Metro de París
Metro de París | |||
---|---|---|---|
Información | |||
Cidade | París, Francia | ||
Tipo | Metro | ||
Liñas | 16 (numeradas do 1 ao 14 máis 3bis e 7bis) | ||
Estacións | 302[1] | ||
Pasaxeiros (día) | 4,16 millóns (2015) | ||
Operacións | |||
Inauguración | 19 de xullo de 1900[2] | ||
Operador(es) | RATP | ||
Rede | 214 km[2] | ||
Ancho de vía | 1435 mm (largo internacional) | ||
|
O Metro de París é unha rede de ferrocarril metropolitano que dá servizo á cidade francesa de París e algúns concellos limítrofes.[3] É un dos símbolos da cidade, influenciado nos seus inicios pola art-nouveau,[4] e presenta unha gran densidade de estacións e liñas dentro da cidade que contrasta co pequeno número de estacións que se distribúen pola área metropolitana.
O primeiro tramo acabou de construírse o 19 de xullo de 1900,[5] polo que é a sexta rede de metro máis antiga, só por detrás das de Chicago, Boston, Glasgow, Budapest e Londres.[6]
En 1998 inaugurouse a liña 14, a primeira construída dentro do termo municipal dende 1935. Trátase dun metro que funciona sen condutor e cos trens (de 90 m de lonxitude e seis vagóns intercomunicados) baixo o control de doce cámaras. Esta liña custou case o dobre dunha liña convencional. Non obstante, o seu custo de explotación é menor e garante unhas frecuencias inaccesibles aos outros convois.[7]
Das 302 estacións da rede,[8] 24 atópanse en superficie, en 43 paran dúas liñas, en 11 paran tres e en 5 paran catro ou máis. Dada a crecente poboación e a saturación da rede, continúase a construír novas liñas e estacións para satisfacer a demanda.
Liñas
[editar | editar a fonte]Liña | Inauguración | Última extensión |
Estacións | Lonxitude | Media entre estacións |
Viaxes (2017) |
Extremos | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Liña 1 | 1900 | 1992 | 25 | 16.6 km | 692 m | 181,2 millóns | La Défense Château de Vincennes | |
Liña 2 | 1900 | 1903 | 25 | 12.3 km | 513 m | 105,2 millóns | Porte Dauphine Nation | |
Liña 3 | 1904 | 1971 | 25 | 11.7 km | 488 m | 101,4 millóns | Pont de Levallois – Bécon Gallieni | |
Liña 3bis | 1971 | — | 4 | 1.3 km | 433 m | Porte des Lilas Gambetta | ||
Liña 4 | 1908 | 2013 | 27 | 12.1 km | 438 m | 155,9 millóns | Porte de Clignancourt Mairie de Montrouge | |
Liña 5 | 1906 | 1985 | 22 | 14.6 km | 697 m | 110,9 millóns | Bobigny – Pablo Picasso Place d'Italie | |
Liña 6 | 1909 | 1942 | 28 | 13.6 km | 504 m | 114,3 millóns | Charles de Gaulle–Étoile Nation | |
Liña 7 | 1910 | 1987 | 38 | 22.4 km | 605 m | 135,1 millóns | La Courneuve – 8 mai 1945 Villejuif – Louis Aragon Mairie d'Ivry | |
Liña 7bis | 1967 | — | 8 | 3.1 km | 443 m | Louis Blanc Pré-Saint-Gervais | ||
Liña 8 | 1913 | 2011 | 38 | 23.4 km | 614 m | 105.,5 millóns | Balard Pointe du Lac | |
Liña 9 | 1922 | 1937 | 37 | 19.6 km | 544 m | 137,9 millóns | Pont de Sèvres Mairie de Montreuil | |
Liña 10 | 1923 | 1981 | 23 | 11.7 km | 532 m | 45.3 million | Boulogne – Pont de Saint-Cloud Gare d'Austerlitz | |
Liña 11 | 1935 | 1937 | 13 | 6.3 km | 525 m | 47,1 millóns | Châtelet Mairie des Lilas | |
Liña 12 | 1910[9] | 2012 | 29 | 13.9 km | 515 m | 84,3 millóns | Front Populaire Mairie d'Issy | |
Liña 13 | 1911[9] | 2008 | 32 | 24.3 km | 776 m | 131,4 millóns | Châtillon – Montrouge Saint-Denis – Université Les Courtilles | |
Liña 14 | 1998 | 2007 | 9 | 9 km | 1,075 m | 83,3 millóns | Saint-Lazare Olympiades |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Metro: a Parisian institution". RATP. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 2014-01-29. O funicular de Montmartre está considerado parte do sistema do metro, co que se representa cunha estación ficticia número 303 chamada "Funiculaire".
- ↑ 2,0 2,1 "Brief history of the Paris metro". france.fr – The official website of France. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 2013-09-21.
- ↑ "Mobilités : découvrez la carte des nouveaux aménagements". Paris (en francés). 16 de xuño de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ "Art nouveau". Larousse (en francés). Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ "ça s'est passé un... 19 juillet". Herodote (en francés). Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ "Los 10 metros más antiguos del mundo". Los apuntes del viajero. 28 de abril de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ Marti, Octavi (16 de outubro de 1998). "París estrena una línea de metro con trenes sin conductor". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ "Pour bien vous repérer, plusieurs plans sont à votre disposition !". RATP (en francés). 22 de marzo de 2017. Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 As liñas 12 e 13 foro construídas orixinalmente como parte da rede norte-sur (como liñas A e B respectivamente).'
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro de París |
A Galipedia ten un portal sobre: Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bindi, A., & Lefeuvre, D. (1990). Le Métro de Paris : Histoire d'hier à demain, Rennes: Ouest-France. ISBN 2-7373-0204-8
- Demade, Julien (2015). Les embarras de Paris, ou l'illusion techniciste de la politique parisienne des déplacements. L'Harmattan. ISBN 978-2-343-06517-5.
- Descouturelle, Frédéric, et al. (2003). Le métropolitain d'Hector Guimard, Somogy. ISBN 2-85056-815-5
- Gaillard, M. (1991). Du Madeleine-Bastille à Météor : Histoire des transports Parisiens, Amiens: Martelle. ISBN 2-87890-013-8
- Hovey, Tamara. Paris Underground, Nova York: Orchard Books, 1991. ISBN 0-531-05931-6
- Lamming, C.(2001) Métro insolite, París: Parigramme, ISBN 2-84096-190-3
- Ovenden, Mark. Paris Metro Style in map and station design, Londres: Capital Transport, 2008. ISBN 978-1-85414-322-8