Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lady Byron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Moi Honorábel Editar o valor en Wikidata
Anna Isabella Byron

Anna Isabella Byron en 1812 por Charles Hayter
Nome orixinal(en) Anne Isabella Noel Byron, 11th Baroness Wentworth and Baroness Byron (née Milbanke) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Anne Isabella Milbanke Editar o valor en Wikidata
17 de maio de 1792
Elemore Hall, Pittington, Durham, Inglaterra, Reino Unido
Morte16 de maio de 1860 (67 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecáncer de mama
Lugar de sepulturacemiterio de Kensal Green Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSeaham Hall (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e matemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata (1815–), poetisa, escritora, matemática, activista Editar o valor en Wikidata
ProfesoresWilliam Frend (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBaron Wentworth (en) Traducir (1856–1860)
Baronesa (1815–) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLord Byron Editar o valor en Wikidata
FillosAda Lovelace Editar o valor en Wikidata
PaisSir Ralph Milbanke e Judith Noel Editar o valor en Wikidata  e Judith Noel Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5436189 WikiTree: Milbanke-1 Find a Grave: 10639 Editar o valor en Wikidata

Anna Isabella Noel Byron, nada en Durham o 17 de maio de 1792 e finada en Londres o 16 de maio de 1860, undécima baronesa Wentworth e baronesa Byron, coñecida como Lady Byron, foi unha aristócrata inglesa. Estudou matemáticas e astronomía, e mostrou interese por estas ciencias paralelamente ao desenvolvemento que estaban a experimentar naquel momento. As súas inquedanzas empurrárona a tratar de mellorar as desigualdades sociais, ás que dedicou boa parte dos seus esforzos. Fundou a Ealing Grove School, baseada nos principios pedagóxicos de Emanuel de Fellenberg. Era antiescravista e loitadora pola igualdade de dereitos das mulleres.[1]

Tivo unha filla, a matemática Ada Lovelace[2].

Infancia e adolescencia

[editar | editar a fonte]

Naceu en Elemore Hall, Pittington, Durham, como Anna Isabella Milbanke. Filla de Sir Ralph Milbanke e Judith Noel, Anna Isabella creceu nunha familia nobre e recibiu unha educación superior. Por unha banda, o seu pai acadara unha notable sona polo seu traballo a favor dos pobres e da abolición da escravitude e, por outra, ambos os pais eran de carácter liberal e progresista, sendo as súas fillas as primeiras receptoras da súa ideoloxía. Anna Isabella creceu preocupada pola difícil situación dos traballadores e dos agricultores arrendatarios no estado, e axudou no establecemento dunha escola en Seaham. Lectora temperá, mostrouse especial interese polas matemáticas e a astronomía, disciplinas que estudou xunto a outras con titores de Cambridge, como William Frend, antigo profesor daquela universidade, quen deu a Annabella unha educación próxima á dos estudantes universitarios, ampliando a súa educación con materias como literatura, filosofía, ciencias e matemáticas. As novas ideas sobre o magnetismo e a frenoloxía chegaron a fascinala.[3]

Matrimonio e maternidade

[editar | editar a fonte]

Ela coñeceu a George Gordon Byron en marzo de 1812, o ano da fama do poeta, pero non conxeniaron e Annabella rexeitou a proposta de matrimonio. En outubro dese mesmo ano, Lord Byron escribiu a Lady Melbourne nestes termos sobre a diferenza de carácter e intereses de ambos: "Agradézoche unha vez máis os teus esforzos coa miña Princesa de Paralelogramos, que a desconcertou máis que a Hipotenusa; na túa natureza non te esqueceches das Matemáticas, onde apreciaba o teu enxeño. A súa forma de proceder é bastante rectangular, ou máis ben somos dúas liñas paralelas que se estenden unha ao lado da outra até o infinito, pero destinadas a non atoparse nunca."[4] Eles continuaron como amigos até 1813, nas súas cartas discutían sobre literatura e el visitouna en Seham. Finalmente, en 1814 aceptou a segunda proposta de matrimonio, a cerimonia tivo lugar o 2 de xaneiro de 1815 pasando a lúa de mel en Halnaby Hall. Porén, o mesmo día da voda xa apareceron problemas entre eles.

