Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pedro Beda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Beda
Información persoal
Nome Pedro Henrique Nogueira Beda
Nacemento 5 de marzo de 1989
Lugar de nacemento Campo Grande, Mato Grosso do Sur
Altura 1,84 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Boiro
Número 9
Carreira xuvenil
Seduc
2002–2008 Flamengo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2010 Heerenveen 2 (0)
2009–2010 Emmen 17 (1)
2010–2011 Corinthians 0 (0)
2011 Bahia 0 (0)
2012 Avenida 2 (0)
2012 Moreirense 0 (0)
2013 River 6 (0)
2013 Olympique Khouribga 1 (0)
2014 Rudar Prijedor 5 (0)
2014–2015 Lucena 15 (4)
2015–2016 Lealtad 52 (12)
2016–2017 Boiro 35 (7)
2017–2018 Villanovense 13 (0)
2018 Real Jaén 21 (9)
2018–2019 Linares Deportivo 30 (4)
2019–2022 Arousa 79 (26)
2022– Boiro 35 (25)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 30 de maio de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Pedro Henrique Nogueira Beda, nado en Campo Grande o 5 de marzo de 1989, é un futbolista brasileiro que xoga de dianteiro no Boiro.

Formouse na canteira do Flamengo e en 2008 foi traspasado ao SC Heerenveen, da Eredivisie. Tras non atopar un oco no equipo neerlandés, pasou nos seguintes anos por numerosos equipos dos Países Baixos, Brasil, Portugal, Marrocos e Bosnia e Hercegovina, ata chegar en 2014 ao fútbol español, onde militou en equipos da Segunda B e a Terceira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Aquidauana, no estado brasileiro de Mato Groso do Sur, aos 13 anos entrou na canteira do Flamengo, despois de comezar a xogar ao fútbol no humilde club SEDUC. Subiu polas diferentes categorías do club, sendo sempre o máximo goleador, pero non chegou a debutar co primeiro equipo no club.

En xuño de 2008 foi traspasado por 750.000 euros ao SC Heerenveen, da Eredivisie, onde asinou un contrato de dous anos.[1][2] Xogou o seu primeiro partido como profesional o 27 de setembro de 2008, entrando como substituto de Roy Beerens nunha derrota por 2-4 contra o NAC Breda no estadio Rat Verlegh.

En xuño de 2009 saíu cedido ao FC Emmen por unha tempada. Disputou 17 partidos durante a campaña, marcando tres goles.

Durante os seguintes cinco anos pasou por varios equipos do Brasil, Portugal, Marrocos e Bosnia, nos que apenas disputou encontros: Corinthians, Bahia.[3][4] Avenida, Moreirense FC, River,[5] Olympique de Khouribga e Rudar Prijedor.

En xuño de 2014 chegou ao fútbol español, asinando co Lucena CF, da Segunda División B.[6] Xogou media tempada no equipo andaluz, acadando a titularidade e marcando catro goles, ata que en xaneiro e por mor dos atrasos nos pagamentos,[2] desvinculouse do club e fichou polo Lealtad, da mesma categoría.[7] No equipo asturiano foi titular e marcou dous goles, e ao remate da campaña renovou por dous anos máis.[8] Na tempada 2015/16 formou unha dupla goleadora con Espina, anotando 10 goles cada un.

No verán de 2016 fichou polo Boiro, tamén de Segunda B, por petición expresa do adestrador Fredi Álvarez para acompañar no ataque a Rubén Rivera.[9] Marcou dez goles co club galego pero tralo descenso administrativo deste fichou polo Villanovense, onde militou durante media tempada, pasando logo ao Real Jaén, da Terceira División.[10][11][12] No Jaén debutou cun gol e marcou un triplete contra o Melistar no seu segundo partido, facéndose rapidamente coa titularidade.[13] O equipo acabou na terceira posición e disputou a fase de ascenso, na que Beda marcou un gol, pero caeu eliminado contra o Socuéllamos.[14][15]

Para a tempada 2018/19 asinou co Linares Deportivo, tamén de Terceira. Disputou 33 encontros da liga regular e marcou 5 goles, contribuíndo á segunda praza do equipo. Xogou tamén a fase de ascenso, onde o Linares Deportivo eliminou a Tenerife B e Moralo, pero caeu na derradeira eliminatoria contra o La Nucía.[16]

