Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Rindr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rindr (antigo nórdico) ou Rinda (Latinizado) é unha personaxe feminina da mitoloxía nórdica, descrita como unha xiganta, unha deusa ou unha princesa humana do leste (dalgún lugar da actual Rusia). O seu fillo Váli é froito da súa unión con Odín.

É mencionada tamén na Gesta Danorum, unha obra evemerista escrita dende unha óptica cristiá onde as figuras mitolóxicas están moi terxiversadas. Neste texto é chamada Rinda e era filla do rei dos rutenios. Enxendra a Bous, que é o nome de Váli nese texto, tras ser enganada con feitizos por Odín.[1]

  1. Saxo Grammaticus. trad. Douglas B. Killings, ed. "Gesta Danorum, libro 3". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 28 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]