Xerardo Estévez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1948 (76 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
25 de xuño de 1993 – 19 de setembro de 1995 – Jesús Díaz Fornas → Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1987 – 19 de decembro de 1998 (dimisión) ← Ernesto Viéitez Cortizo – Xosé Antonio Sánchez Bugallo → | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1983 – 5 de maio de 1986 (moción de censura) ← Marcial Castro Guerra – Ernesto Viéitez Cortizo → | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | político, arquitecto |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Premios | |
| |
Xerardo Denis Felipe Estévez Fernández, nado o 25 de maio de 1948 en Santiago de Compostela, é un arquitecto e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, especializándose en urbanismo. Establecido en 1972 en Compostela, exerceu como arquitecto e urbanista formando con outros profesionais o equipo Oikos, e realizou traballos de investigación sobre arquitectura, planeamento e patrimonio.
Como alcalde de Santiago de Compostela nos períodos 1983-1986 e 1987-1998, aplicou a súa formación a fomentar a conservación e a transformación da cidade a través do planeamento, a arquitectura e a cultura[1]. Promoveu a inclusión da cidade e do Camiño de Santiago na lista do Patrimonio Mundial, e a elección como unha das Cidades Europeas da Cultura no ano 2000.
Durante o seu mandato Compostela recibiu numerosos galardóns, entre os que destaca o Premio Europeo de Urbanismo 1998 polo Plan Especial da Cidade Histórica. Impulsou o Real Padroado de Santiago de Compostela e a creación do Consorcio de Santiago, órgano no que as administracións local, autonómica e estatal cooperan nas políticas urbanas e na conservación do conxunto histórico.[2]
Foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia entre os anos 1981 e 1983, e membro do Congreso dos Deputados de España entre 1993 e 1995.
En 1999 reincorporouse á práctica da arquitectura, que compaxina coa actividade como conferenciante e escritor, profesor de cursos de urbanismo e patrimonio, e co asesoramento a administracións e institucións. Colabora habitualmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia.
Entre outras distincións, está en posesión do título de Fillo Predilecto e Medalla de Ouro de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia e medalla do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.
Obra
[editar | editar a fonte]- Compostela, vanguardia y sosiego (2000). Con Xurxo Lobato e Manuel Rivas.
- Santiago de Compostela. Planeamiento y gestión (2000). En J. Maderuelo (Ed.) Arte público: Naturaleza y Ciudad.
- Santiago de Compostela, Spain (2001). En R. Pickard (Ed.) Management of Historic Centres.
- Educación e urbanismo. A cidade como proxecto cívico (2001). En M. A. Santos Rego e M. M. Lorenzo Moledo (Eds.) A construcción educativa da cidade. Unha perspectiva transversal.
- Opinión y práctica en la ciudad histórica (2004). Quintana, revista de estudios de Historia da Arte, 3.
- Paisajes urbanos con-texto y sin-texto (2007). En J. Nogué (Ed.) La construcción social del paisaje.
- Paisajes y Palabras (2012).
- Galícia. Del paisatge rururbà al megaterritori antropitzat (2012). En Franges. Els paisatges de la perifèria.
- Compostela, ayer y hoy (2013). En Arqueología de la memoria reciente. Construcción de la ciudad y el territorio en España 1986-2012.
- Ciudad histórica: lugar de culto vs. espacio político (2013). Encontro Internacional de Arquitectura Contemporánea en Cidades Históricas, Sevilla.
- Bonaval, de onte a hoxe. Da arquitectura á cidade (2019). Con C. García Braña, M. X. Fernández Cerviño e A. Alonso Lorenzo.
- La Catedral de la Arquitectura (2022). Ed., con M. X. Fernández Cerviño e A. Martín Prieto.
- Compostela como desexo (2022). Con A. Baamonde, F. Barros, A. Salgado e X. M. Villanueva.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La España fea, por cutre |Juli Capella (AxA)". arqxarq (en catalán). 2022-05-05. Consultado o 2022-05-07.
- ↑ Rubio, Andrés (2022-04-13). "Españoles, esto es indigno de España". El País (en castelán). Consultado o 2022-07-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro, X. e Villalaín D. (1993) Entrevista con Xerardo Estévez. Grial, 119, pp. 325-340.
- Álvarez Pousa, L. (1998) Xerardo Estévez, paixón de arquitecto. Tempos Novos, 14, pp. 34-40.
- Beramendi, J. (2003) Santiago, caput Gallaeciae. En E. Portela Silva (Coord.) Historia da cidade de Santiago de Compostela. Concello de Santiago, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago, pp. 599-606
- Hernández Soriano, R. (2016) Santiago de Compostela, historia y progreso. El xacobeo como instrumento de transformación urbana. En La Cultura y la Ciudad. Granada: Universidad de Granada, pp. 1.005-1.012.
- Rubio, A. (2022) España fea. El caos urbano, el mayor fracaso de la democracia. Debate.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Marcial Castro Guerra |
Alcalde de Santiago 1983 - 1986 |
Sucesor: Ernesto Viéitez Cortizo |
Predecesor: Ernesto Viéitez Cortizo |
Alcalde de Santiago 1987 - 1998 |
Sucesor: Xosé Sánchez Bugallo |
- Alcaldes de Santiago de Compostela
- Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Arquitectos de Galicia do século XX
- Arquitectos de Galicia do século XXI
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1948
- Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña
- Medallas Castelao
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña