Megafauna
Megafauna (do grego μέγας mega-s, "grande" e do neolatín fauna, "animais") é un termo que se emprega en paleontoloxía para designar os grandes animais terrestres extinguidos que viviron unha vez finalizado o período cretáceo e até a extinción dos dinosauros.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]O termo megafauna foi empregado de diversos xeitos e evolucionou dentro de cada disciplina.[1]
Megafauna do Plistoceno
[editar | editar a fonte]Úsase principalmente para referirse á megafauna do Plistoceno, os grandes animais terrestres da última idade de xeo, como os mamuts.
O uso do termo neste sentido está relacionado coa discusión sobre as extincións do Holoceno após a idade de xeo. A maioría dos grandes animais terrestres que estaban vivos hai 12.000 anos agora están extintos, e hai moita discusión sobre cales foron as causas. As dúas teorías principais son a caza por parte dos humanos e o cambio climático.[2] Ambas razóns parecen explicar por que estes animais previamente "exitosos" agora están extintos.[3]
As aves elefante en Madagascar foron certamente cazadas até a súa extinción, ao igual que os moas hai aproximadamente cincocentos anos en Nova Zelandia. Os sitios arqueolóxicos con evidencia de caza de moa están por todo o arquipélago. Os moa sobreviviron a ser cazados pola águia de Haast, pero non á caza por parte dos maorís.[2]
Outros usos e novas definicións
[editar | editar a fonte]Tamén se utiliza para describir os maiores animais terrestres vivos, especialmente os elefantes, xirafas, hipopótamos, rinocerontes, alces, cóndores, entre outros.[4]
Segundo Marcos Moleón investigador do Departamento de Zooloxía da Universidade de Granada, “para un biólogo que estuda os fondos mariños, por exemplo, a 'megafauna' pode ser un carangrexo ou unha lesma mariña; Para un especialista en solos, a 'megafauna' podería ser unha miñoca; Para un paleontólogo, 'megafauna' refírese a vertebrados que pesan máis ou aproximadamente o mesmo que un humano; e para algúns ecoloxistas terrestres só deberían clasificarse como 'megafauna' os 'megaherbívoros', é dicir, os herbívoros de máis dunha tonelada de peso."[1]
Para definir a megafauna, os investigadores da UGR propuxeron que, alén do tamaño dos animais, se consideren as funcións ecolóxicas (impacto na estrutura do ecosistema, dispersión de sementes, modificación do hábitat...) e características específicas como a lonxevidade e as taxas de reprodución. Este enfoque busca proporcionar unha descrición máis precisa e completa da megafauna, fomentando a cooperación interdisciplinar e a conservación efectiva das especies.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 amaliarodriguez (2020-03-05). "Definen por primera vez qué es exactamente la ‘megafauna’". Fundación Descubre (en castelán). Consultado o 2024-07-15.
- ↑ 2,0 2,1 Martin P.S. & Klein R.G. (eds) 1984. Quaternary extinctions: a prehistoric revolution. Tucson: Arizona University Press. ISBN 0-8165-1100-4
- ↑ "Pleistocene Epoch - Megafaunal Extinctions". www.britannica.com (en inglés). 2024-06-25. Consultado o 2024-07-15.
- ↑ Ford, Adam T.; Cooke, Steven J.; Goheen, Jacob R.; Young, Truman P. (2017-01-13). "Conserving Megafauna or Sacrificing Biodiversity?". BioScience (en inglés): biw163. ISSN 0006-3568. doi:10.1093/biosci/biw163.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Megafauna |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Cretáceo
- Cambio climático
- Extincións do Holoceno
- Fauna
- Idade de xeo
- Megafauna do Plistoceno
- Paleoarte
- Paleontoloxía
- Plistoceno
----
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |