Nomes dos celtas
Os numerosos nomes usados dende a Antigüidade clásica para o pobo coñecido hoxe como Celtas teñen diversas orixes.
O nome Κελτοί Keltoi e Celtae é usado en grego e latín, respectivamente, como nome para designar á xente da cultura de La Tène na rexión superior do Rin e o Danubio dende o século -VI ó -I pola etnografía greco-romana. O nome ven probablemente dunha auto-designación tribal, pero a súa etimoloxía é incerta. Do mesmo xeito, o nome de Γαλάται Galatai / Galli ven dun nome tribal, tamén de etimoloxía descoñecida.
Os nomes dos galos e os galeses, por outra banda, veñen do xeito no que os pobos xermánicos chamaban ós pobos de lingua celta, *walha-.
O senso lingüístico do nome Celtas, que agrupa a tódolos falantes de linguas celtas, é moderno. En particular, alén dunha xenealoxía literaria do século I de Celtus o neto de Bretannos por Heracles, non hai rexistro antes do século XVII, do termo "Celta" en conexión cos celtas insulares, os habitantes das Illas Británicas durante a Idade de Ferro.
Celtas
[editar | editar a fonte]O etnónimo Celtas (Celtae; Κελτοί Keltoi, posteriormente tamén Κέλται Keltai) semella estar baseado nun nome nativo tribal celta (cf. Célticos en Portugal).[1]
O nome probablemente deriva da raíz Indoeuropea *kel- ou *(s)kel-, pero existen numerosas raíces válidas con distintos significados: *kel- "para ser destacado", *kel- "para dirixir ou estar en movemento", *kel- "para cortar" etc.[2] O mesmo elemento está presente nos nomes persoais e de familia na lingua hispanocelta e gala: Celtiatus, Celtiatis (xen.), Arcelti (xen.), Concelti (xen.), Celtius, Celtus, Celtilla (fem.), Celta (fem.), e Celtilius.[3]
Usos antigos
[editar | editar a fonte]A primeira referencia literaria do pobo celta, como Κελτοί (Κeltoi), foi a do historiador grego Hecateo de Mileto no -517, que sitúa á tribo Keltoi en Renania (Oeste/Suroeste de Alemaña). A seguinte referencia grega dos Keltoi é a de Heródoto a mediados do século -V. El di que "o río Ister (Danubio) comeza onde os Keltoi e a cidade de Pyrene e corre así dividindo Europa polo medio (os Keltoi están lonxe das Columnas de Hércules limitando cos conios, que viven máis lonxe, cara o solpor dos que viven en Europa)". Este confuso pasaxe foi interpretado posteriormente como que o berce dos Celtas foi o Danubio, e non Hispania ou a Galia.
De acordo co poeta do século I Partenio de Nicea, Celtus (Κελτός) foi o fillo de Heracles e Keltine (Κελτίνη), a filla de Bretannus (Βρεττανός); esta xenealoxía literaria non existe en ningún outro lugar e non está conectado con ningún culto coñecido.[4] Celtus converteuse no epónimo antergo do Celtas.[5] En latín Celta ven da palabra usada por Heródoto' para chamar ós Galos, Keltoi. Os romanos usaron Celtae para referirse ós galos continentais, pero aparentemente non para os celtas insulares. Estes últimos forno divididos lingüisticamente en goidélicos e britónicos, aínda que outras investigacións ofrecen un cadro máis complexo.
O nome Celtibero é usado por Diodoro Sículo no século -I para nomear ós pobos considerados unha mestura de Celtae e Iberi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Julius Caesar, Commentarii de Bello Gallico 1.1: "All Gaul is divided into three parts, one of which the Belgae live, another in which the Aquitani live, and the third are those who in their own tongue are called Celts (Celtae), in our language Gauls (Galli). Compare the tribal name of the Celtici.
- ↑ Pokorny (1959); John Rhys, Celtic Britain (1884), p. 2, attributes the name to a conflation of two separate names by ancient authors.
- ↑ cf. Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby Arquivado 25 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Parthenius, Love Stories 2, 30
- ↑ "Celtine, daughter of Bretannus, fell in love with Heracles and hid away his kine (the cattle of Geryon) refusing to give them back to him unless he would first content her. From Celtus the Celtic race derived their name." "(Ref.: Parth. 30.1-2)". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2002. Consultado o 5 de decembro de 2005.