Roberto Verino
Aparencia
Verino no 2017 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1945 (79 anos) Verín, España |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes |
Actividade | |
Ocupación | Deseñador de roupa, empresario |
Familia | |
Fillos | M.ª Cristina (1970 - 2022, avogada)[1] José Manuel (1973, arquitecto) |
Premios | |
Páxina web | robertoverino.com |
Manuel Roberto Mariño Fernández, nado en Verín o 3 de maio de 1945, é un deseñador de moda galego, máis coñecido como Roberto Verino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adquiriu os seus coñecementos en París, e en 1982 sacou unha colección de prêt-à-porter de muller que tivo éxito, e dende aquela tivo sempre un oco dentro do mundo da moda. Paralelamente tamén creou o seu tecido empresarial de carácter internacional, tendo tendas de roupa en París, en Madrid, en Lisboa, así como tamén ten un perfume, Eau de Verino, ou produce viños, Terra do Gargalo, coa Denominación de Orixe Monterrei.
En 2022 ingresou como académico numerario da Sección Artes da Imaxe da Real Academia Galega de Belas Artes.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Cristina Mariño, filla de Roberto Verino e directora da Marca da empresa". O Sil. 31 de xullo de 2022.
- ↑ "Roberto Verino ingresa en la Real Academia de Belas Artes » Galicia" (en castelán). Consultado o 2022-06-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Mariño Fernández, Manuel Roberto (Roberto Verino)". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 355. ISBN 84-8064-113-4.