Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Partido Comunista da Unión Soviética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PCUS»)
Partido Comunista da Unión Soviética
Filiación internacionalSegunda Internacional
Terceira Internacional
Cominform
Historia
FundaciónVladimir Lenin en xaneiro de 1912
Disolución6 de novembro de 1991
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Bolxevique
Outros datos
SedePraza Staraya, Moscova

O Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), en ruso Коммунисти́ческая па́ртия Сове́тского Сою́за ( КПСС ), foi o nome usado polo partido bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso de 1952 a 1991, aínda que a expresión Partido Comunista pertencese ao nome do partido desde 1918, cando os bolxeviques se tornaron o Partido Comunista de Todas as Rusias. En 1925 pasou a chamarse Partido Comunista da Unión ( Всесоюзная коммунистическая партия (большевиков), ВКП(б) ). En 1934 tornouse o Partido Comunista da Unión Soviética (Bolxeviques). Finalmente, en 1952 tornouse, simplemente, o Partido Comunista da Unión Soviética, nome que permaneceu até 1991.

Unha vez que a Terceira Internacional ou Komintern se formou en 1919, a estrutura marxista-leninista do PCUS foi copiada por outros dos seus membros. Durante toda a historia da Rusia soviética e da URSS, o Partido Comunista foi o partido gobernante e maioritario. En consecuencia, a historia do PCUS e da URSS entrecrúzanse e solápanse.

Escudo da Unión Soviética.
Véxase tamén: Unión Soviética.

Primeiros anos (1898-1924)

[editar | editar a fonte]

A orixe do PCUS estaba na facción bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). Esta facción xurdíu da división entre os seguidores de Julius Martov e Vladimir Lenin en agosto de 1903, na segunda conferencia do partido. Os seguidores de Martov chamábanse menxeviques (que significa "minoría" en ruso); e os de Lenin, os bolxeviques (a "maioría"). (As dúas faccións tiñan, en realidade, tamaños numéricos bastante semellantes). A división formalizouse en 1914, cando as faccións pasaron a seren denominadas "Partido Laborista Socialdemócrata Ruso (bolxeviques)" e "Partido Laborista Socialdemócrata Ruso (menxeviques)". Antes da Revolución de Febreiro, a primeira fase da Revolución Rusa de 1917, o partido traballaba na clandestinidade como grupos anti-tsaristas organizados. Na época da revolución, moitos dos líderes centrais do partido, incluído Lenin, estaban no exilio.[1]

Pin coas siglas do PCUS (КПСС).

Coa deposición do emperador Nicolao II (1868 - 1918, reinou 1894 - 1917), en febreiro de 1917, estabeleceuse unha república administrada por un goberno provisorio, que estaba ampliamente dominado polos intereses dos militares, da antiga nobreza, dos grandes capitalistas e de socialistas democráticos. Paralelamente, formáronse espontaneamente asembleas xerais de base, chamadas soviets, e unha estrutura de poder duplo entre os soviets e o goberno provisorio estivo en vigor até o momento no que as súas diferenzas foran reconciliadas nun goberno póst-provisorio. Lenin estaba nese momento exiliado na Suíza, onde el, con outros disidentes no exilio, conseguiu arranxar co goberno imperial alemán unha pasaxe segura a través da Alemaña nun tren selado de volta á Rusia a través do continente no medio da primeira guerra mundial en curso. En abril, Lenin chegou a Petrogrado (rebautizada da antiga San Petersburgo) e condenou o goberno provisorio, apelando ao avance da revolución transformando a guerra en curso nunha guerra da clase traballadora contra o capitalismo. A rebelión demostrouse non ter aínda terminado, pois as tensións entre as forzas sociais aliñadas co soviets (ou comisións) co goberno provisorio agora liderado por Alexander Kerensky (1881 - 1970, no poder en 1917), chegaron a un punto explosivo naquel verán.[1]

  1. 1,0 1,1 March, Luke (2002). The Communist Party in Post-Soviet Russia. Manchester University Press. ISBN 9780719060441. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.