición ao leste do Mediterráneo organizada pola Academia de Ciencias de Viena. En 1893 foi o director do Zootomischen Institut e, en 1896, do Instituto de Zooloxía da universidade de Viena.[1]
Dedicou o seu traballo sobre todo ao estudo da anatomía, a histoloxía e a evolución dos moluscos e os crustáceos inferiores, así como ao estudo das medusas e dos vermes. É recordado sobre todo pola impórtate mellora da intricada taxonomía dos crustáceos.
Grobben foi o autor de obras fundamentais, como Zur Kenntnis des Stammbaumes und des Systems der Crustaceen (1892), Die systematische Einteilung des Tierreichs (1908), así como de numerosos artigos científicos. Tamén foi o editor dunha nova edición do Lehrbuch der Zoologie de Carl Friedrich Wilhelm Claus, e foi quen cuñou os termos protóstomos e deuteróstomos (e describiu os taxons correspondentes).[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Taxons creados por Grobben
[editar | editar a fonte]Entre outros, Grobben creou os seguintes taxons:
- Eumalacostraca Grobben, 1892
- Sagittidae Claus & Grobben, 1905
- Sagittoidea Claus & Grobben, 1905
- Protostomia Grobben, 1908
- Deuterostomia Grobben, 1908
Taxons nomeados na honra de Grobben
[editar | editar a fonte]Entre os taxons dedicados a Grobben por outros autoires están:
- Gerbillus grobbeni Klaptocz, 1909 [2]
- Sphaerophthalmus grobbeni Spandl, 1923 [3]
- Limnadia grobbeni Daday, 1925 [3]
- Actinia grobbeni Watzl, 1922 [3]
- Paladilhiopsis grobbeni Kuscer, 1928 [3]
- Raillietina grobbeni Böhm, 1925 [3]
- Trypanophis grobbeni (Poche, 1904) [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Georg Uschmann (1966)."Grobben, Karl" en Neue Deutsche Biographie. Vol. 7 Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-428-00188-5, p. 101.
- ↑ Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2009). "Grobben". The Eponym Dictionary of Mammals. Johns Hopkins University Press. p. 169. ISBN 978-0-8018-9304-9.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Hans G. Hanssen. "Karl Grobben". Biographical Etymology of Marine Organism Names. Baltic and North East Atlantic Taxa. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2011. Consultado o 4 de abril de 2011.