O 10 de decembro de 1815 deu a luz á súa única filla, Augusta Ada Byron en Londres. En 1816, un mes despois do nacemento de Ada, e despois de saber que Byron non lle era fiel, Anna Isabella deixouno e obtivo o divorcio coa axuda dos seus pais. Crese que a principal motivación de Annabella para solicitar o divorcio foi o temor de que Lord Byron obtivese a custodia da súa filla, xa que nese momento adoitaban favorecer ao marido. Byron deixou Inglaterra ese mesmo ano e nunca regresou.

Poucos meses despois do seu casamento con Lord Byron, o seu tío materno Thomas Noel, o barón Wentworth, morreu, deixando a nai de Anna Isabella e un primo, Nathaniel Curzon, terceiro barón Scarsdale, como coherdeiros. Os pais de Anna Isabella engadiron o apelido Noel aos seus nomes, polo que Sir Ralph converteuse en Sir Ralph Noel Milbanke e a súa nai Judith Noel-Milbanke.

A propia Anna Isabella engadiu o apelido Noel ao seu nome cando morreu a súa nai, e á morte de Curzon sen herdeiros en 1856 converteuse na baronesa Wentworth por dereito propio como única demandante do título, aínda que nunca o usou. Asinou as súas cartas AI Noel Byron e o seu testamento figura como "Baronesa Noel-Byron". O mundo coñecíaa como Lady Byron e os seus amigos chamábanlle Annabella.

Anna Isabella promoveu o interese da súa filla Ada polas matemáticas e a lóxica, motivada pola idea de que o estudo destas materias impediría á súa filla desenvolver o carácter temperamental e imprevisible do seu pai. Así, ao contrario do que era costume naquel momento, a baronesa fixo que a súa filla tomase clases de matemáticas e ciencias. Entre os titores que asignou para a súa educación estaban William Frend, William King, o médico de familia, e Mary Somerville, unha astrónoma e matemática escocesa que foi das primeiras en ser admitida na Royal Astronomical Society. Cando a súa filla casou, pediu axuda ao profesor Augustus de Morgan para que non abandonase as matemáticas despois do matrimonio.

Madurez e pasamento

[editar | editar a fonte]

Lady Byron seguiu interesándose polos desfavorecidos, investigando as causas dos seus problemas, proporcionando solucións máis aló do mero apoio económico. Axudou a crear a Brighton Cooperative Society e prestou o soto da súa casa de Brighton para unha escola de mecánica.[5]

O seu principal interese foi continuar a educación, sendo o seu maior logro a fundación da Escola Ealing Grove, baseada nos principios didácticos de Emanuel de Fellenberg, a quen visitara na súa escola de Hofwyl, Suíza. O seu método combinaba as ensinanzas teóricas coa práctica, cubrindo esquemas, carpintería, albanelería ou a venda de produtos agrícolas e de horta. A súa filla Ada axudou como mestra. Tamén creou unha escola agrícola no estado de Leicestershire. Ealing Grove recibiu a miúdo a visita de figuras do mundo da cultura como a escritora Joanna Baillie, Seymour Tremenheere do Consello de Educación de Londres e o seu xenro, o conde de Lovelace, quen estableceu unha escola similar en Ockham, Surrey. [5]

En 1840 asistiu á Convención contra a escravitude británica e estranxeira, implicándose na mellora das condicións dos barrios pobres e poñendo enriba da mesa os dereitos das mulleres. Compartiu con Mary Carpenter (1807–1877), a pioneira en establecer escolas de reforma femininas, a convicción de que a sociedade debería asumir a responsabilidade da educación e coidado dos orfos. En 1852 comprou Red Lodge en Bristol, que Mary Carpenter dirixía como escola de reforma para nenas.[5]

Lady Byron morreu de cancro de mama o 16 de maio de 1860, un día antes do seu 68º aniversario. Foi enterrada no cemiterio de Kensal Green, en Londres.

  1. Zafra, Remedios (2013). (h)adas. Mujeres que crean, programan, prosumen, teclean. (en castelán). Páginas de Espuma. p. 75. 
  2. Diario, Nós (2020-12-10). "Teares e computadoras". Nós Diario. Consultado o 2022-06-23. 
  3. "Oxford Dictionary of National Biography". Consultado o 27 de febrero de 2017. 
  4. Byron, George Gordon Byron Baron; Byron, George Noel Gordon (1982). Lord Byron: Selected Letters and Journals (en inglés). Harvard University Press. ISBN 978-0-674-53915-0. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Oxford Dictionary of National Biography". Consultado o 26 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]