En xullo de 2019 volveu a Galicia, fichando polo Arousa, da Terceira División.[17] No equipo de Rafa Sáez completou unha boa campaña, anotando 13 goles en 19 partidos antes de que a pandemia de COVID-19 paralizase a competición. Acompañado no ataque por Rober, o equipo acabou terceiro e disputou unha fase de ascenso reducida, xunto a Ourense CF, Compostela e Barco. O Arousa quedou encadrado co Ourense na primeira eliminatoria, na que Beda marcou un gol, pero a vitoria foi para o cadro ourensán (2-1).[18] O futbolista brasileiro renovou co club de Vilagarcía por unha segunda tempada na que asinou 12 goles en 27 partidos, logrando o pase á nova Segunda División RFEF.[19] Volveu renovar o seu contrato para a tempada 2021/22, comezando por primeira vez na súa carreira, unha terceira tempada nun mesmo club.[20] Con todo, o equipo acabou descendendo.

Para a tempada 2022/23 baixou ata a Preferente Galicia, regresando ao Boiro. Na súa nova tempada en Barraña foi o segundo máximo goleador da categoría con 25 goles, só un menos que os 26 de Denis (San Tirso).[21]

  1. "Pedro Beda heads for Heerenveen". UEFA (en inglés). 3 de xuño de 2008. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Sevilla, Álvaro (16 de febreiro de 2017). "Pedro Beda: El duro camino hasta pisar Barraña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  3. "Pedro Beda é mais um jogador corinthiano emprestado em 2011" (en portugués). 28 de decembro de 2010. Consultado o 7 de outubro de 2021. [Ligazón morta]
  4. "Atacantes Bruno Paulo e Pedro Beda deixam o Bahia" (en portugués). 2 de xuño 2011. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  5. "Ex-'Batistuta do Fla', Pedro Beda quer deslanchar seu futebol no River-PI" (en portugués). 3 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  6. "El Lucena ficha al delantero brasileño Pedro Beda" (en castelán). 25 de xuño de 2014. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  7. "Pedro Beda ficha por el Lealtad y Maxi Sepúlveda puede ser el siguiente en salir del Lucena" (en castelán). 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  8. "El Lealtad renueva a Pedro Beda y ficha a Omar Hernández" (en castelán). 10 de xullo de 2015. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  9. Sevilla, Álvaro (17 de xullo de 2016). "El Boiro refuerza la delantera con el punta brasileño Pedro Beda, que llega del Lealtad". La Voz de Galicia. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  10. "Fichaje: Pedro Beda llega a la delantera" (en castelán). 10 de xullo de 2017. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  11. "Pedro Beda causa baja en la plantilla" (en castelán). 11 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  12. "Pedro Beda, refuerzo brasileño para la delantera del Real Jaén" (en castelán). 12 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  13. "Pedro Beda firma un hat-trick en la goleada del Real Jaén al Melistar". 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  14. "Pedro Beda sostiene las ilusiones del Real Jaén" (en castelán). 21 de maio de 2018. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  15. Risueño, Lorenzo (27 de maio de 2018). "El Real Jaén eliminado por el Socuéllamos de los play off de ascenso a 2ªB" (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  16. "El C.F. La Nucía "hace historia" y sube a 2ª B tras derrotar 2-1 al Linares" (en castelán). 1 de xullo de 2019. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  17. "El trotamundos brasileño Pedro Beda, nuevo delantero centro arlequinado". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 2019. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  18. Rodríguez, Luis M. (20 de xullo de 2020). "El Ourense CF apeó al Arousa y le disputará el ascenso al Compos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  19. Garrido, Antonio (14 de agosto de 2020). "El Arousa anuncia la renovación de Pedro Beda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  20. Garrido, Antonio (10 de xullo de 2021). "La renovación de Pedro Beda completa la delantera del Arousa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  21. Mendoza, Santi (28 de maio de 2023). "¡Locura en Fisterra! Denis marca ocho goles y termina pichichi". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]