Modesto Seara
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2022) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1931 Allariz, España |
Morte | 2022 (90/91 anos) |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | académico |
Premios | |
| |
Modesto Seara Vázquez, nado o 11 de setembro de 1931 en Allariz e finado o 26 de decembro de 2022, foi un político e xurista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou estudos en dereito na Universidade Central de Madrid, e obtivo o título de licenciado en 1955. Viaxou a Londres en 1957 e tamén a París, onde cursou o doutoramento en dereito internacional na Universidade da Sorbona. En 1959 presentou a tese Études de Droit Interplanetaire, unha das primeiras obras sobre o dereito do espazo exterior.
Logo de doutorarse marchou a México, onde foi profesor da Universidade Nacional Autónoma de México[1]. A finais do século XX empezou a crear unha rede de universidades públicas no estado de Oaxaca, da que acabou por ser reitor. A rede, o Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca (SUNEO) comprende a Universidade Tecnolóxica da Mixteca, a Universidade do Mar, a Universidade do Istmo, a Universidade da Serra Sur, a Universidade da Sierra Juárez, a Universidade do Papaloapan e a Universidade da Cañada. Ese de reitor era o posto que tiña en 2011, cando recibiu a Medalla Castelao.
Foi académico das Relacións Internacionais, destacou polas súas achegas no campo do Dereito do espazo exterior, dereito internacional e o estudo das Relacións Internacionais.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]En 2011 foi recoñecido pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barro, Senén. "Elogio a los años". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-03-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Modesto Seara (en castelán) (en inglés)