Mil Mi-17
Mil Mi-17 | |
---|---|
Tipo | helicóptero de transporte |
Fabricante | Kazan Helicopters |
Primeiro voo | 1975 |
Introducido | 1977 (Mi-8MT), 1981 (Mi-17) |
Produción | 1977-presente |
Unidades construídas | unhas 12 000 en 2007[1] |
O Mil Mi-17 (designación OTAN: Hip) é un helicóptero soviético/ruso en produción en dúas fábricas en Kazán e Ulan-Ude. É coñecido como a serie Mi-8M no servizo ruso. Trátase dun helicóptero de transporte medio de dúas turbinas. Tamén hai versións artilleiras blindadas.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Desenvolvido a parir da célila do Mi-8, o Mi-17 foi equipado cos motores máis grandes Klimov TV3-117MT, rotores e transmisión desenvolvidos do Mi-14, xunto con melloras na fuselaxe para cargas máis pesadas. Motores opcionais para condicións quentes e altas son o Isotov TV3-117VM de 2 070 CV. Recentes unidades vendidas na China e Venezuela para ser usadas en zonas montañosas teñen a nova versión dos motores Klimov TV3-117, o Klimov VK-2500 con control FADEC.
A designación Mi-17 é para a exportación; as forza armadas rusas chámano Mi-8MT. O Mi-17 pode recoñecerse porque o seu rotor de cola está a babor en vez de a estribor, e polos os protectores de po en fronte das entradas do motor. As capuchas do motor son máis curtas que as do Mi-8 equipados con TV2, non estendéndose sobre a cabina de mando, e unha abertura para a saída da válvula de aire atópase diante do escape.
Os números de modelos poden variar dependendo do fabricante, do tipo de motor e doutras opcións. Como exemplo, os 16 novos helicópteros fabricados por Ulan-Ude entregados á Forza Aérea da República Checa no ano 2005 con motores VM foron designados como Mi-171Sh, sendo un desenvolvemento do Mi-8AMTSh. Entre as modificacións ten unha nova gran porta no lado dereito, unha APU mellorada de fabricación checa, e placas de blindaxe de kevlar ao redor da cabina de mando e da zona dos motores. Oito deles teñen unha rampla de carga no lugar das portas tipo clamshell habituais, e poden cargar un vehículo do tamaño dun SUV.
En maio de 2008 comezou a fabricación baixo licenza do Mi-17 na China, sendo a produción liderada pola planta Mil Moscow Helicopter Plant JSC e a Sichuan Lantian Helicopter Company Limited en Chengdu. A planta fabricou 20 helicópteros nese ano usando kits proporcionados pola rusa Ulan-Ude; agárdase alcanzar unha produción de 80 aparellos por ano. As variantes construídas por Lantian serán o Mi-171, o Mi-17V-5 e o Mi-17V7.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Russia denies supplying arms to Iraq -1". Sputnik. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2007. Consultado o 1 de novembro de 2018.
- ↑ "Mi-17 Multirole Helicopter". sinodefence.com. Archived from the original on 12 de maio de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2018.