Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Sala do hidromel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sala do hidromel
Unha casa gran reconstruída da Era viquinga (28,5 metros de longo).

Na antiga Escandinavia e na Europa xermánica unha sala do hidromel ou sala do festín foi inicialmente unha construción longa cunha sala sinxela. Dende do século V ata a baixa Idade Media esta clase de construcións era a residencia dun señor e os seus servos. A sala do hidromel era xeralmente a gran sala dun rei. Como tal, era considerado o lugar máis seguro do reino.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome antigo destas salas ben puido ter sido sal/salr e polo tanto estar presente en nomes de lugares antigos, como "Uppsala".[1] O significado conservouse no alemán Saal, no neerlandés zaal, no sueco sal e no francés salle (todos significando "sala" ou "gran habitación"). En inglés antigo foron usados os termos sele e sæl.

Lendas e historia

[editar | editar a fonte]
Ingjald usando a súa nova sala de festíns como tiña pretendido.

Hai constancia de varias salas de festexos construídas para festas importantes cando a realeza escandinava era convidada. De acordo coa lenda recollida por Snorri Sturluson en Heimskringla, o xefe de Värmland no século IX, Áki, convidou ó rei de Noruega Harald Fairhair e ó rei de Suecia Eric Eymundsson, mais levou ó rei noruegués á sala máis nova e suntuosa, porque el era o máis novo dos reis e tiña con el mellores perspectivas que co outro. Por outra banda, o vello rei de Suecia tivo que permanecer na vella sala de festexos. O rei sueco sentiuse tan humillado que matou a Áki.

A construción de salas de banquetes novas tamén podería ser unha fase da preparación de asasinatos traizoeiros da realeza. Na Saga de Ynglinga parte da Heimskringla, Snorri relates como, no século VIII, o lendario rei sueco Ingjald construíu unha gran sala co único propósito de queimar ós subordinados de reis miserentos mentres durmían. Segundo a Yngvars saga víðförla, a mesma trampa foi feita polo rei sueco Eric o Vitorioso e o gobernante noruegués Sigurd Jarl, após que Áki fora asasinado, en Gamla Uppsala, no século X.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Dende polo menos o século X, hai numerosos exemplos na mitoloxía nórdica de salas onde se reciben ós mortos. O exemplo máis coñecido é Valhalla, a sala onde Odín recibe á metade dos mortos na batalla. Freia, recibe á outra metade en Sessrúmnir.

A historia de Beowulf inclúe unha "Sala do hidromel" chamada Heorot que era tan grande e tiña tantos convidados rindo que o monstro Grendel entrou para matalos ruidosos.

Na ficción

[editar | editar a fonte]

No legendarium da Terra Media obra de J. R. R. Tolkien, Meduseld (que significa "Sala do hidromel" en inglés antigo) era un gran Salón dourado construído en Rohan. Meduseld era unha gran sala con tellado de palla que facía que semellara feito de ouro visto dende lonxe. Os seus muros estaban ricamente decorados con tapices que retrataban a historia e as lendas dos rohirrim. Serviu como unha casa para o rei e a súa familia e unha sala de reunión para o rei e os seus conselleiros. No libro O hobbit tamén hai unha sala de hidromel, que foi a localización central da casa de Beorn, onde serviu carne e bebida a Bilbo Bulseiro, ós ananos e a Gandalf.

  1. Brink, Stefan, 1996. Political and Social Structures in Early Scandinavia. A Settlement-historical Pre-study of the Central Place.