Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Norns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Norns xirando os fíos do destino ao pé de Yggdrasil.

As Norns son tres dísirs coñecidos polos nomes de Urðr (Urd, o pasado), Verðandi (Verdandi, o ser) e Skuld (o que virá). A Skuld tamén podía verse cumprindo o rol de Valquiria.

As Norns viven baixo as raíces do freixo Yggdrasil, a árbore do mundo no centro do cosmos, onde tecen os tapices dos destinos e regan o freixo coas augas que viñan do pozo de Urd para que este non perda o seu verdor nin podreza. A vida de cada persoa é un fío no seu tear, e a lonxitude de cada corda é a lonxitude da vida da devandita persoa.

Deste xeito, todo está preordenado na relixión nórdica. Incluso os deuses teñen os seus propios tapices, aínda que as Norns non llos deixan ver. Este claro sometemento dos deuses a un poder fóra do seu control, e a implicación de que eles tamén terán un final algún día, son temas transcendentes na literatura que rodea a mitoloxía nórdica.

As tres "bruxas" que controlan o destino existen nun vello e profundo nivel mítico, aínda que probablemente non tan vello coma a arte de tecer en si. A contraparte das Norns entre os gregos eran as Moiras, coñecidas polos romanos como Parcas.